Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Helicicultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A helicicultura (do latín helix, "tipo de caracol" e cultivare, "cultivar"), é a cría racional en cativerio con fins comerciais de caracois terrestres.

Os caracois preséntase ao longo da historia da humanidade, e non só por ser parte da súa dieta, senón tamén como elementos importantes dentro das relixións, das artes, a medicina e as tradicións de diferentes culturas de tódalas épocas. A principios do século XX, debido á demanda de caracois o seu valor económico foi aumentando e apareceron algúns pioneiros que fixeron tentativas para a súa crianza, controlando todas as fases do ciclo do caracol, incluíndo a produción de crías.

Na actualidade xa se pode falar da crianza de caracois terrestres ou helicicultura de caracois como unha actividade zootécnica recoñecida internacionalmente, a pesar da variedade de sistemas de produción existentes. Aínda que existen varias especies de caracois terrestres, os da familia Helicidae son comestibles e poden ser criados en catividade. A maioría das granxas comerciais, tamén chamadas "helicicultivos", traballan coa especie Helix aspersa ou caracol de xardín común. Con todo, esta especie convértese tamén nunha praga agrícola que inflixe serios danos aos cultivos, tanto en Europa como noutras rexións do mundo, e cando é intencional ou accidentalmente liberada ao medio natural, pode ser unha especie invasora. Por esta razón, en moitos países a helicicultura está restrinxida ou ben condicionada á obtención previa de permisos ou licenzas, co fin de asegurar que a actividade agrícola non afecte o equilibrio ecolóxico dos ecosistemas.

O lugar destinado á crianza dos caracois é chamado o heliciario.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A reprodución en catividade dáse maiormente nos diversos países onde son consumidos, como Francia, Cataluña e Italia (comenzando na década dos anos setenta nas rexións do Piemonte, Véneto e a Lombardía). Moitas veces son criados en invernadoiros onde se plantan unha serie de vexetais ou hortalizas para os alimentar, ás veces complementadas con pensos na súa dieta para optimizar a produtividade, ou ben dáselles unha ración feita a partir dunha serie de produtos vexetais onde moitas veces se inclúe o farelo.

As sementes que se recomendan para unha alimentación suficiente e adecuada e tamén un engorde rápido son:

  1. Repolo ou repolo húngaro (Brassica oleracea var. viridis).
  2. Acelgas (Beta vulgaris var. cicla).
  3. Chicoria (Cichorium intybus).
  4. Trevo branco (Trifolium repens).
  5. Xirasol (Helianthus annuus).

Así mesmo, moitas veces reprodúcense nuns espazos espazos abertos feitos de rede. A rede está feita de dobreces de xeito que os caracois non poidan fuxir, nin pasar as barreiras feitas de cinza. Precisa dunha morea de calcio, xa que os chans calcarios son uns bos lugares da crianza e de colleita de caracois. Os principais problemas para obter caracois en locais pechados é a perda da calidade destespola consanguinidade, debido ao incremento continuo de enfermidades asociadas e á crecente infertilidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]