Barrio de Sagrada Família
Epónimo | templo expiatorio da Sagrada Familia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Distritos (pt) | Eixample de Barcelona | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.164 (2021) (49.632,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 105,1 ha | ||||
Sagrada Família é un barrio do distrito do Eixample da cidade de Barcelona, ao redor do templo que lle dá nome, a Sagrada Família. O barrio está delimitado polo paseo de Sant Joan, a Gran Via de les Corts Catalanes e as rúas Dos de Maig e de Sant Antoni María Claret. Limita cos barrios de Dreta de l'Eixample e Fort Pienc, e os distritos de Gràcia, Horta-Guinardó, e Sant Martí.
É un barrio de tipo residencial, comercial e de negocios pero ata a segunda metade do século XX houbo unha importante presenza industrial, un exemplo é a antiga Fábrica Damm. O antigo mercado da Sagrada Familia foi antes de 1936 a fábrica de General Motors en Barcelona. E onde agora está o polideportivo municipal, estaba a fábrica téxtil SAFA, onde a nave principal dispuña dun teito de dobre bóveda catalá, lamentablemente perdido na súa derriba.
Os eixos comerciais máis importantes sitúanse na contorna do templo, coas prazas da Sagrada Família e a de Gaudí, na avenida Gaudí, e o mercado da Sagrada Família entre as rúas Provença, Padilla e Mallorca. En xullo de 2007 inaugurouse a Biblioteca Pública Sagrada Família da Deputación de Barcelona nun novo edificio anexo ao mercado da Sagrada Família.
Antes da guerra civil española, a zona central do barrio (Marina / València) era chamada coma "Poblet", dada a concentración de vivendas e casas, no medio dunha zona máis ben agrícola.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |