John Maynard Keynes
John Maynard Keynes, primeiro barón Keynes, nado en Cambridge o 5 de xuño de 1883 e finado en Firle o 21 de abril de 1946, foi un economista e filósofo inglés cuxas ideas cambiaron radicalmente a teoría e a práctica da macroeconomía e as políticas económicas dos gobernos. De formación matemática, baseouse en traballos anteriores sobre as causas dos ciclos económicos e perfeccionounos.[1] Foi un dos economistas máis influentes do século XX,[2][3][4] os seus escritos son a base da escola do pensamento coñecida como economía keynesiana, e das súas diversas ramificacións.[5] As súas ideas, reformuladas como novo keynesianismo, son fundamentais para a macroeconomía dominante. Coñéceselle como o "pai da macroeconomía". [6][7][8][9][10]
Durante a Gran Depresión da década de 1930, Keynes encabezou unha revolución no pensamento económico, desafiando as ideas da economía neoclásica que sostiña que o mercado libre proporcionaría automaticamente pleno emprego a curto e medio prazo, sempre que os traballadores fosen flexibles nas súas demandas salariais. Argumentaba que a demanda agregada (gasto total na economía) determinaba o nivel xeral de actividade económica, e que unha demanda agregada inadecuada podía dar lugar a períodos prolongados de alto desemprego, e dado que os salarios e os custos laborais son ríxidos á baixa a economía non recuperará automaticamente o pleno emprego.[11] Keynes defendeu o uso de políticas fiscais e monetarias para mitigar os efectos adversos da recesión económica e a depresión. Detallou estas ideas na súa obra magna, The General Theory of Employment, Interest and Money (A teoría xeral do emprego, o interese e o diñeiro), publicada a principios de 1936. A finais da década de 1930, as principais economías occidentais empezaran a adoptar as recomendacións políticas de Keynes. Case todos os gobernos capitalistas o fixeran ao final das dúas décadas que seguiron á morte de Keynes en 1946. Como líder da delegación británica, Keynes participou no deseño das institucións económicas internacionais creadas tras o final da segunda guerra mundial, pero foi desautorizado pola delegación estadounidense en varios aspectos.
A influencia de Keynes empezou a decaer na década de 1970, en parte como consecuencia da estanflación que arrasou as economías anglo-americana durante esa década, e en parte polas críticas ás políticas keynesianas por parte de Milton Friedman e outros monetaristas,[12] que cuestionaba a capacidade do goberno para regular favorablemente o ciclo económico con política fiscal.[13] A chegada da crise financeira mundial de 2007-2008 desencadeou un rexurdimento do pensamento keynesiano. A economía keynesiana proporcionou o fundamento teórico das políticas económicas emprendidas en resposta á crise financeira de 2007-2008 polo presidente Barack Obama dos Estados Unidos, o primeiro ministro Gordon Brown do Reino Unido e outros xefes de goberno.[14]
Cando a revista Time incluíu a Keynes entre as 100 persoas máis importantes do século en 1999, informou de que "a súa idea radical de que os gobernos deberían gastar cartos que non teñen puido salvar ao capitalismo".[15] The Economist describiu a Keynes como "o economista británico máis famoso do século XX".[16] Ademais de economista, Keynes foi tamén funcionario, director do Banco de Inglaterra e formou parte do grupo de intelectuais de Bloomsbury.[17]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]John Maynard Keynes naceu en Cambridge, Inglaterra, en xuño de 1883, no seo dunha familia de clase media-alta.[18] O seu pai, John Neville Keynes, era economista e profesor de ciencias humanas na Universidade de Cambridge, coñecido como autor de The Scope and Method of Political Economy (1891), un dos mellores tratados de metodoloxía económica, e de Florencia Ada Brown, unha escritora exitosa e reformista social, pertencentes á burguesía vitoriana. A súa nai tamén fará política e seria elixida alcaldesa de Cambridge en 1932. Keynes foi o primoxénito, e seguirono dous fillos máis Margaret Neville Keynes en 1885 e Geoffrey Keynes en 1887. Geoffrey fíxose cirurxián e Margaret casou co fisiólogo Archibald Hill, gañador do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
Segundo o historiador económico e biógrafo Robert Skidelsky, os pais de Keynes eran cariñosos e atentos. Asistían a unha igrexa congregacional[19] e permaneceron na mesma casa durante toda a súa vida, á que os fillos sempre eran benvidos. Keynes recibiu un apoio considerable do seu pai, que incluíu o asesoramento de expertos para axudarlle a aprobar os seus exames para obter unha bolsa de estudos e axuda financeira tanto na súa mocidade como cando o seu patrimonio estivo a piques de desaparecer ao comezo da Gran Depresión en 1929. A nai de Keynes fixo seus os intereses dos seus fillos e, segundo Skidelsky, "como puido crecer cos seus fillos, estes nunca deixaron de estar na casa".[20]
