Museo da Policía, Tampere
Museo da Policía Poliisimuseo (en finés) | |
---|---|
O Museo da Policía en 2012. | |
País | Finlandia |
Cidade | Tampere |
Administrador | Poliisiammattikorkeakoulu |
Inauguración | 2004 |
Visitantes | 30 000 anuais aproximadamente |
Na rede | |
http://www.poliisimuseo.fi/, https://poliisimuseo.fi/sv/framsida e https://poliisimuseo.fi/en/frontpage | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo da Policía (en finés Poliisimuseo) é un museo situado no barrio de Hervanta, na cidade de Tampere, Finlandia. Creado en 2004, dende 2008 conta coas súas propias instalacións, nas que recibe en torno a 30 000 visitantes anuais aproximadamente.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O museo naceu en 2004 en conexión coa Escola Nacional de Policía de Tampere e inicialmente a súa colección exhibiuse no Museokeskus Vapriikki un ano despois ao non contar coas súas propias instalacións, que foron construídas en 2008 e abertas ao público en setembro dese mesmo ano.[1]
En 2019 o Museo do Crime integrouse no Museo da Policía, se ben a maior parte da colección do Museo do Crime continúa nas instalacións da Policía Criminal Central en Vantaa, pero non accesibles ao público xeral.[1]
Colección
[editar | editar a fonte]A colección do museo inclúe en torno a 15 000 obxectos, 100 000 fotografías, 2 600 libros e 2 600 películas ou contidos multimedia. De entre todos estes fondos, a exposición permanente ten exhibidos 340.[1]
No museo poden verse uniformes, armas, vehículos, documentos...
Exhibición e actividades
[editar | editar a fonte]O museo conta cunha exposición principal permanente e tamén acolle outras exposicións temporais.[2]
Existe unha sección adicada ao público máis pequeno para que as nenas e nenos poidan xogar con diferentes xogos relacionados coa actividade policial. O museo conta tamén con xogos de resolución de casos, entre outros, e conta con proxeccións de filmes, principalmente en finés.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "The museum in brief" (en finés). poliisimuseo.fi. Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ "Visit our exhibitions" (en inglés). poliisimuseo.fi. Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ "Things to do and experience" (en inglés). poliisimuseo.fi. Consultado o 11 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do museo (en finés) (en inglés) (en sueco)