Lana Del Rey
Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs.
En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
En xuño de 2011, editou a canción "Video Games" no Internet, acompañada por un vídeo musical feito por ela mesma, que se fixo moi popular nos meses seguintes. A canción foi editada máis tarde coma sinxelo no mes de outubro, liderando o álbum de estrea nunha gran compañía del Del Rey, Born to Die, editado o 31 de xaneiro de 2012 a través de Interscope Records. Born to Die debutou no número un en sete países, incluíndo o Reino Unido[1] e Australia. O álbum deu dous sinxelos que chegaron ó top 10 en todo o mundo: "Video Games" e "Born to Die".
A música de Del Rey ten referencias a varios aspectos da cultura de pop, en particular dos anos 50 e 60. Entre as súas influencias musicais, Del Rey cita a Britney Spears, Eminem, Nirvana, Elvis Presley e Antony and the Johnsons entre outros.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Lana Del Rey | 2010 | 5 Points |
Born To Die | 2012 | Stranger, Interscope, Polydor |
Ultraviolence | 2014 | Interscope, Polydor |
Honeymoon | 2015 | Interscope, Polydor |
Lust for Life | 2017 | Interscope, Polydor |
Norman Fucking Rockwell! | 2019 | Interscope, Polydor |
Violet Bent Backwards Over the Grass | 2020 | Interscope, Polydor |
Chemtrails over the Country Club | 2021 | Interscope, Polydor |
Blue Banisters | 2021 | Interscope, Polydor |
Did You Know That There's a Tunnel Under Ocean Blvd | 2023 | Interscope, Polydor |
Lasso | 2024 | Interscope, Polydor |
EP
[editar | editar a fonte]- Kill Kill - 2008 (descarga dixital)
- Video Games EP - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Video Games/Blue Jeans Remix EP - 2011 (Vinilo)
- Video Games: The Remix EP - 2012 (CD, descarga dixital)
- Born to Die: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Lana Del Rey - 2012 (descarga dixital)
- Blue Jeans: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Video Games - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Born To Die - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Blue Jeans - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Carmen - 2012
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jones, Alan (2012-02-06). "Official Chart Analysis: Lana Del Rey album sells 117k, 43% digital". Music Week. Consultado o 2012-03-29.
- ↑ Michelson, Noah (8 de agosto de 2011). "Look: Lana Del Rey's "Video Games"". Out. Joe Landry. Consultado o 22 de decembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boullosa, Luis (2022). Diez maneras de amar a Lana del Rey: una investigacion pop. Liburuak.