Vida temperá e educación
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1889, á idade de cinco anos e medio, Keynes comezou no xardín de infancia da Escola Perse para Nenas durante cinco mañás á semana. Pronto demostrou o seu talento para a aritmética, pero a súa saúde era precaria, o que lle obrigou a ausentarse varias veces. Recibiu clases en casa dunha institutriz, Beatrice Mackintosh, e da súa nai. En xaneiro de 1892, con oito anos e medio, empezou a estudar na escola preparatoria St Faith's (Preparatory School) onde fai unha proba de talento en matemáticas.[21]. En 1894, Keynes era o primeiro da súa clase e destacaba en matemáticas. En 1896, o director de St Faith, Ralph Goodchild, escribiu que Keynes era "superior a todos os demais nenos da escola" e confiaba en que podería conseguir unha bolsa para Eton.[22]
Un ano máis tarde, ingresa no Eton College. Foi un alumno brillante e obtivo numerosos premios (dez o primeiro ano, dezaoito o segundo e once o terceiro). Móstrase particularmente dotado para as matemáticas onde obtén todos os primeiros premios. En 1903, Lytton Strachey e Leonard Woolf introdúceno na sociedade dos Cambridge Apostles; un club dedicado a "Perseguir a verdade sen reservas e con absoluta devoción por un grupo de amigos íntimos". Aquí atópase con Henry Sidgwick, Bertrand Russell, Lowes Dickinson e George Edward Moore, cuxo libro Principia Ethica exercerá sobre Keynes unha influencia fundamental.
En 1897, Keynes obtivo unha bolsa de estudos King's Scholarship para o Eton College, onde demostrou o seu talento nunha ampla gama de materias, especialmente matemáticas, clásicos e historia: en 1901, foi galardoado co Premio Tomline de matemáticas. En Eton, Keynes coñeceu ao primeiro "amor da súa vida" en Dan Macmillan, irmán maior do futuro primeiro ministro Harold Macmillan.[23] A pesar da súa orixe de clase media, Keynes mesturábase facilmente cos alumnos de clase alta.
En 1902, tras recibir unha bolsa de estudos, Keynes deixou Eton para irse o King's College, Cambridge para seguir estudando matemáticas, pero as súas inquedanzas acabarían dirixíndoo cara á titulación de económicas. Alfred Marshall rogou a Keynes que se fixese economista,[24] aínda que as propias inclinacións de Keynes atraíanlle cara á filosofía, especialmente o sistema ético de G. E. Moore. Keynes foi elixido membro do University Pitt Club[25] e foi membro activo da sociedade semisecreta Apóstolos de Cambridge, un club de debate reservado en gran medida aos estudantes máis brillantes. Como moitos outros membros, Keynes seguiu vinculado ao club despois de graduarse e continuou asistindo a reunións ocasionais durante toda a súa vida. Antes de abandonar Cambridge, Keynes foi presidente da Cambridge Union Society e do Cambridge University Liberal Club. Dicíase que era ateo.[26][27]
En maio de 1904 obtivo a licenciatura en matemáticas. Á parte de pasar uns meses de vacacións coa familia e os amigos, Keynes seguiu vinculado á universidade durante os dous anos seguintes. Participou en debates, seguiu estudando filosofía e asistiu informalmente a clases de economía como estudante graduado durante un trimestre, o que constituíu a súa única educación formal na materia. En 1906 presentouse ás oposicións. O economista Harry Johnson escribiu que o optimismo impartido pola vida temperá de Keynes é unha clave para entender o seu pensamento posterior.[28] Keynes sempre confiou en que podería atopar unha solución a calquera problema ao que dirixise a súa atención e conservou unha fe duradeira na capacidade dos funcionarios públicos para facer o ben.[29] O optimismo de Keynes era tamén cultural, en dous sentidos: pertencía á última xeración criada polo imperio aínda na cima do seu poder e pertencía tamén á última xeración que se sentía con dereito a gobernar pola cultura, máis que pola experiencia. Segundo Skidelsky, o sentido de unidade cultural vixente en Gran Bretaña desde o século XIX até o final da Primeira guerra mundial proporcionou un marco co que as persoas ben educadas podían pór en relación diversas esferas do coñecemento entre si e coa vida, o que lles permitía acceder con confianza a distintos campos á hora de abordar problemas prácticos.[20]
Carreira
[editar | editar a fonte]En outubro de 1906 Keynes comezou a súa carreira no servizo civil como funcionario na Oficina da India.[30] Ao principio gozou co seu traballo, pero en 1908 aburriuse e renunciou ao seu posto para regresar a Cambridge e traballar na teoría da probabilidade, a través dunha cátedra de economía financiada ao principio persoalmente polos economistas Alfred Marshall e Arthur Pigou; en 1909 converteuse en membro do King's College.[31] Dende ela comezaría a construír a súa reputación como economista.
