Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Malaui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Malawi»)
Modelo:Xeografía políticaMalaui
Republic of Malawi (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMlungu salitsani Malawi Editar o valor en Wikidata

Lema«Unity and Freedom»
«Undod a Rhyddid» Editar o valor en Wikidata
EpónimoLago Niassa Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°S 34°L / -13, 34
CapitalLilongwe (1975–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación18.622.104 (2017) Editar o valor en Wikidata (157,17 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua chichewa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie118.484 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMulanje Massif (en) Traducir (3.002 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRio Chire (pt) Traducir (37 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación6 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataLazarus Chakwera (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Malawi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataLazarus Chakwera (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional (Malawi) (pt) Traducir , (Escano: 193) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal12.602.334.124 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaKwacha de Malawi Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mw Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+265 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999, 998 (en) Traducir, 997 (en) Traducir e 990 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMW Editar o valor en Wikidata

Páxina webmalawi.gov.mw Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453562

Malaui ou Malawi[1] (oficialmente República de Malaui, en inglés: Republic of Malawi, en chichewa, Dziko la Malawi) é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia. Non ten costas e está separado de Tanzania e Mozambique polo lago Malaui. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.

Características

[editar | editar a fonte]

Durante o século X o seu territorio foi poboado por inmigrantes e permaneceu rexido por un goberno nativo até 1891, cando foi colonizado polos británicos, que o gobernaron até 1964. Tras obter a súa independencia converteuse nun estado unipartidista baixo a presidencia de Hastings Banda, quen gobernou até 1994. Bingu Mutharika, re-elixido no 2009, é o actual presidente.[2] Ten un goberno democrático e multipartidista;[3] e ademais conta cun pequeno exército que inclúen as forzas armadas, unha mariña de guerra e unha forza aérea. A súa política exterior é pro-occidente e inclúe relacións diplomáticas positivas coa maioría dos países e participa en varias organizacións internacionais.

Atópase entre os países menos desenvolvidos e máis densamente poboados do mundo. A economía está baseada na agricultura, cunha poboación altamente rural. O goberno malaui depende moito do apoio exterior para cubrir as súas necesidades económicas. O goberno afronta grandes retos no crecemento da economía, educación, saúde e protección do medio ambiente, e estase convertendo financeiramente independente. Conta con varios programas de desenvolvemento desde 2005 que se concentran nos puntos anteriores, e o país parece estar mellorando, con grandes avances vistos no 2007 e 2008. Ten un baixo índice de esperanza de vida e unha taxa alta de mortalidade infantil, ademais de contar coa existencia de miles de casos de SIDA.

Existe unha grande diversidade cultural na poboación entre nativos, asiáticos e europeos, con múltiples idiomas e diferentes crenzas. Aínda que existieron conflitos tribais no pasado, no século XXI diminuíron considerablemente e o concepto da nacionalidade malaui comezou a reformarse. Posúe unha cultura que combina aspectos locais e coloniais, incluíndo deportes, arte, bailes e música.

Artigo principal: Historia de Malaui.

Os habitantes históricos orixinarios, khoisánidos (bosquimáns), foron expulsados do país coa chegada dos pobos bantos provenientes do norte. O país foi coñecido polos occidentais a través das exploracións dos portugueses desde o século XVIII.

A partir de 1859 foi explorado polo Dr. Livingstone. A finais do XIX os británicos tomaron posesión da zona e déronlle o nome de Nyasaland, pasando a formar parte logo da colonia de Rodesia e Nyasaland. Na década de 1950, Hastings Kamuzu Banda regresou ao país para liderar o Partido do Congreso de Malaui (Malawi Congress Party ou MCP). Gran Bretaña concedeulle a independencia en 1964, con Hastings Banda como presidente.

O seu goberno acabou por converterse nunha ditadura, autoproclamándose presidente vitalicio no ano 1971.

A presión das igrexas de Malaui e mais da comunidade internacional impuxéronlle ao réxime un referendo, que se celebrou o 14 de xuño de 1993. Malaui votou a favor dun sistema democrático pluralista.

