La Vila Olímpica del Poblenou
Epónimo | Vila Olímpica (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Sant Martí | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9.395 (2021) (9.962,88 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 94,3 ha | |||
Ben integrante do patrimonio cultural catalán | ||||
Id. IPAC | 46124 | |||
La Vila Olímpica del Poblenou é un dos barrios que conforman o distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona.
O barrio desenvolveuse a raíz da intervención urbanística polos Xogos Olímpicos de 1992. Nunha vella zona industrial do Poblenou, chamada Icària en recordo dos antigos socialistas utópicos, construíuse a Vila Olímpica como residencia dos deportistas participantes nos Xogos Olímpicos.
O deseño do conxunto, e a súa posterior transformación en barrio residencial, fíxose da man dun equipo de arquitectos composto principalmente por Oriol Bohigas, Josep Martorell, David Mackay e Albert Puigdomènech. A operación urbanística supoñía, á vez, a recuperación desta fronte litoral pola cidade e a creación de espazos de lecer como o Porto Olímpico, os parques do Port e da Nova Icària e a praia deste mesmo nome.
O proxecto inicial contemplaba a construción de catro rañaceos, en lugar dos dous actuais, como unha clara referencia ás Catro Columnas xónicas de Josep Puig i Cadafalch na montaña de Montjuïc derrocadas durante a ditadura de Primo de Rivera e repostas en 2010.[1] O MOPU, o antigo Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, considerou que, de acordo coa lei de costas recentemente aprobada, non era posible a construción de catro torres e estimou que dous era o máximo de rañaceos que se poderían edificar.[1] Os sectores máis nacionalistas considerárono como unha clara provocación xa que coas catro torres crearíase unha estelada xigante.[1][2]
A Torre Mapfre está situada neste barrio, mentres que o adxacente Hotel Arts e a escultura Peix de Frank O. Gehry atópanse ao extremo do barrio de La Barceloneta. No barrio da Víla Olímpica tamén se atopa a prisión de Wad-Ras, o Porto Olímpico, o Parque da Nova Icària e un campus da Universidade Pompeu Fabra, situada nas renovadas instalacións duns antigos cuarteis militares. A biblioteca da Universidade ocupa o singular edificio do Depósito das Augas, que antigamente alimentaba a fonte do veciño Parque da Ciutadella.
Trátase dun barrio moi popular entre visitantes estranxeiros, pola súa proximidade ás praias de Barcelona e a zona de lecer nocturno do Porto Olímpico, así como por uns cines que proxectan versións orixinais con subtítulos no centro comercial do barrio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 directe.cat, 7 de setembro de 2009, Les quatre torres Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ La ciudad de los arquitectos, Barcelona, Anagrama, 1994, de Llàtzer Moix
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Vila Olímpica del Poblenou |