En 1909, Keynes tamén publicara o seu primeiro artigo profesional de economía en The Economic Journal, sobre o efecto dunha recente recesión económica mundial na India.[32] Fundou o Political Economy Club, un grupo de debate semanal. Os ingresos de Keynes aumentaron máis cando comezou a contratar alumnos para clases particulares.
En 1911 Keynes foi nomeado director de The Economic Journal. En 1913 xa publicara o seu primeiro libro, Indian Currency and Finance.[33] A continuación, foi nomeado membro da Comisión Real sobre Moeda e Finanzas Indias[34] onde Keynes demostrou un talento considerable para aplicar a teoría económica a problemas prácticos. A súa obra escrita publicouse co nome de «J M Keynes», aínda que a súa familia e amigos coñeciano como Maynard. (Ao seu pai, John Neville Keynes, tamén se lle coñeceu sempre polo seu segundo nome).[35]
Primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]Tralo remate da Primeira guerra mundial sería o representante do Tesouro Británico na Conferencia de Versalles de 1919, na cal se aprobarían cuantiosas indemnizacións que tería que pagar o bando perdedor, especialmente Alemaña. Keynes oporíase frontalmente a estas indemnizacións nas súas obras "As Consecuencias Económicas da Paz" e "Unha Revisión do Tratado". Son obras que teñen un gran valor, xa que as súas previsións sobre a espiral inflacionista e o incremento dos problemas sociais en Alemaña cumpríronse ó pé da letra, levando a este país a unha crise que desembocaría na chegada ó poder de Adolf Hitler en 1933.
Nos anos 20 publicou obras como o Tratado sobre a Probabilidade ou o Tratado sobre o diñeiro, pero sería xa nos anos trinta (1936), en plena Gran Depresión, cando desafíe o paradigma económico existente ata entón coa publicación da súa obra fundamental: a The General Theory of Employment, Interest and Money (en galego Teoría xeral da ocupación, o xuro e o diñeiro).
Nesta obra, e tomando como base a demanda agregada, Keynes tenta explicar as variacións do nivel medio de actividade económica desta convulsa época. Partindo de que a renda dun país vai vir dada polo consumo e o investimento, Keynes defende que a única saída a unha recesión, na cal os factores produtivos están infrautilizados (desemprego, exceso de capacidade produtiva) debe ser incrementar primeiro os niveis de consumo e de investimento. E é por iso polo que afirma que o estado debería intervir mediante gasto público como un impulsor da recuperación económica. Moitos estados, baseándose nas teorías keynesianas, comezan a elaborar ambiciosos programas de obras públicas, e os orzamentos públicos experimentan nesta época importantes incrementos.
Cabe destacar de xeito moi especial a enorme influencia que tivo a obra de Keynes no New Deal, conxunto de políticas levadas a cabo polo presidente dos Estados Unidos Franklin Roosevelt que se cre que foron fundamentais para saír da Gran Depresión (aínda que hai opinións encontradas sobre isto).
Publicou Como pagar a guerra en 1940, tralo comezo da Segunda guerra mundial, obra na que se amosaba favorable a unha suba dos impostos e contrario a un incremento do déficit.
