Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Alceo de Mitilene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlceo de Mitilene

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀλκαῖος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento630 a. C. ↔ 620 a. C. Editar o valor en Wikidata
Mitilene, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte560 a. C. Editar o valor en Wikidata
Lesbos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lesbos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, político, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata - século VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoGreek lyric (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaSafo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX995176 Musicbrainz: e48e97fc-97ba-4e89-af15-0b0783022a0d Discogs: 1293166 Editar o valor en Wikidata


Alceo (en grego antigo Ἀλκαῖος), nado cara ao 620 a.C. e finado no século VI a. C., foi un poeta lírico grego, contemporáneo, rival e talvez amante de Safo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alceo pertencía á clase aristocrática de Mitilene e a súa familia opúñase aos tiranos da cidade (Melancro, Mirsilo, Pítaco) que se apoiaban nas clases populares. Os seus irmáns máis vellos combateran a Melancro e o mesmo Alceo participou nun complot contra Mirsilo, polo que se tivo que se exiliar a Pirra, ao sur da illa. Volveu á morte deste grazas á moderación de Pítaco, aínda que tivo que exilarse outra vez, máis tempo, a Exipto. Volveu no 580 a. C. cando Pítaco declarou a amnistía. Alceu participou na guerra de Lesbos polo control de Sixeo contra Atenas.

Alceo escribiu no dialecto eólico. Consérvanse uns 200 fragmentos das súas poesías, himnos, odas para banquetes e epigramas, chegados a nós a través dos gramáticos antigos e en citas de Píndaro, mais uns achados en papiros exipcios. Inventou unha rima, chamado verso alcaico, que máis tarde empregou Horacio.

Alceo cantou á guerra, a acción militar e contra a tiranía. Reflexiona sobre a sorte da súa cidade, tinxíndoa de dor e nostalxia pola derrota e o exilio. Ademais deste compromiso civil, no que deixa traslucir o odio, presenta cantos de amor e de gozo da alegría inscritos nunha recreación da paisaxe e da violencia das estacións. O estilo é áspero e sobrio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]