House of the Dragon
House of the Dragon | |
---|---|
Formato | Acción Aventuras Fantasía Drama |
Creado por | |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | |
Tema de apertura | "Main Title" de Ramin Djawadi[1] |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 18 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | |
Duración | 53–66 minutos |
Distribuidor | Warner Bros. Domestic Television Distribution |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | HBO |
Formato de imaxe | |
Primeiro episodio | 21 de agosto de 2022 |
Na rede | |
https://www.hbo.com/house-of-the-dragon | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
House of the Dragon é unha serie de televisión estadounidense creada por Ryan Condal e George R. R. Martin para HBO. É a precuela de Game of Thrones (2011–2019), e é a segunda serie da franquía. Ámbalas dúas series están baseada na saga da novelas A Song of Ice and Fire de Martin. Condal e Miguel Sapochnik son os showrunners. Está baseada en partes da novela Fire & Blood, e a historia está ambientada 200 anos antes dos eventos de Game of Thrones, e 172 anos antes do nacemento de Daenerys Targaryen. Conta o principio do fin da casa Targaryen, os acontecementos que levaron e cubriron a guerra de sucesión Targaryen, coñecida como a "Danza dos Dragóns".
House of the Dragon recibiu un pedido directo para a serie en outubro de 2019, a selección do elenco comezou en xullo de 2020 e a fotografía principal comezou en abril de 2021 no Reino Unido. A serie estreouse o 21 de agosto de 2022 e a primeira tempada consta de dez episodios. Cinco días despois da súa estrea, a serie foi renovada para unha segunda tempada. Sapochnik saíu como showrunner despois da primeira tempada, deixando a Condal como único showrunner para a próxima tempada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramin Djawadi to Score HBO's 'Game of Thrones' Prequel 'House of the Dragon'". Film Music Reporter. 2 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.