As primeiras eleccións do 17 de maio de 1994 déronlle a vitoria á Fronte Democrática Unida (United Democratic Front ou UDF) de Bakili Muluzi, que se unira coa Alianza para a Democracia (Alliance for Democracy AFORD). Muluzi foi elixido presidente.

Muluzi impulsou unha nova constitución, que derrogou os privilexios residuais do MCP. O 15 de xuño de 1999, Muluzi foi reelixido fronte a unha coalición formada polo MCP e o AFORD.

En maio de 2004, o candidato á UDF, Bingu wa Mutharika, venceu ao candidato do MCP. Con todo a UDF non logrou a maioría parlamentaria precisa, polo que formou un Goberno de Unidade Nacional. Bingu wa Mutharika abandonou en tanto a UDF.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Malaui.

Desde o ano 1994 Malaui está dotado dun sistema democrático.

Consonte a constitución de 1995, o Président é elixido por sufraxio universal cada 5 anos. O Presidente pode nomear un Vicepresidente pertencente a un partido político. Os membros do gabinete presidencial poden ser escollidos polo Presidente.

A Asemblea Nacional está composta por 193 deputados electos tamén por cinco anos.

A Constitución prevé tamén un Senado de 80 escanos, que representa a todas as rexións así como os grupos con intereses específicos, como, por exemplo, as mulleres, a mocidade ou os discapacitados, mais tal institución non existe polo de agora.

A Constitución prevé un sistema xudicial independente, baseado no modelo inglés, cunha Corte de primeira instancia, unha Alta Corte e unha Corte Suprema de apelación.

A administración local está dividida en distritos baixo a responsabilidade dun gobernador nomeado polo goberno central.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Malaui.

O territorio malauiano está dividido en tres rexións, Central, Norte e Sur. Estas, á súa vez, están subdivididas en 29 distritos, que á súa vez se dividen en 137 xefaturas tradicionais e 68 subxefaturas. Os distritos son:

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Malaui.
Mapa de Malaui.

País de elevados planaltos, os Shire Highlands no sur e os Nyka Uplands ao norte, Malaui ten o seu cume a 3.048 m no monte Mulanje.

O Rift Valley atravesa o país de norte a sur. Nesta enorme depresión atópase o lago Malawi, o terceiro en tamaño de África. A súa superficie cobre cerca do 20% do país. No extremo meridional do lago nace o río Shire, que tributa as súas augas no Zambeze, 400 km máis ao sur, xa en Mozambique. Polo leste e o oeste, o Rift Valley está valado por vastos e elevados planaltos que se erguen entre 900 e 1.200 m sobre o nivel do mar.

As escarpas de Golomoti.

No norte, os Nyika Uplands, outra meseta, culmina a 2.600 m; os Shire Highlands, de 600 a 1.600 m, están dominados polos montes Zomba e Mulanje, que se erguen, respectivamente, até 2.130 e 3.048 m.

No extremo sur do país, a chaira esténdese entre 60 e 90 m s.n.m.. É nesta zona onde se concentra a maior densidade de poboación da África subsahariana.

As illas de Likoma e Chizumulu pertencen a Malaui, aínda que de feito se atopan entre as augas territoriais de Mozambique, formando uns enclaves.

Lilongwe, capital desde 1974, achégase ao medio millón de habitantes. Blantyre, principal praza comercial, acolle a sede da Corte Suprema do país (a súa poboación superaba xa a finais da década de 1990 os 500.000 habitantes).

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Malaui.
Unha típica estrada do interior de Malaui.

Malaui ten unha renda per capita de 596 $USD (maio 2008). A súa economía depende principalmente da agricultura. O país ten poucos recursos mineiros explotábeis. Os tres produtos agrícolas de exportación, por esa orde, son: tabaco, e azucre. A presidencia do goberno ten animado, recentemente, aos campesiños a que cultiven outros produtos alternativos, como algodón [4]. Tradicionalmente Malaui ten sido autosuficiente para o seu alimento básico, o millo, e mesmo na década de 1980 exportou cantidades importantes dese cereal aos países veciños.

