Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Hen Wlad Fy Nhadau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hen Wlad Fy Nhadau
En galego: A terra dos meus pais
Himno deGales Gales
LetraEvan James
1856
MúsicaJames James
1856
Mostra da música
noicon

Hen Wlad Fy Nhadau (pronunciado /Hen ulad ven hadai/, habitualmente traducido ao galego como A terra dos meus pais, mais literalmente significa O vello país dos meus pais). É, actualmente, o himno nacional do País de Gales. Foi escrito por Evan James e a melodía composta polo seu fillo, James James, ambos veciños de Pontypridd, Glamorgan, en xaneiro de 1856. O manuscrito máis antigo aínda é conservado e forma parte da colección da Biblioteca Nacional de Gales.

Mae hen wlad fy nhadau yn annwyl i mi,
Gwlad beirdd a chantorion, enwogion o fri;
Ei gwrol ryfelwyr, gwladgarwyr tra mâd,
Dros ryddid gollasant eu gwaed.

Gwlad, gwlad, pleidiol wyf i'm gwlad.
Tra môr yn fur i'r bur hoff bau,
O bydded i'r hen iaith barhau.

Hen Gymru fynyddig, paradwys y bardd,
Pob dyffryn, pob clogwyn, i'm golwg sydd hardd;
Trwy deimlad gwladgarol, mor swynol yw si
Ei nentydd, afonydd, i mi.

Os treisiodd y gelyn fy ngwlad tan ei droed,
Mae hen iaith y Cymry mor fyw ag erioed,
Ni luddiwyd yr awen gan erchyll law brad,
Na thelyn berseiniol fy ngwlad.

Tradución ao galego

[editar | editar a fonte]

A vella terra dos meus pais é moi importante para min,
terra onde os xograres son honrados e ceibes
Os seus belixerantes guerreiros, grandes patriotas,
Pola liberdade o seu sangue que deron

Terra!, Terra!, eu son da miña terra!
Polos mares hai un puro muro, a terra máis amada,
Onde a vella lingua perdura.

Vello montañoso Gales, paraíso do bardo,
Cada val, cada cantil, é o máis fermoso,
A través do sentimento patriótico, o encantador fungar
dos arroios, ríos cara min

Se o inimigo oprime a miña terra baixo o seu pé,
a vella lingua dos galeses seguira viva sempre.
A musa non se verá obstaculizada pola traizón ,
tampouco a a melodiosa arpa do meu país.