Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Jacobo Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacobo Torres
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor en Wikidata (126/127 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo

Jacobo Torres Martínez, nado en 1898 en Vigo, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Torres formaba parte do equipo do Real Club Fortuna de Vigo no momento da súa fusión co Real Vigo Sporting Club, que deu lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do novo equipo.

O 16 de setembro de 1923 Jacobo Torres vestiu por primeira vez a camisola do Celta, no encontro amigábel entre dous equipos confeccionados con xogadores do Celta, que por entón tiña un equipo moi extenso, de ao redor de 60 xogadores. O equipo titular foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla.

Na primeira tempada na que o Celta competiu no Campionato de Galicia, a 1923/24, proclámase campión, sendo Torres un dos xogadores máis utilizados. Ao ano seguinte repiten éxito, pero sería o último xa que a finais de 1925 Jacobo emigra a Cuba.

En Cuba segue xogando a fútbol, defendendo a zamarra do Deportivo Centro Gallego da Habana.

Tamén foi un habitual nas convocatorias da Selección de fútbol de Galicia, participando entre outros na estrea internacional do combinado, ante a a Selección de Lisboa que finalizou con vitoria galega por 3-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]