Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Jordi Hereu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaExcelentísimo Señor Editar o valor en Wikidata
Jordi Hereu

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Industria de España
21 de novembro de 2023 –
← Héctor Gómez Hernández (pt) Traducir
Nomeado por: Pedro Sánchez
Presidente Hispasat
2020 – 2023
Board member (en) Traducir Cercle d'Economia (pt) Traducir
24 de xullo de 2019 –
Deputado provincial de Barcelona
15 de xullo de 2011 – 30 de marzo de 2012 – Francesc Serrano Villarroya (en) Traducir →
116º Alcalde de Barcelona
8 de setembro de 2006 – 1 de xullo de 2011
← Joan ClosXavier Trias →
Concelleiro de Barcelona
13 de xuño de 1999 – 13 de febreiro de 2012
Datos persoais
EducaciónEsade
ESADE Business School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2391256 Twitter: Hereu_Hispasat BNE: XX4614789 Editar o valor en Wikidata

Jordi Hereu i Boher, nado en Barcelona o 14 de xuño de 1965, é un político catalán, alcalde de Barcelona dende 2006 até 2011, e militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende 1987.

En outubro de 2020 anunciouse que sería o novo presidente de Hispasat, a proposta da SEPI.[1]

Dende 2023 é o ministro de Industria e Turismo do goberno de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia no casco antigo do barrio de Sant Gervasi, a onde a súa familia se trasladou por obrigacións do negocio familiar (o seu pai era empresario do sector lácteo), logo de residir en Ciutat Vella e no Eixample. A súa familia, non obstante, é orixinal da comarca catalá do Pallars Jussà.

Cando era pequeno e mozo, Hereu foi escolta e cursou os seus estudos primarios e o bacharelato na Escola Sant Gregori, un centro escolar en Sarrià-Sant Gervasi que destacaba polo seu talante democrático. Posteriormente licenciouse en Administración e Dirección de Empresas e obtivo un MBA en ESADE. Foi membro das asociacións de estudantes AIESEC e Empresa Joventut entre 1986 e 1988.

Hereu está casado e ten dous fillos. Entre as súas afeccións destaca a lectura, o cinema e a música.

Alcalde de Barcelona

[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 2006 anunciouse a súa designación como candidato do seu partido a suceder a Joan Clos á fronte da alcaldía da cidade, cuxo substitución tivo lugar o 8 de setembro de 2006, debido á designación de Clos como responsable do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Nos comicios electorais do 27 de maio de 2007, a lista encabezada por Jordi Hereu foi a máis votada, conseguindo 14 concelleiros. Co apoio de Iniciativa per Catalunya, Hereu foi novamente investido Alcalde o 16 de xuño de 2007.

O 22 de maio de 2011 perdeu as eleccións contra Xavier Trias de CiU, que foi investido alcalde o 1 de xullo.

Ministro de Industria e Turismo

[editar | editar a fonte]

En novembro de 2023, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, propuxo a Hereu como novo ministro de Industria e Turismo.[2] Após ser nomeado polo rei Filipe VI, tomou posesión do cargo o 21 de novembro de 2023 no palacio da Zarzuela.[3]

  1. Moreno, Álvaro (2020-10-09). "El consejo de Hispasat aprueba el nombramiento de Jordi Hereu como presidente". Elconfidencial.com (en castelán). 
  2. "Jordi Hereu, ministro de Industria". Expansión (en castelán). 2023-11-20. 
  3. Caballero, Álvaro (2023-11-21). "El Gobierno echa a andar con la toma de posesión de los ministros". RTVE.es (en castelán). 


Predecesor:
Joan Clos
 
Alcalde de Barcelona
 
2006-2011
Sucesor:
Xavier Trias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]