Lingua makhuwa
Makhuwa | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Emakuana | |
Falado en: | Mozambique, Tanzania, Malawi | |
Total de falantes: | 7,43 millóns (2006) | |
Familia: | Atlántico-congo Volta-congo Benue-congo Bantoide Bantoide meridional Bantú Bantú meridional Makua Makhuwa | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | varios:vmw — Makhuwa centralmgh — Makhuwa-Meettovmk — Makhuwa-Shirimakzn — Kokolallb — Lolomny — Manyawavmr — Marenjetke — Takwanexmc — Makhuwa-Marrevonexsq — Makhuwa-Saka
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua makhuwa ou emakhuwa, tamén soletreado makua ou macua, é a principal lingua bantú do norte de Mozambique. O makhuwa central (a variedade base da lingua estándar) é falada por 4 millóns de persoas do pobo makua, que vive ao norte do río Zambeze, particularmente na provincia de Nampula, cuxa poboación está composta case por completo por makua.[2] É a lingua indíxena máis falada de Mozambique.
Variedades
[editar | editar a fonte]Maho (2009) considerou os seguintes dialectos (os datos son de The Joshua Project):[3]
- Makhuwa central, 4.057.000 persoas
- Makhuwa-Meetto (incluído o ruvuma), 1.149.000 en Mozambique, 603.000 en Tanzania e 17.000 en Cimbabue
- Makhuwa-Shirima, 911.000 persoas
- Makhuwa-Marrevone (costaner) 682.000 persoas
- Makhuwa-nahara, unes 338.000 persoas
- Makhuwa-Saka, 312.000 persoas
- Ruvuma Makhuwa (Tanzania, incluídos os subdialectos imithupi e ikorovere)
Os nomes dos dialectos varían segundo as fontes. A variante distintiva ou shibboleth nos dialectos é o tratmento da s:
- Dialecto eSamgagi: odhiva
- Dialecto eSangagi: θtiva
- Dialecto eSaaka: ociva
- Dialecto eNahara: oziva -todas queren dicir "agradable".[2]
A intelixibilidade mutua entre os dialectos é limitada. O makhuwa central ("Makhuwa-Makhuwana") é a base da lingua estándar. Ethnologue nomea o makhuwa central, o meetto–ruvuma, marrevone–enahara e esaka como linguas separadas, e xunto co chirima como seis linguas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Relatório do I Seminário sobre a Padronização da Ortografia de Línguas Moçambicanas. NELIMO, Universidade Eduardo Mondlane, 1989.
- ↑ Jouni Filip Maho, 2009 Nova llista Guthrie actualitzada Arquivado 2018-02-03 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a proba da Wikipedia en Lingua makhuwa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oliver Kröger (2005), Report on a Survey of Coastal Makua Dialects (SIL International)