Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Jaipur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJaipur
जयपुर (hi) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 26°55′N 75°52′L / 26.92, 75.87
PaísIndia
Estado da IndiaRajasthan
Division of Rajasthan (en) TraducirJaipur division (en) Traducir
Distrito da IndiaDistrito de Jaipur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Rajasthan (1727–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.073.350 (2011) Editar o valor en Wikidata (6.581,05 hab./km²)
Xeografía
Superficie467 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude431 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorMaharaja of Jaipur Jai Singh II (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1727 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAshok Parnami (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal302001 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico141 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Asia-Oceanía insular
Data2019 (43ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador1605

Páxina webjaipurmc.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461850

Jaipur (en hindi: जयपुर Escoitari/ˈpʊər/),[1][2][3] anteriormente Jeypore, é a capital e a cidade máis grande do Estado indio de Rajastán, no norte da India. En 2011, a cidade tiña unha poboación de 3,1  millóns, polo que é a décima cidade máis poboada do país. Jaipur tamén é coñecida como a Cidade Rosa xa que construíuse en estuco rosado para imitar a cor da arenita.[4] C. V. Raman chamouno a Illa da Gloria. Está situada a 268 km. da capital nacional Nova Deli. Jaipur fundouse en 1727 polo gobernante Kachhwaha Rajput Jai Singh II,[5][6] o gobernante de Amer, en honor de quen leva o nome da cidade. É unha das primeiras cidades planificadas da India moderna, deseñada por Vidyadhar Bhattacharya.[7] Durante o período colonial británico, a cidade serviu como capital do Estado de Jaipur. Despois da independencia en 1947, Jaipur converteuse na capital do recentemente formado estado de Rajasthan.

Jaipur é un popular destino turístico da India e forma parte do circuíto turístico oeste do Triángulo dourado que conecta a capital do estado con Jaipur e Agra (240 km)[8] Tamén serve como porta de entrada a outros destinos turísticos en Rajasthan como Jodhpur, Jaisalmer, Bikaner, Udaipur, Kota, Ajmer e Monte Abu.

O 6 de xullo de 2019, o Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO inscribiu Jaipur a "Cidade Rosa da India" entre os seus Patrimonio da Humanidade.[9][10] A cidade tamén alberga os sitios do Patrimonio Mundial da UNESCO Fote Amer e Jantar Mantar.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Jaipur deriva o seu nome do seu fundador, Sawai Jai Singh (1693-1744), un notable guerreiro e astrónomo consumado.[11][12] En sánscrito, as variacións da palabra "pur" ou "pura" úsanse habitualmente para referirse a unha cidade ou vila. Polo tanto, "Jaipur" significa esencialmente "A Cidade de Jai" ou "Cidade de Jai", rendendo homenaxe ao Maharaja Jai Singh II, quen estableceu a cidade.

Artigo principal: Historia de Jaipur.
Jai Singh II, o fundador de Jaipur

A cidade de Jaipur fundouna o rei de Ámbar, Maharaja Sawai Jai Singh II o 18 de novembro de 1727, que gobernou de 1699 a 1743. El planeaba cambiar a súa capital desde Amber, 11 km. ata Jaipur para acomodar a crecente poboación e a crecente escaseza de auga.[7] Jai Singh consultou varios libros sobre arquitectura e arquitectos mentres planeaba o trazado de Jaipur. Baixo a dirección arquitectónica de Vidyadhar Bhattacharya, Jaipur planeouse baseándose nos principios de Vastu Shastra e Shilpa Shastra. A construción da cidade comezou en 1726 e tardou catro anos en completar as principais estradas, oficinas e pazos. A arquitectura da cidade estivo moi influenciada polo renacemento arquitectónico do século XVII durante o dominio mogol no norte da India. De aí que moito se asemella a estilos arquitectónicos de todo o mundo musulmán. A cidade estaba dividida en nove bloques, dous dos cales contiñan os edificios e pazos estatais, sendo os sete restantes destinados ao público. Construíronse enormes murallas, atravesadas por sete portas fortificadas.[7]

Durante o goberno de Sawai Ram Singh II, a cidade pintouse de rosa para dar a benvida a Alberto Eduardo, Príncipe de Gales (que máis tarde se convertería no rei Eduardo VII, Emperador da India), en 1876.[13] Moitas das avenidas aínda permanecen pintadas de rosa, o que dá a Jaipur un aspecto distintivo e o epíteto de cidade rosa.[14]

No século XIX, a cidade creceu rapidamente e en 1900 tiña unha poboación de 160.000 habitantes. Os amplos bulevares estaban pavimentados e as súas principais industrias eran o traballo de metais e mármore, promovido por unha escola de arte fundada en 1868.[6] A cidade tiña tres colexios, incluíndo un colexio sánscrito (1865) e unha escola de nenas (1867) aberta durante o reinado do maharaxa Ram Singh II.[15][16]

Grandes áreas da cidade, incluíndo o aeroporto, inundáronse en agosto de 1981, o que provocou a morte de oito persoas e moitos danos no río Dravyavati.[17] As inundacións foron causadas por tres días de cicloxénes explosiva que produciu máis choiva que a media anual.[18]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Topografía

