Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lesbos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLesbos
Λέσβος (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°13′N 26°17′L / 39.21, 26.28
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Setentrional Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación90.634 (2001) Editar o valor en Wikidata (55,23 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.641 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude968 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
1 de setembro de 1462Ottoman conquest of Lesbos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal810–819 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico225x Editar o valor en Wikidata

Páxina weblesvos.gr Editar o valor en Wikidata
Vista da capital

Lesbos é un illa de Grecia, tamén chamada de Mitilene. Localízase no mar Exeo, próximo a Turquía. En grego moderno, o nome da illa é Lesvos, e os seus habitantes son chamados de lesvianos ou lesvianotas. As principais cidades da illa son Mitilíni, Kalloni, Mithyma, Plomarion, Axiasos e Petra, e localízase no concello grego do mesmo nome.

A illa leva sido habitada desde a Idade de Bronce. A primeira mención a ela é feita en rexistros hititas como Lazpa. Outros nomes antigos son Lassia, Imerti, Aegira, Isa, Mythonis e Les-Ba.

Lesbos foi o centro dunha civilización no VI século a.C, tendo sido o lar dos poetas Safo e Alceo de Mitilene. En 428 a.C., Lesbos xuntouse á Liga de Delos nunha revolta sen éxito contra Atenas. Aristóteles e Epicuro tamén moraron aquí.

Na mitoloxía grega, Lesbos tamén era o nome do deus padroeiro da illa. Lesbos era fillo de Lafita e casou con Metima.

A palabra lésbica vén do nome desta illa. A súa orixe está nos poemas de Safo de Lesbos, onde se describe o amor entre mulleres. Debido a isto, Lesbos é frecuentemente destino turístico de cruceiros e outros paseos para lesbianas. Mentres, as autoridades lesbovitas non aproban enteiramente isto, e a algúns navíos de cruceiro xa lles foi negado o permiso para atracaren na illa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Lesbos atópase no extremo oriental do mar Exeo, fronte á costa de Turquía (Golfo de Edremit), no punto máis estreito, só hai 5´5 km de distancia á costa turca continental. A forma da illa é máis ou menos triangular, pero con dous profundos golfos, o de Kalloni, cunha entrada na costa sur, e o de Gera, no sueste.[1]

A illa é boscosa e montañosa, con dous grandes picos, o Monte Lepetymnos de 968 m e o Monte Olympos de 967 m, que dominan o norte e o centro da illa.[2] A súa orixe volcánica maniféstase nas súas augas termais e os dous golfos.

Lesbos é verde, acertadamente chamado Illa Esmeralda, cunha maior variedade de flora do esperado para o tamaño da illa. As oliveiras cobren o 40% da illa, sumando un total de 11 millóns de unidades, xunto con outras árbores froiteiras. Os bosques mediterráneos de piñeiros, castiñeiros e algúns carballos ocupan o 20%, e o resto é terra de cultivo e chan urbano. Ao oeste da illa atópase o segundo bosque do mundo de sequoias petrificado.

A súa economía baséase na agricultura. O turismo en Mitilene, grazas ao seu aeroporto internacional, e as praias de Plomari, Molyvos e Ereso contribúen de xeito substancial á riqueza da súa economía.

A illa aparece mencionada como Lazpas nas inscricións hititas. Homero chámaa Macaros, e Macar é o suposto quinto rei da illa; Macaros era a sede do culto ao deus Lesbos.

Mitilene, nome dado a miúdo a toda a illa, foi fundada no século -XI supostamente polos Pentílidas chegados de Tesalia, que gobernaron a illa ata que foron derrocados por unha revolta popular ao comezo do século VI a,C,.

Outras cinco cidades tiveron reis, pero igualmente foron progresivamente expulsados nos séculos -VII e -VI e establecéronse gobernos oligárquicos ou tiranías. Todas as cidades foron colonizadas por tesalios cos que se impuxo a colonización eólica e a poetisa Safo aínda escribía no dialecto eólico do grego. As cidades da illa eran tributarias do rei Creso de Lida polos seus posesións na costa (Creso non dominou nunca a illa), pero cando este foi derrotado polos persas en -546, a illa pasou a dominio persa e houbo de pactar o pago dun tributo e o envío de soldados cando o rei pedíseo.

No século -V, a cidade de Arisbe (Arisvi) foi destruída per Metimna e o número de cidades independentes quedou reducido a cinco: (Mitilene, Metimna, Antisa, Ereso e Pirra). Contribuíron a fundar Naucratis en Exipto e aliáronse con Mileto contra o tirano Polícrates de Samos que os derrotou.

Permaneceron tributarias do rei de Persia ata -499, cando foi derrocado o tirano Coes de Axandros, favorable a Persia, e a illa uniuse á revolta xonia pronto sufocada (-494). A vitoria ateniense en Salamina en -480 supuxo o fin do dominio persa en Lesbos.

