Fort Pienc
Epónimo | Fort Pius (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Distritos (pt) | Eixample de Barcelona | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.445 (2021) (36.001,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 92,9 ha | ||||
Fort Pienc é un barrio da cidade de Barcelona do distrito do Eixample. Abarca a área delimitada por un perímetro que discorre pola avinguda Diagonal (desde a rúa de Nàpols ata a Plaça de les Glòries), avinguda Meridiana, rúa dos Almogàvers, rúa de Roger de Flor (só unha illa), avenida de Vilanova (só unha illa), Passeig de Sant Joan, Gran Via e rúa Nàpols ata a Diagonal. O barrio conta con 29.098 habitantes (segundo o censo do ano 2002) e ten o índice de poboación nova máis elevado do Eixample.
O barrio está situado ao redor de onde había o antigo forte militar denominado Fort Pius situado preto de onde agora hai o instituto IES Fort Pius, e que foi construído polo primeiro rei borbón, Filipe V, dentro do plan de instalacións militares que mandou levantar co obxectivo de manter sometida a cidade que se rebelou na guerra de 1714. Estas edificacións fortificadas incluían a Ciutadella e un forte adiantado (Fort Pius ou Fort Pienc), situado ao redor do lugar onde hoxe se levanta a antiga estación do Norte.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |