IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo | |
---|---|
Acto de apertura do curso escolar 2017/2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, coa presentación da conferencia de Roberto Rodríguez Rodríguez sobre Suso Peña. | |
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo é un centro público de ensino secundario da vila de Ribadeo. Constituíuse no ano 2012 a raíz da unificación do IES Porta da Auga e o IES Dionisio Gamallo Fierros[1], no curso 2018-2019 ten uns 500 alumnos. En febreiro de 2014, a raíz da proposta do Consello Escolar, pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
A súa constitución implicou unha serie de obras, engadindo un novo edificio ó antigo do IES Dionisio Gamallo Fierros, que provocaron unha demora no proceso. O seu primeiro director foi Alfonso Piñeiro Funcasta.
Dende os seus comezos ven realizando diversas actividades, como intercambios internacionais co Karl Von Frisch Gymnasium[2] ou a Feira da Ciencia de Ribadeo[3].
Dende o curso 2014/2015, a partir dunha indicación de Roberto Rodríguez, estableceuse a tradición de facer unha conferencia inaugural do curso[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto de creación do centro". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 08 de abril de 2014.
- ↑ "Intercambio". IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Arquivado dende o orixinal o 20/08/2017. Consultado o 18/09/2017.
- ↑ "Feira da Ciencia 2017". IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Consultado o 18/09/2017.
- ↑ Presentación da conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do IES
- Feira da Ciencia de RibadeoArquivado 15 de agosto de 2015 en Wayback Machine.