A illa tivo sempre tendencia oligárquica, pero elementos próximos á democracia acabáronse impondo e as cinco cidades baixo a hexemonía de Mitilene (-477), ingresaron na confederación de Delos (-471) e excepto por unha breve revolta (Metimna non tomou parte); as demais cidades fosen castigadas e repartiuse as terras entre cidadáns atenienses) e permaneceron alí ata o final da guerra do Peloponeso cando caeron en mans de Esparta (-405) e da oligarquía local aliada a Esparta.

En -392, Atenas reconquistou as cinco cidades; pero pola paz de Antálcidas restableceuse a súa independencia en -387.

En -369 ingresou na segunda liga ateniense, pero caeu baixo dominio persa en -357. Cando Alexandre Magno gañou a batalla de Gránico, as cidades declaráronse ao seu favor, pero foron sometidas pola frota persa dirixida por Memnón de Rodas.

O xeneral macedonio Hexéloco conquistou a illa cara ao -331 (Memnón morreu) e pasou a Macedonia, dentro da que permaneceu ata o -167 en que houbo de asinar un tratado cos romanos. Nesta guerra, Labeo destruíu Antisa por axudar aos macedonios e incorporou aos seus habitantes aos de Metimna.

En -89, as cidades da illa aliáronse a Mitrídates VI Eupátor, rei do Ponto, e os romanos desembarcaron en -88 e establecéronse permanentemente alí, destruíndo Mitilene, acusada de encabezar a alianza póntica por liberar o rei a M. Aquilio; Mitilene. A última cidade leal a Mitrídates foi conquistada por M. Minucio Termo, e na batalla distinguíronse Xulio César que recibiu unha coroa por salvar un soldado.

Cneo Pompeio, a petición de Teófanes, recoñeceulle poucos anos despois unha certa autonomía como cidade libre baixo dominio romano (-79); a muller e o fillo de Pompeio estiveron en Mitilene ata o final da campaña que acabou en Farsalia.

Nesta época, Mitilene foi de feito a capital da provincia romana de Asia. En 70 o emperador Vespasiano suprimiulle os privilexios, que, no entanto, foron restaurados por Hadriano en 117. A cidade emitiu moeda baixo diversos emperadores.

Coa división provincial de Constantino I o Grande, a illa foi incluída na Provincia Insularum (Hierocles p. 686).

Durante a época cristiá construíronse numerosas igrexas e basílicas (máis de 50).

En 769 foi saqueada polos eslavos, en 821, 881 e 1055 polos sarracenos, polos venecianos en 1125 e polos cataláns no século XIII.

No 801 foi o lugar de exilio da emperatriz bizantina Irene, que morreu alí o 15 de agosto de 802. Cara ao 1090, Tzashas, emir de Esmirna, conquistou Mitilene, pero fracasou ante Metimna. Aleixo I Comneno enviou unha expedición que recuperou Mitilene.

En 1204 foi parte dos dominios directos do emperador latino e no 1224 foi ocupada polo emperador de Nicea. A partir do 1270 concedeuse privilexios comerciais aos xenoveses, pero a soberanía permaneceu bizantina.

Os xenoveses quixérona ocupar en 1346, pero o ataque imperial a Quíos impediuno, pero pouco despois Francesco I Gattiluso, un patricio xenovés que puxo ao servizo do bizantino Xoán V Paleólogo naves e homes para axudalo a recuperar o trono do que fora desposuído (1354), recibiu a cambio a señoría de Lesbos e a man da súa filla María (17 de xullo de 1355), aínda que, cómpre dicir que os Gattiluso foron aliados fieis do imperio e aceptaron a cultura bizantina.

Os otománs atacaron a illa o día 25 de decembro de 1455 e ocupárona excepto Metimna, e os otománs só se retiraron no 1456 a cambio da cesión de Tasos (outra illa dos Gattilusio) e o aumento do tributo; pero en 1462, acusaron ao señor local Nicolo II Gattiluso de depor e matar ao seu irmán Domenicco I Gattiluso, tributario dos turcos. Mitilene foi destruída e logo de 15 días de resistencia Nicolo rendeuse e foi levado a Constantinopla xunto con outros membros da familia, e foi executado, e a súa irmá María (esposa do ex emperador Alexandre Comneno de Trebisonda), muller moi bela, crese que foi incluída no harén do sultán.

Na guerra dos Balcáns de 1912 os gregos ocuparon a illa, que permanece no seu poder.

A cidade Petra
  1. "Lesbos". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  2. "The Petrified Forest of Lesvos, A Unique Natural Monument Recording the Evolutionary Process of Life on Earth". UNESCO Global Geoparks Network. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2010. Consultado o 12 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]