Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Hämeenpuisto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hämeenpuisto
TipoloxíaVía axardiñada
Localización
InicioNäsinpuisto
FinEteläpuisto
LocalidadeTampere
Coordenadas61°29′52.2″N 23°45′6.6″L / 61.497833, -23.751833

Hämeenpuisto é unha vía pública e parque de máis dun quilómetro de longo que cruza de norte a sur o bordo occidental do centro da cidade finlandesa de Tampere, dende Näsinpuisto ata Eteläpuisto. Esténdese polos barrios de Finlayson, Tammerkoski e Nalkala. Inicialmente o nome da rúa era Esplanadi, e paralelamente era coñecida como "Itäinen" e "Läntinen Puistokatu", ata o ano 1936, cando adoptou a súa denominación actual.

Ao longo da rúa encóntranse a Biblioteca Principal de Tampere "Metso", a Igrexa de Alexandre, o Teatro dos Traballadores de Tampere, a Casa dos Traballadores, o Museo Lenin e o Pikkupalatsi. No seu extremo norte encóntrase a fonte de Näsikallio.