Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Internacionalismo (política)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Internacionalismo é un movemento político que avoga por unha maior cooperación política e económica entre as nacións para o beneficio mutuo.

Os partidarios deste movemento, como por exemplo os seguidores do Movemento Federalista Mundial, afirman que as nacións deben cooperar entre elas porque os seus intereses mutuos a longo prazo son máis valiosos que os seus intereses individuais a curto prazo. O internacionalismo oponse por natureza ó ultranacionalismo e ó chauvinismo nacionalista, así como ós movementos de globalización estritamente económicos que negan o valor da cultura e as diferenzas entre as nacións. O internacionalismo presupón o recoñecemento do resto das nacións como iguais a pesar de, e respectando, tódalas súas diferenzas. O termo internacionalismo úsase frecuentemente de forma errónea como sinónimo de cosmopolitismo, termo este que é usado á súa vez polos internacionalistas para describir o abuso desta cultura (véxase anacionalismo).

Tendencias do internacionalismo

[editar | editar a fonte]

O balance entre a esquerda e a dereita

[editar | editar a fonte]

O socialismo foi o primeiro movemento político que acuñou o termo internacionalismo, e certamente, os ideais internacionalistas se basean de forma prominente nos principios do movemento socialista. Durante o século XX o internacionalismo deixou de ser un asunto exclusivamente integrado no ámbito do socialismo, aínda que aínda na actualidade recibe a maior parte do seu apoio por parte da esquerda política. O mercado libre globalizado contemporáneo non se pode definir como internacionalismo, xa que este promove unicamente a integración económica, mentres ignora os aspectos políticos e sociais. Por outro lado, a globalización promove un sistema económico moi diferente do proposto polo internacionalismo (que avoga por un termo medio entre unha economía centralizada mixta e unha economía socialista, pero en calquera caso, moi afastada da economía de libre mercado capitalista). Desde a esquerda política se fala dunha «globalización da solidariedade», mentres os movementos modernos anti-globalización, internacionalistas por natureza, avanzan a noción «doutra globalización» (tal como sinala o seu lema «Outro mundo é posible»).

A soberanía das nacións contra o balance do poder supranacional

[editar | editar a fonte]

O internacionalismo, no sentido estrito da palabra, baséase aínda na existencia de nacións soberanas. Os seus obxectivos son:

  • Alentar o multilateralismo (que o liderado mundial non estea acaparado por ningún país)
  • Crear interdependencias formais e informais entre países, con algúns poderes limitados entregados a organizacións internacionais controladas por estes países pola vía de tratados intergobernamentais e institucións.

O ideal de moitos internacionalistas, que se consideran a si mesmos como «cidadáns do mundo», é dar un paso máis na globalización democrática coa creación dun goberno mundial. Porén, esta idea oponse e se ve frustrada por outras tendencias internacionalistas, xa que estes cren que calquera goberno de ámbito mundial sería demasiado poderoso como para confiar nel, ou porque disenten do camiño tomado por entidades supranacionais como as Nacións Unidas ou a Unión Europea e temen que un goberno mundial poida seguir os pasos destas institucións. Este tipo de internacionalistas se inclinan máis a apoiar unha «federación mundial», cunha maior distribución do poder nos gobernos nacionais.

Outros usos do termo

[editar | editar a fonte]

Nun sentido menos estrito, o internacionalismo é unha palabra que describe o ímpeto e a motivación pola creación de calquera forma de organización internacional. Os primeiros exemplos desta concepción ampla do internacionalismo se poderían considerar o cambio das unidades de medida feudais polo sistema métrico decimal, a creación da primeira Corte Internacional de Xustiza, a Sociedade de Nacións ou as Nacións Unidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]