[editar | editar a fonte]

Jaipur está situado na parte nordés de Rajastán e cobre unha superficie total de 467 km². A cidade está rodeada por chairas aluviais fértiles ao leste e ao sur e cadeas de outeiros e áreas desérticas ao norte e ao oeste.[19][20] Jaipur desscende de norte a sur e despois cara ao sueste.[21] A cidade está rodeada polos outeiros de Nahargarh no norte e Jhalana no leste, que forma parte da Cordilleira Aravalli.[21]

O Río Dravyavati é a principal canle de drenaxe que en 2014 dexenerara nun nallah de sumidoiros e residuos sen tratar. Para solucionar este problema, a JDA concedeu un contrato para a rexeneración do río a un consorcio formado por Tata Projects e o Shanghai Urban Construction Group.[22] Un tramo de 13 km da beira do río Dravyavati de 47,5 km abriuse aos residentes en 2018[23] e o proxecto restante completouse en 2022.[24]

Jaipur ten un clima semiárido quente (Clasificación climática de Köppen BSh) influenciado polos monzóns, con veráns longos e extremadamente cálidos e invernos curtos de suaves a cálidos. As precipitacións anuais superan os 625 mm., descendendo principalmente en xullo e agosto debido ao monzón do suroeste, o que fai que as temperaturas medias destes dous meses sexan máis baixas en comparación con maio e xuño máis secos. Durante o monzón son frecuentes as fortes choivas e tormentas eléctricas, pero as inundacións non son frecuentes. A temperatura máis alta rexistrada xamais foi de 49,0 °C, o 23 de maio de 1994. A temperatura media da cidade segue por debaixo de 20 °C entre decembro e febreiro. Estes meses son suaves, secos e agradables, ás veces fríos. A temperatura máis baixa xamais rexistrada foi de -2,2 °C o 31 de xaneiro de 1905, o 1 de febreiro de 1905 e o 16 de xaneiro de 1964. Jaipur, como moitas outras cidades importantes do mundo, é unha importante zona de illa de calor urbana con temperaturas rurais circundantes que ocasionalmente caen por debaixo do punto de conxelación nos invernos.[25]

  1. "Jaipur City (or Jainagar)". The Imperial Gazetteer of India. 1909. pp. 399–402. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2010. Consultado o 23 de abril de 2010. 
  2. "Define Jaipur". Dictionary.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  3. "Definition of Jaipur". The Free Dictionary. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  4. mapsofindia.com (ed.). "Why Jaipur is called pink city". Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  5. Sen, Sailendra Nath (2007). Textbook of Indian History and Culture. New Delhi: MACMILLAN. p. 167. ISBN 978-1-4039-3200-6. 
  6. 6,0 6,1 Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Jaipur". Encyclopædia Britannica 15 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). pp. 128–129. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "About Jaipur". Government of Rajasthan. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  8. "The Complete Guide To: India's Golden Triangle". The Independent. 3 de febreiro dey 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  9. "Top 5 places to visit in Jaipur". Business Insider. 16 de xuño de 2023. Consultado o 10 de agosto de 2023. 
  10. "Seven cultural sites inscribed on UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 6 de xullo de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2023. 
  11. Sarkar, Jadunath (1984). A History of Jaipur: C. 1503-1938 (en inglés). Orient Blackswan. ISBN 978-81-250-0333-5. 
  12. Bhatt, Rajendra Shankar (2005). Sawai Jai Singh (en inglés). National Book Trust, India. pp. 101, 123, 155. ISBN 978-81-237-4418-6. 
  13. "History of Jaipur". Lonely Planet. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016. 
  14. "History in depth: Edward VII: The First Constitutional Monarch". BBC. 5 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2010. 
  15. "Jaipur City or Jainagar". The Imperial Gazetteer of India. 1909. pp. 399–402. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2010. Consultado o 23 de abril de 2010. 
  16. "Jaipur State". The Imperial Gazetteer of India. 1909. pp. 382–399. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  17. "Rejuvenation of Amanishah Nallah including Area Development" (PDF). Ministry of Environment, Forest and Climate Change. 5 de maio de 2016. p. 25. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  18. Jain, Sharad K.; Agarwal, Pushpendra K.; Singh, Vijay P. (2007). Hydrology and Water Resources of India (en inglés). Springer Science & Business Media. p. 883. ISBN 978-1-4020-5180-7. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  19. "Jaipur | History, Map, Population, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  20. Centre, UNESCO World Heritage. "Jaipur City, Rajasthan". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  21. 21,0 21,1 "Jaipur Nagar Nigam (Greater)". jaipurmc.org. Consultado o 16 de marzoo de 2023. 
  22. "State okays DPR, takes step forward to revive Dravyavati". The Times of India. 15 de outubro de 2015. ISSN 0971-8257. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  23. IANS (2 de outubro de 2018). "Raje opens much-awaited Dravyavati river project". Business Standard India. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  24. "Dravyavati river project: द्रव्यवती नदी परियोजना का जनता को मिलेगा लाभ | Public will get benefit of Dravyavati river project". Patrika News (en hindi). 29 de marzo de 2022. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  25. "World Weather Information Service". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.