Tralo conflito, participou de xeito activo na Conferencia Breton-Woods de 1944, presentando o denominado Plano Keynes, que propuña a creación dun sistema monetario internacional regulamentado por un organismo que coordinase a actividade dos bancos centrais, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os Estados Unidos, unha perda da súa influencia co dólar. A meirande parte das restantes propostas, porén dun ou doutro xeito, remataron por concretarse, aínda que nalgúns casos atenuadas polas propostas menos radicais de Harry Dexter White.[37]
Keynes, que tiña problemas cardíacos, finou tras sufrir un infarto. Catro anos antes recibira o título nobiliario de Barón da localidade de Firle, onde faleceu.
Influencia e crítica
[editar | editar a fonte]A súa influencia é tal que é considerado o economista máis importante do século XX, e o keynesianismo é unha parte esencial no estudo da macroeconomía. O seu principal crítico foi outro importante economista, Milton Friedman, que afirmaba que as súas teorías víronse superadas polos problemas económicos dos anos setenta, nos que a combinación de inflación e o desemprego (estanflación) puxo en cuestión moitas das afirmacións de Keynes.
Podemos atopar críticas as súas teorías sobre a automatización e redución da xornada laboral en libros como Bullshit Jobs.
Obras
[editar | editar a fonte]As principais obras de Keynes son:
- 1920: A Treatise on Probability
- 1923: A Tract on Monetary Reform
- 1926: The End of Laissez-Faire
- 1930: A Treatise on Money
- 1936: The General Theory of Employment, Interest and Money
- 1940: How to Pay for the War: A radical plan for the Chancellor of the Exchequer
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yergin & Stanislaw 2002, pp. 39–42.
- ↑ Sloman, John (22 de outubro de 2008). "How to kick-start a faltering economy the Keynes way". BBC. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2009. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Cohn, Steven Mark (2015). Reintroducing Macroeconomics: A Critical Approach. Taylor & Francis. p. 111. ISBN 978-1-317-46120-3. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2017. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Davis, William L.; Figgins, Bob; Hedengren, David; Klein, Daniel B. (maio de 2011). "Economic Professors' Favorite Economic Thinkers, Journals, and Blogs" (PDF). Econ Journal Watch 8 (2). pp. 126–46. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Skidelsky, Robert (26 de outubro de 2010). Keynes: The Return of the Master. Cambridge: Public affairs. ISBN 978-1-58648-897-0.
- ↑ Wolf, Martin (23 de decembro de 2008). "Keynes offers us the best way to think about the financial crisis". Financial Times. (Columnist opinion)
- ↑ Daniel Yergin and Joseph Stanislaw. "book extract from The Commanding Heights" (PDF). Public Broadcasting Service. Consultado o 13 de novembro de 2008.
- ↑ "How to kick-start a faltering economy the Keynes way". BBC. 22 de outubro de 2008. Consultado o 13 de novembro de 2008.
- ↑ Cohn, Steven Mark (2006). Reintroducing Macroeconomics: A Critical Approach. M.E. Sharpe. p. 111. ISBN 0-7656-1450-2.
- ↑ Davis, William L, Bob Figgins, David Hedengren, and Daniel B. Klein. "Economic Professors' Favorite Economic Thinkers, Journals, and Blogs," Econ Journal Watch 8(2): 126–146, maio de 2011.[1]
- ↑ "The General Theory of Employment, Interest, and Money" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de novembro de 2019. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Krugman, Paul (1995). Peddling Prosperity: Economic Sense and Nonsense in the Age of Diminished Expectations. W.W. Norton. p. 43. ISBN 978-0-393-31292-8.
In 1968 in one of the decisive intellectual achievements of postwar economics, Friedman not only showed why the apparent tradeoff embodied in the idea of the Phillips curve was wrong; he also predicted the emergence of combined inflation and high unemployment ... dubbed 'stagflation.
- ↑ "To Set the Economy Right". Time. 27 de agosto de 1979. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2009. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Chris Giles; Ralph Atkins; Krishna Guha. "The undeniable shift to Keynes". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Reich, Robert (29 de marzo de 1999). "The Time 100: John Maynard Keynes". Time. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ "The IMF in Britain: Toothless truth tellers". The Economist. 11 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ "Maynard Keynes". The Bloomsbury Group. 22 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ John Maynard Keynes naceu o mesmo ano que Joseph Schumpeter nunha contorna burguesa victoriana caracterizada polo sentido das cousas, o gusto pola beleza, a intelectualidade e a elevación moral AcGrenoble Arquivado 11 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Essays on John Maynard Keynes. Cambridge University Press. 1975. ISBN 9780521296960.
