Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Isabel Bowes-Lyon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Isabel Bowes-Lyon

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Elizabeth Bowes-Lyon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) The Honourable Elizabeth Angela Marguerite Bowes-Lyon Editar o valor en Wikidata
4 de agosto de 1900 Editar o valor en Wikidata
Hitchin, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Royal Lodge, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacapela memorial do rei Xurxo VI do Reino Unido (2002–) Editar o valor en Wikidata
Consorte do Reino Unido
11 de decembro de 1936 – 6 de febreiro de 1952 (morte do cónxuxe)
← Maria de Teck (pt) TraducirFilipe de Edimburgo →
Lord Warden of the Cinque Ports (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaClarence House (pt) Traducir (1953–2002)
Palacio de Buckingham (1936–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña nai (1952–2002), consorte (1936–1952), aristócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloRaíña nai (1952–2002)
Queen Consort of the United Kingdom (en) Traducir (1936–1952)
Lista de duquesas de Iorque (pt) Traducir (1923–1936)
Princesa británica (1923–1936)
Dama (1904–1923) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Windsor e Bowes-Lyon Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXurxo VI do Reino Unido (1923–1952), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosIsabel II do Reino Unido, Princess Margaret, Countess of Snowdon Editar o valor en Wikidata
PaisClaude Bowes-Lyon Editar o valor en Wikidata  e Cecilia Nina Cavendish-Bentinck Editar o valor en Wikidata
IrmánsViolet Bowes-Lyon
Mary Bowes-Lyon
Patrick Bowes-Lyon
John Herbert Bowes-Lyon
Alexander Bowes-Lyon
Fergus Bowes-Lyon
Rose Bowes-Lyon
Hon. Michael Claude Hamilton Bowes-Lyon
David Bowes-Lyon Editar o valor en Wikidata
ParentesSofía de Grecia, afillada Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Death and funeral of Queen Elizabeth, The Queen Mother (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
A historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.. 154) Editar o valor en Wikidata
Páxina webroyal.uk… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0703069 Allmovie: p890121 Metacritic: person/queen-elizabeth-the-queen-mother
Musicbrainz: 5a3baa65-13ae-4cb8-ab12-3a766c7b5923 WikiTree: Bowes-Lyon-5 Find a Grave: 6300546 Editar o valor en Wikidata

Isabel Bowes-Lyon, nada en Londres o 4 de agosto de 1900 e finada o 30 de marzo de 2002, foi unha nobre inglesa, esposa do rei Xurxo VI do Reino Unido e polo tanto raíña consorte do Reino Unido e os dominios británicos, desde 1936 ata a morte do seu marido en 1952. Tamén foi a última raíña consorte de Irlanda e a última emperatriz da India. Logo da morte de Xurxo VI e o ascenso ao trono da súa filla Isabel II comezou a ser coñecida como a Raíña nai, para evitar confundila coa súa filla.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Isabel naceu no seo dunha familia da nobreza escocesa composta por Claude Bowes-Lyon e Cecilia Cavendish-Bentinck. En 1923 Isabel casou co duque de York, segundo fillo do rei Xurxo V e a raíña María de Teck. Como duquesa de York, xunto ao seu marido e as súas fillas Isabel e Margarida, personificou a idea tradicional de familia e servizo público.[2] Asumiu diversos compromisos públicos e chegou a ser coñecida como a «duquesa sonriente» debido a súa constante expresión.[3]

No ano 1936, o seu marido converteuse inesperadamente en Rei, cando o seu irmán Eduardo VIII abdicou para poder casar con Wallis Simpson, unha divorciada estadounidense. Xa como raíña consorte, Isabel acompañou ao seu marido nas xiras diplomáticas por Francia e Estados Unidos no período previo á segunda guerra mundial. Durante o conflito, o seu espírito aparentemente indomable proporcionou apoio ao pobo británico. En recoñecemento ao seu papel como instrumento de propaganda, Adolf Hitler describiuna como «a muller máis perigosa de Europa».[4] Ao finalizar a guerra a saúde do seu marido deteriorouse e finou en 1952, quedando viúva á idade de 51 anos.

Á morte da súa sogra, co seu cuñado vivindo no estranxeiro e coa súa primoxénita convertida en raíña á idade de 25 anos, Isabel converteuse no membro máis antigo da Familia Real Británica e asumiu a posición matriarcal. Nos seus últimos anos foi un membro consistentemente popular la realeza, cando outros tiñan baixos niveis de aprobación.[5] Continuou cunha vida pública activa ata poucos meses antes da súa morte á idade de 101 anos, sete semanas despois da morte da menor das súas fillas, a princesa Margarida.[6]

Títulos e honras

[editar | editar a fonte]
Armas da Raíña Nai.
  • 4 de agosto de 1900 - 16 de febreiro de 1904: A Honorable Elizabeth Bowes-Lyon
  • 16 de febreiro de 1904 - 26 de abril de 1923: Lady Elizabeth Bowes-Lyon.
  • 26 de abril de 1923 - 11 de decembro de 1936: A Súa Alteza Real A Duquesa de York, Condesa de Inverness, Baronesa Killarney.
  • 11 de decembro de 1936 - 22 de outubro de 1948: A Súa Maxestade Imperial A Raíña, Emperatriz da India
  • 22 de outubro de 1948 - 6 de febreiro de 1952: A Súa Maxestade A Raíña
  • 6 de febreiro de 1952 - 30 de marzo de 2002: A Súa Maxestade A Raíña Isabel, a Raíña Nai.

Desde 1923 outorgáronlle diversas distincións, como a Real Orde Familiar, a Real Cruz Vermella en 1936, a Lexión de Honra en Francia en 1938, a Orde da Xarreteira, entre outras.[7] Tamén recibiu a Orde El Sol do Perú en 1960 e máis recentemente, a Orde de Nova Zelandia en 1990 e a do Canadá no 2000. Ao momento da súa morte contaba con máis de vinte honras, ordes, medallas e condecoracións de moitos países estranxeiros, como Romanía, Nepal, o Reino de Iugoslavia, entre outros.[8]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. Butler, Dona: «Biography: Elizabeth Bowes-Lyon, the indomitable Queen Mum Arquivado 20 de decembro de 2013 en Wayback Machine.» (en inglés) Visión.org. Consultado 4 de febreiro de 2011.
  2. Roberts, Andrew (2000). Antonia Fraser, ed. The House of Windsor. Londres: Cassell and Co. pp. 58-59. ISBN 0-304-35406-6. 
  3. British Screen News (1930). Our Smiling Duchess. Londres: British Screen Productions. 
  4. Langworth, Richard M. (primavera 2002). "HM Queen Elizabeth The Queen Mother 1900–2002". The Churchill Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2011. .
  5. Moore, Lucy (31 de marzo de 2002). "A wicked twinkle and a streak of steel" (en inglés). The Guardian. Consultado o 4 de febreiro de 2011. 
  6. Redacción (09 de febreiro de 2002) «Murió la princesa Margarita» BBC News. Consultado el 10 de febreiro de 2011.
  7. «Queen Elizabeth the Queen Mother < Honours» The official website of the British Monarchy. Consultado o 11 de febreiro de 2011.
  8. «The Order of Service at Her Majesty Queen Elizabeth, The Queen Mother's Funeral» (9 de abril de 2002) BBC News. Consultado o 11 de febreiro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
María de Teck
Raíña Consorte do Reino Unido

11 de decembro de 1936 - 6 de febreiro de 1952
Sucesor:
Filipe de Edimburgo