Lingua galesa media
Aparencia
O galés medio (Cymraeg Canol en galés) é o xeito de denominar á lingua galesa desde o século XII ata o século XIV. Desta etapa da lingua quedan máis restos que da anterior. Esta forma de galés desenvolveuse a partir do galés antigo.
O galés medio é a lingua de case todos manuscritos antigos superviventes dos Mabinogion, aínda que os contos en si mesmos son moito máis antigos. É tamén a lingua da maior parte dos manuscritos da lei galesa. O galés medio é razoabelmente intelixíbel, con algo de traballo, para un falante moderno de galés.