- ↑ 20,0 20,1 Skidelsky, Robert (2003). John Maynard Keynes: 1883–1946: Economist, Philosopher, Statesman. Pan MacMillan. pp. 14, 43–46, 456, 263, 834. ISBN 0-330-48867-8.
- ↑ Mooridge Maynard Keynes. An Economist's Biography, páx. 25-29
- ↑ Fontes:
- Hession, Charles Henry (1984). John Maynard Keynes: A Personal Biography of the Man Who Revolutionized Capitalism. MacMillan Ltd. pp. 12–. ISBN 0025513109. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- Dostaler, Gilles (2007). Keynes and His Battles. Edward Elgar Publishing. pp. 262–. ISBN 978-1-78100-837-9. Arquivado dende o orixinal o 15 March 2015. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- O'Connor, J.J.; Robertson, E.F. (October 2003). "John Maynard Keynes". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland: MacTutor History of Mathematics. Arquivado dende o orixinal o 25 October 2019. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- "John Maynard Keynes – Timeline". Arquivado dende o orixinal o 2 July 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- Gümüş, Erdal (2003). "J. M. Keynes; Liberalism and Keynes; Keynes's Personal Life; Keynes's School Years". Dumlupinar University Journal of Social Sciences 5 (9) (Eskisehir Osmangazi University). pp. 81–100. MPRA Paper No. 42373. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 21 de febreiro do 2024. (citas Skidelsky)
- 130 years of Perse Girls – Stephen Perse Foundation. 2011. p. 8. Arquivado dende o orixinal o 22 August 2015. Consultado o 21 de febreiro do 2024. inclúe unha fotografía na que Keynes aparece de neno no xardín de infancia Perse School.
- ↑ Thorpe, D.R. (2010). Supermac: The Life of Harold Macmillan. Chatto & Windus. p. 27.
- ↑ McGee, Matt (2005). Economics – In terms of The Good, The Bad and The Economist. S.l.: IBID Press. p. 354. ISBN 1-876659-10-6. OCLC 163584293.
- ↑ Moggridge, Donald Edward (1992). Maynard Keynes: An Economist's Biography. Oxford: Routledge. pp. 52–81. ISBN 9781134798667.
- ↑ Keynes, Milo (29 de novembro de 1979). Essays on John Maynard Keynes (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-29696-0. Arquivado dende o orixinal o 17 April 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ Cave, Peter (1 March 2009). Humanism: A Beginner's Guide (en inglés). Oneworld Publications. ISBN 978-1-78074-029-4. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2021. Consultado o 21 de febreiro do 2024.
- ↑ David Gowland. "Biography of Baron John Maynard Keynes". LiberalHistory.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 14 de marzo do 2024.
- ↑ Aschheim, J.; Tavlas, G. S.; Heinsohn, G.; Steiger, O. (1994). "The Monetary Thought-Ideology Nexus: Simons verses Keynes; Marx and Keynes – Private Property and Money". En Wood, John Cunningham. John Maynard Keynes: Critical Assessments. Second. pp. 101–120, 135. ISBN 978-0-415-11415-8. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2021. Consultado o 14 de marzo do 2024.
- ↑ "No. 11879". The London Gazette: 1124. 6 de novembro de 1906.
- ↑ Skidelsky, Robert (1983). John Maynard Keynes vol 1: Hopes Betrayed. Macmillan. p. 205. ISBN 0-333-11599-6.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeMinksky
- ↑ Ver Keynes, John Maynard (1913). Indian Currency and Finance. Londres: Macmillan & Co.
- ↑ "No. 28711". The London Gazette: 2809. 18 April 1913.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeclarke
- ↑ Velupillai, K. Vela (xaneiro 2016). "Universal Man: A Review Article" (PDF). Algorithmic Social Sciences Research Unit: Discussion Paper Series: 1–10.
- ↑ Martín Millán, L. "“Bancor”: La Moneda Global del Fondo Monetario Internacional Arquivado 04 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En Geopolitico.es. 30 de agosto de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: John Maynard Keynes |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Maynard Keynes |