Mazurek Dąbrowskiego
Mazurek Dąbrowskiego | |
---|---|
En galego: A mazurca de Dąbrowski | |
Himno de | Polonia |
Letra | Józef Wybicki 1797 |
Música | Descoñecido |
Adoptado | 1926 |
Mostra da música | |
Mazurek Dąbrowskiego (AFI: [ma'zurɛk dɔmbrɔf'skʲɛgɔ], Mazurca de Dąbrowski) é o himno nacional de Polonia.
Historia
[editar | editar a fonte]Escrito en Reggio Emilia en 1797 por Józef Wybicki[1]. Foi chamado anteriormente de Pieśń Legionów Polskich we Włoszech ("A canción das lexións polacas en Italia").[2]
Orixinalmente estaba destinada a aumentar a moral dos soldados do xeneral Jan Henryk Dąbrowski que serviron co exército de Napoleón nas campañas italianas. A Mazurca expresaba a idea de que a nación polaca, a pesar de carecer dun Estado de seu, non desaparecera; converteuse nunha das cancións patrióticas máis populares en Polonia.[3]
Tivo que pasar máis dun século até que a Mazurca puidese ser cantada libremente en Galicia. Após o levantamento de Cracovia de 1846, Kornel Ujejski compuxo Coral, adoptada como himno non oficial.[4]
A música é unha mazurca sen atribuír e considerada "melodía popular". Cando Polonia volveu xurdir como estado independente en 1918, a "Mazurca de Dąbrowski" converteuse de facto no seu himno, oficialmente en 1926.
Variacións e outras versións
[editar | editar a fonte]- A principios do século XIX, cada unha das nacionalidades do Imperio Austríaco cantaba xunto ao himno imperial, e mesmo en vez del, o seu propio himno nacional. Os polacos de Galicia non eran partidarios de Mazurka Dąbrowski nin de Warszawianka, populares no estranxeiro. Segundo Davies Norman "Preferiron a triste Coral, cuxas palabras foron escritas en 1846 por Kornel Ujejski, conmocionado pola incursión galega conmocionado pola incursión en Galicia"[4]
- A Mazurka inspirou cancións similares de independentistas doutros pobos no século XIX, como o himno nacional ucraíno e a canción Hej, Sloveni que foi utilizada como himno nacional da Iugoslavia socialista durante a existencia dese estado.
- En 1982, durante o Mundial de Fútbol, no partido entre Italia e Polonia xogado en Vigo, interpretouse o himno galego Os Pinos coa música de Pascual Veiga. Na retransmisión oficial de RTVE comentaron que os polacos estaban "escoitando emocionados o seu himno", e despois foi atribuído a un erro; porén, o speaker do Celta de Vigo afirmou que o fixo de xeito deliberado, pois non estaba establecido un protocolo.[5]
- En 2021, un proxecto de lei di que se cambiarán as estrofas segunda e terceira do himno que fai referencia ás guerras polaco-suecas.
Letra
[editar | editar a fonte]Jeszcze Polska nie zginęła, | |
Kiedy my żyjemy. | |
Co nam obca przemoc wzięła, | |
Szablą odbierzemy. | |
Marsz, marsz, Dąbrowski, | |
Z ziemi włoskiej do Polski, | |
Za twoim przewodem | |
Złączym się z narodem. | |
Przejdziem Wisłę, przejdziem Wartę, | |
Będziem Polakami, | |
Dał nam przykład Bonaparte, | |
Jak zwyciężać mamy. | |
Marsz, marsz, Dąbrowski... | |
Jak Czarniecki do Poznania | |
Po szwedzkim zaborze, | |
Dla ojczyzny ratowania | |
Wrócim się przez morze. | |
Marsz, marsz, Dąbrowski... | |
Już tam ojciec do swej Basi | |
mówi zapłakany: | |
"Słuchaj jeno, pono nasi | |
Biją w tarabany." | |
Marsz, marsz, Dąbrowski... |
- Tradución
Polonia non desaparecerá,
namentres nós vivamos.
Aquilo que a prepotencia estranxeira nos tirou,
Coa espada habemolo reconquistar.
Marche, marche, Dabrowski,
de terra italiana cara a Polonia,
Baixo o seu liderado
unirémonos coa Nación.
Pasaremos o Vístula, pasaremos o Varta,
Seremos polacos,
Bonaparte aprendeunos
a sermos vencedores.
Marche, marche, Dabrowski...
Como Czarniecki en Poznań
trala invasión sueca,
a salvar o noso país
Volveremos polo mar.
Marche, marche, Dabrowski...
O pai dicíalle á súa Bárbara
con bágoas nos ollos:
"Escoita, disque son nosos
que baten nos tambores"
Marche, marche, Dabrowski...
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mazurek Dąbrowskiego |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ministerio de Cultura de Polonia Partituras do himno, para instrumentos por separado ou para varias configuracións de orquestra.
- ↑ "Dąbrowski Mazurka ; Polish national anthem". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ "Pieśń Legionów Polskich we Włoszech - analiza i interpretacja". klp.pl (en polaco). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ "Polish National Anthems: Dabrowski Mazurka". web.archive.org. 2013-02-26. Archived from the original on 26 de febreiro de 2013. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ 4,0 4,1 "Davies Norman - Zaginione królestwa.pdf [PDF]". epage.pub (en inglés). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Ereaga, Publicado por Txema. "Antón López : La voz de Balaídos .". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-04-09.