Mercado libre
O mercado libre é o sistema no que o prezo dos bens ou servizos é acordado polo consentimento mutuo dos vendedores e dos compradores mediante as leis da oferta e a demanda. O concepto oponse ao de mercado regulado, onde o goberno controla as fontes de subministracións, os prezos ou a produción. Se en lugar do goberno son unha ou varias empresas as que controlan algunha deste tres cosas falarase de monopolio ou oligopolio, respectivamente.
Aínda que na situación de libre mercado o goberno non fixa ou regula os prezos, a implantación efectiva do libre mercado require que entre os participantes da transacción comercial non haxa coerción, nin fraude, de modo que todas as transaccións sexan moralmente voluntarias e tamén que exista información perfecta e outras condicións que garantan a competencia perfecta.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Move Over, Adam Smith: The Visible Hand of Uncle Sam 2004. Informe que conclúe que o goberno dos Estados Unidos intervén na bolsa norteamericana
- "Fair versus Free" por Milton Friedman (en inglés).