Eixample de Barcelona
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 269.349 (2021) (36.023,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7,477 km² | ||||
Páxina web | ajuntament.barcelona.cat… |
L'Eixample (O Ensanche en galego) é o nome que recibe o distrito segundo da cidade de Barcelona, que ocupa a parte central da cidade, nunha ampla zona de 7,46 km² que foi deseñada por Ildefons Cerdà.
Características
[editar | editar a fonte]É o distrito máis poboado de Barcelona e de toda España en termos absolutos (262.485 habitantes) e o segundo en termos relativos (35.586 hab/km²).
No Eixample atópanse numerosos puntos de interese turístico e cidadán como a Sagrada Família, a Casa Milà, a Casa Batlló, o Teatro Nacional de Cataluña, L'Auditori, a praza de touros La Monumental, a Casa de les Punxes, así como numerosos cines, teatros, restaurantes, hoteis e outros lugares de lecer.
Barrios
[editar | editar a fonte]- Dreta de l'Eixample
- L'Antiga Esquerra de l'Eixample
- La Nova Esquerra de l'Eixample
- Fort Pienc
- Sagrada Familia
- Sant Antoni
Xeometría do Eixample
[editar | editar a fonte]A grande extensión de terreo que corresponde ao Eixample de Ildefons Cerdà, desde Montjuïc ata o río Besòs e desde os límites da cidade medieval ata as antigas poboacións veciñas, está concibida como unha cuadrícula regular formada polos eixos lonxitudinais das súas rúas, separados entre si por unha distancia de 133,3 m, a regularidade desta cuadrícula é imperturbable ao longo de todo o trazado urbano e está xustificada en termos de igualdade, non tan só entre clases sociais, senón na comodidade do tránsito de persoas e vehículos, xa que deste xeito, tanto se se circula por unha vía coma se se fai polas súas transversais, os cruces entre elas atópanse a igual distancia, e ao non existir unhas vías máis cómodas que outras o valor das vivendas tenderá a igualarse.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |