Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Suso Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSuso Peña
Biografía
Nacemento(es) Jesús Manuel Peña Rego Editar o valor en Wikidata
2 de xuño de 1941 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1026586 Tebeosfera: pena_rego_jesus_manuel

Jesús Manuel Peña Rego, nado en Ribadeo o 2 de xuño de 1941 e finado na mesma vila o 5 de febreiro de 2005, foi un artista galego, que deixou fonda pegada na súa localidade natal.

Foto do cartel da homenaxe dedicada en Ribadeo a Suso Peña, recollendo un autorretrato seu con 40 anos[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto Laboral de Ribadeo, acabado de crear, presentándose ó ingreso con 14 anos e obtendo sobresaínte. Previa petición, realizou outro exame con resultado de matrícula de honra que lle permitiu obter unha bolsa de 3000 pesetas para o curso 1954/55. Mantivo un magnífico expediente académico, con excepción de 'Formación del Espiritu Nacional', relixión e ximnasia.[1]

Está considerado como o primeiro galego que se adicou de xeito profesional á banda deseñada (opinión por exemplo, de Miguelanxo Prado) o seu principal quefacer artístico e polo que é cualificado ás veces como historietista, se ben tamén se adicou ó retrato e á fotografía. Tras facer o servizo militar como paracaidista e ver publicado na revista do rexemento o seu primeiro traballo,[1] participou no grupo La Floresta (así denominado por Luis Gasea debido á situación do centro de traballo) a finais dos 1960, a partir de 1967, xunto a outros autores como Carlos Giménez, Adolfo Usero, Esteban Maroto ou Luis Gasca. O nome do grupo provén do chalé onde se desenvolveu, en Barcelona.

Traballou para axencias con cómics de ciencia ficción, aventuras e outros, por un período de vinte e cinco anos nos que viu publicacións súas en América e Europa. Así, por exemplo, realizou, xunto con Carlos Giménez, varios episodios da serie Alex, Khan y Khamar para a axencia de José Ortega, con destino ao mercado europeo, e participou en revistas como Creepy nos eidos da ciencia ficción e as aventuras. Asemade, fixo traballos para Selecciones Ilustradas (axencia de Josep Toutain), para a editorial Fleetway en Gran Bretaña, e logo para as revistas de terror de Warren Publishing[2].

Nos oitenta deixou a banda deseñada para dedicarse á fotografía, docencia, pintura e logo tamén (anos 90) realización de páxinas web. Algunhas das súas obras de b.d. son Cinco por infinito, El hombre de Pinkerton e un libro divulgativo sobre a Constitución española.

Presentación da conferencia de Roberto Rodríguez Rodríguez sobre Suso Peña, como acto de apertura do curso escolar 2017/2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Ademais de debuxante, foi fotógrafo, sendo coñecido como 'fotógrafo da ría'.

Ademais das facetas profesionais, destacou como militante ecoloxista, antinuclear e antibelicista, ademais de ribadense que amaba a súa terra. Manifestacións prácticas do anterior son a súa defensa da ría fronte ós recheos, animación social fronte a daquela impulsada central nuclear en Xove, mantedor dos encontros mensuais contra a guerra de Iraq e en lembranza do asasinado José Couso Permuy, a súa participación na Plataforma da Defensa da ría de Ribadeo, impulsor da primeira asociación veciñal de Ribadeo etc. As anteriores son manifestacións que indican o seu posicionamento persoal e a actividade para manter de xeito efectivo o contorno natural, Ribadeo e as súas ideas fronte ó escurantismo e ás imposicións de poder fronte ás teses cidadáns.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

O día 4 de febreiro de 2006 inaugurouse unha rúa co seu nome no barrio de San Lázaro en Ribadeo. Os actos de homenaxe incluíron tamén, entre outros, unha placa no lugar onde de esparciron as súas cinzas, a illa Pancha[3].

Título de fillo predilecto de Ribadeo
Título de fillo predilecto de Ribadeo

No 2019 propónse como fillo predilecto de Ribadeo[4], sendo nomeado o 30 de marzo.[5]

  • Cinco, por Infinito (Delta 99, 1968); nas tres primeiras entregas, e co colectivo Grupo La Floresta, con guións de Esteban Maroto.
  • Safari en África (Gran Pulgarcito, 1970); con outros autores (guións de Sánchez Pascual)
  • Gringo (1970); con outros autores.
  • La Cobra de Rajasthan / Aventuras en la Selva (Trinca, 1971); co colectivo Grupo La Floresta (guións de Yáñez).
  • La saga de las víctimas (Dossier Negro, 1975).
  • Jeff Blake, el Hombre de Pinkerton (Kung Fu, 1977); con guións de Carlos Echevarría e F. Enríquez.
  • Control (no mensual 1984, 1982); sobre guións propios.
  • Wheeler (Avui, 1983).

Aventuras en la Selva (Euredit: Euroaventuras, 1969). 4 números.

Publicacións nas que participou

[editar | editar a fonte]

Avui; Bikini Cat; Cimoc (selo Riego); Comix Internacional; Ilustración; Creepy (época I); Delta (selo Delta); Delta 99; Din Dan, Dossier Negro, Gran Pulgarcito, Gringo, Kung Fu, 1984; Pulgarcito Extraordinario Verano 1971; Super Pulgarcito (época II); Terror Gráfico; Trinca e Vampus.

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • El buque pirata (Bruguera: Joyas Literarias Juveniles, núm. 136, 1975); sobre guión de José Antonio Vidal Sales.
  • La cadena de la vida. Fauna africana (Columna; 5 tomos, 1976); con Luis Roca e outros.
  • Solidaridad con El Papus (73 selos editores, 1977); colectiva.
  • El Senado de España (Publicaciones del Senado, 1985); sobre guión de Fernando Guijarro.

Fotografía

[editar | editar a fonte]

Suso Peña: La Mirada Mágica (Publilar, 2006, ISBN 978-84-611-1666-9), por Daniel Cortezón, Jaime Fernández e Manuel López. Confeccionado tras a súa morte coma homenaxe, recolle fotos, debuxos e banda deseñada.

  1. 1,0 1,1 1,2 Conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017)
  2. "Suso Peña Rego". lambiek.net (en inglés). Consultado o 2018-11-30. 
  3. "Cortezón, Suso Peña e as Covas do Rei Cintolo". Ribadeando. Consultado o 4/4/2017. 
  4. "Comisións informativas - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-08. 
  5. "Convocatoria do pleno de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo.". ribadeo.sedelectronica.gal. Consultado o 2019-03-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]