Ivy League
A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas")[1][2][3] é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica, selección nas admisións e elitismo social.[4][5][6][7][8] Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown, Universidade Columbia, Universidade Cornell, Dartmouth College, Universidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Universidade Princeton e Universidade Yale.
Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954.[9] Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial, polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana. As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary, son institucións públicas.
Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo.[10] Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras.[11] U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001.[12] Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report, tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).[13][14]
Membros
[editar | editar a fonte]Institución | Lugar | Alcume deportivo | Fundación | Afiliación na fundación |
---|---|---|---|---|
Universidade Brown | Providence, Rhode Island | Bears | 1764 como College in the English Colony of Rhode Island and Providence Plantations | Baptista, a carta de fundación promete "tests non relixiosos" e "total liberdade de conciencia"[15] |
Universidade Columbia | Nova York | Lions | 1754 como King's College | Igrexa de Inglaterra |
Universidade Cornell | Ithaca, Nova York | Big Red | 1865 | Non sectaria |
Dartmouth College | Hanover, Nova Hampshire | Big Green | 1769 | Calvinista (Congregacionalista) |
Universidade Harvard | Cambridge, Massachusetts | Crimson | 1636 como New College | Non sectaria, fundada por calvinistas congregacionalistas |
Universidade de Pensilvania | Filadelfia, Pensilvania | Quakers | 1740 como escola de caridade sen nome[16] | Non sectaria, fundada por membros da Igrexa de Inglaterra e metodistas[17] |
Universidade de Princeton | Princeton, Nova Jersey | Tigers | 1746 como College of New Jersey | Non sectaria,[18] fundada por calvinistas presbiterianos[18] |
Universidade Yale | New Haven, Connecticut | Bulldogs | 1701 como Collegiate School | Calvinista (Congregacionalista) |
Galería
[editar | editar a fonte]-
Robinson Hall (1878) en Brown
-
Low Memorial Library (1895) en Columbia
-
Tjaden Hall (1883) en Cornell
-
Baker-Berry Library (1928) en Dartmouth
-
Widener Library (1915) en Harvard
-
College Hall (1873) en Pensilvania
-
Alexander Hall (1894) en Princeton
-
Connecticut Hall (1752) en Yale
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Around the Ivies: Ancient Eight History". The Harvard Crimson.
- ↑ "The Beginning of the Ancient Eight". The Cornell Daily Sun.
- ↑ "Modernizing the Ancient Eight". Yale Daily News.
- ↑ "Princeton Campus Guide – Ivy League". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2010. Consultado o 26 de abril de 2007.
- ↑ "The Benefits of the Ivy League – Crimson Education US". www.crimsoneducation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ Vedder, Richard. "Does Attending Elite Colleges Make You Happy? Lessons From The Admissions Scandal". Forbes (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ Gladwell, Malcolm. "Getting In". The New Yorker (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ "Joint Ivy Statement on Admission Policies". Princeton University Admission (en inglés). 2 de setembro de 2016. Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ "Ivy League History and Timeline". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ "World's Best Colleges". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 3 de xullo de 2009.
- ↑ "National University Rankings". U.S. News & World Report. Consultado o 6 de decembro de 2019.
- ↑ "U.S. News & World Report Historical Liberal Arts College and University Rankings". Datasets. Andrew G. Reiter. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ Páxina web de Brown Arquivado 1 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ "Historia". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2020.
- ↑ "Brown Admission: Our History". Brown.edu. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
- ↑ 18,0 18,1 "University Chapel: Orange Key Virtual Tour of Princeton University". Princeton University.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ivy League |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |