Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lingua etrusca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Etrusco
mechl Rasnal
Falado en: Antiga Etruria
Rexións: Península Italiana
Extinción: Século I
Familia: Tirrena
Escrita: Alfabeto etrusco
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ett
Mapa
Status

A lingua etrusca era un idioma falado e escrito na antiga rexión da Etruria (a actual Toscana) e nalgunhas partes das actuais Lombardía, Venecia, e Emilia Romaña (de onde os etruscos foron desprazados polos galos), en Italia. O latín substituíu totalmente ao etrusco, deixando só uns poucos documentos e uns poucos empréstitos lingüísticos no latín (e.g., persoa do etrusco phersu), e algúns topónimos, como Parma. Dela existen inscricións ata hoxe imposíbeis de traducir ou descifrar. As poucas palabras traducidas refírense á vida e morte, xa que os poucos documentos atopados son especies de lápidas.

Lenda etrusca AREVIZIES nunha moeda etrusca, reproducida por Sebastiano Ciampi.[1]
Deseño das inscricións do fígado de Placencia, ver arúspice.

Os etruscos eran un dos pobos indíxenas de Italia, que vivían alí antes da migración indoeuropea e da chegada dos latinos ao redor de 1000 a.C.. Herodoto (Historias I.94), no entanto, describe os tirrenos (na época de Herodoto, o nome grego para os etruscos) como inmigrantes da Lidia ao oeste de Anatolia, quen, escapando da fame, foron conducidos a occidente polo seu líder Tirreo, para se estabelecer na Umbría[2]. A alfabetización era bastante frecuente, como se pode ver polo gran número de curtas inscricións (dedicatorias, epitafios etc.). No século I a.C., o historiador grego Dionisio de Halicarnaso destacou que o idioma etrusco era diferente de calquera outro, e que os etruscos tiñan unha rica literatura, como se destacou polos autores latinos.

Co ascenso da Antiga república romana, que conquistou a Etruria, a hexemonía do latín acelerou o declive da civilización etrusca, e polo ano 200 a.C., o etrusco fora xa practicamente substituído polo latín.

No final da República, só uns poucos educados romanos con interese na antigüidade (como Varro) podían ler etrusco. A última persoa coñecida que era capaz de ler etrusco foi o emperador romano Claudio (10 a.C.54), que compilou un dicionario (hoxe perdido) con entrevistas aos últimos campesiños que aínda falaban o idioma.

Tito Livio e Cícero eran entendidos nos altamente especializados ritos relixiosos etruscos que estaban codificados en varias coleccións de libros escritos en etrusco baixo o título latino xenérico de Etrusca Disciplina. Os Libri Haruspicini trataban da adiviñación coas entrañas de animais sacrificados, os Libri Fulgurales expuñan a arte da adiviñación mediante a observación dos raios. Unha terceira colección , os Libri Rituales, podían ter proporcionado a chave da civilización etrusca: o seu amplo ámbito que abarcaba a vida política e social ben como as prácticas rituais. Segundo o escritor latino do século IV Servio, existía unha cuarta colección de libros etruscos, que trataba de deuses animais. As autoridades cristiás recolleron obras do paganismo e queimáronas durante o século V; o único libro sobrevivente, Liber Linteus, foi escrito en liño, e sobreviviu unicamente ao ser utilizado para envolturas de momias.

O etrusco tivo algunha influencia sobre o latín. Unha escasa ducia de palabras tomáronse prestadas polos romanos e algunhas delas poden se atopar nos idiomas modernos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O etrusco non mostra parentescos evidentes con outras linguas importantes da antigüidade, como o latín ou o grego. Durante certo tempo considerouse unha lingua illada como o vasco. Actualmente atópase xuntamente con outras linguas menores forma a chamada familia tirrénica. Desde Rix (1998) é amplamente aceptado que o rético e o lemnio xuntamente co etrusco son parte desta familia tirrénica.

No seu Naturalis Historia (século I ), Plinio o Vello escribiu sobre os pobos alpinos: "Os retios e os vindelicíos fronteirizas coa dos [nóricos], todos distribuídos en numerosas cidades. Os galos manteñen que os retios descenden dos etruscos, polo seu líder Repto." Baseado nisto e en datos lingüísticos parece claro que o etrusco está relacionado co rético. Porén, para alén destes feitos coñecidos, hai un amplo debate.

Algúns eruditos actuais (Steinbauer 1999) afirmaron que o etrusco é parte da gran familia tirrena e está remotamente relacionada coa familia de indoeuropea, e citan similitudes nos finais gramaticais e o vocabulario. Nada pode determinarse considerando a escaseza de textos en xeral en etrusco. Por agora moitos permanecen conservadores e consideran o tirreno illado.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Idiomas da Idade de Ferro en Italia, século VI a.C.

O etrusco foi falado no noroeste e centro-oeste da actual Italia, na rexión que hoxe conserva o seu nome, Toscana (do latín tuscī "etruscos"), así como ao redor de Capua na Campania e no vale do Po ao norte da Etruria.

Idiomas relacionados

[editar | editar a fonte]

Un idioma moi relacionado co etrusco foi o lemnio, que se falou unha vez na illa de Lemnos antes da invasión ateniense (século VI a.C.). Unha pequena táboa de pedra chamada estela de Lemnos atopouse alí cunha escritura aparentada co etrusco e datada sobre o 600 a.C.. Sabemos que os lemnios falaron este idioma debido ás pezas de cerámica con inscricións escritas con este mesmo alfabeto. Porén, descoñecemos cando ou como, falantes deste dialecto chegaron a esta illa.

Na actualidade vemos que o etrusco é parte dunha gran familia lingüística que coñecemos como tirrena, baseada no nome grego para os etruscos, "Tyrrhenoi".

Algunhas traducións

[editar | editar a fonte]

Pronomes

Lingua etrusca Galego
an el, ela
mi Eu

Termos familiares

Lingua etrusca Galego
apa pai
ati nai
clen, clan fillo
ruva irmán
sech filla

Relacionados con tempo

Lingua etrusca Galego
avil ano
Celi mes de setembro
tinś día
tiur mes
  1. Publicada en Rivista italiana di numismatica. 1891. Páxina 374.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 30 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]