A agricultura representa o 38,6% do PIB, acolle arredor do 80% da forza de traballo e representa sobre o 80% do total das exportacións. Un 90% da poboación traballa en granxas autárquicas, de agricultura de subsistencia. Os pequenos propietarios desas explotacións producen unha boa variedade de colleitas, incluíndo o millo maínzo [5], chícharos, arroz, casabe, tabaco, cacahuetes e café. O sector agrícola orixina o 63,7% da renda total da poboación rural, un 65% das materias primas do sector industrial e, aproximadamente o 87% do emprego (datos de febreiro de 2007).

A riqueza financeira está, en xeral, concentrada nas mans dunha pequena elite. As industrias de Malaui están, na súa maior parte, situadas nas proximidades da cidade de Blantyre.

Dada a dependencia dos produtos agrícolas, o comercio de exportación é moi sensíbel aos rendementos decrecentes e ás baixadas dos termos de intercambio comercial. Outro factor que impide o desenvolvemento está constituído polos elevados custos dos transportes, que poden comprender un 30% da súa conta de importacións, pois Malaui debe importar a maior parte dos combustíbeis. Ademais contan a baixa preparación dos seus traballadores, as dificultades para conseguir emprego exterior, a escasa calidade das infraestruturas (viarias, rede eléctrica, auga e telecomunicacións), e os problemas burocráticos internos: corrupción, inadecuación dos impostos e dificultades administrativas para a apertura de empresas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Poboación de Malaui de 1961 ata o 2003.

Cunha poboación de 18 millóns, Malaui é un dos países de África máis densamente poboados. A maioría da poboación son negros africanos, que se dividen en varias etnias, sendo os principais grupos os chewa, nyanja, yao, tumbuka e lomwe. A maioría traballa no campo aínda que as cidades están en continuo crecemento. Hai tamén uns 4.000 europeos, sobre todo británicos, e hindustanís, pero supoñen menos do 0,5 % da poboación.

O idioma oficial é o inglés, pero o idioma nacional é o chichewa. Tamén se falan outros idiomas bantús.

O cristianismo, cun 70% de adeptos, é a relixión máis estendida (20% católicos, 55% protestantes). Tamén hai unha comunidade musulmá (20% da poboación), descendente dos antigos escravos suahilíes. Só un 5% practica unicamente relixións tradicionais.

O nome de Malaui deriva dos maravi, un pobo bantú proveniente da República do Congo meridional que se estableceu na zona hai uns 600 anos. Ao chegar á parte norte do Lago Malawi, os maravi dividíronse. Unha rama, os antecesores dos actuais chewas, avanzaron cara ao sur e asentáronse na marxe occidental do lago. A outra rama, os devanceiros dos actuais nyanjas, desprazouse pola marxe oriental ata alcanzar o sur do país.

As migracións e os conflitos tribais impediron a formación dunha sociedade malauí cohesionada ata o século XX. Aínda que nos últimos anos os enfrontamentos entre etnias e tribos diminuíron, aínda persisten rivalidades rexionais. Malia todo, a idea dunha nación común malauí gana cada vez máis adeptos.

A esperanza de vida é de 43 anos. A media de fillos por muller é de 5,74. O 62,7% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 14,2% da poboación esta infectada co virus VIH (SIDA).

Educación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade está escolarizado un 80% da poboación en idade de ir ás aulas de educación primaria. O principal problema radica na elevada taxa de alumnado, que atinxe até 80 educandos, ou máis, por docente.

Durante tres décadas Malaui só contou cunha universidade, a Universidade de Malawi, con vaios "colleges", distribuídos entre a capital, Lilongwe, e mais as cidades de Blantyre e Zomba. En anos recentes foron abertas outras tres universidades, en Mzuzu (Universidade de Mzuzu), Livingstonia e Ekwendeni (Livingstonia University) e mais en Nguludi, cerca de Blantyre (Universidade Católica de Malawi).

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. CIA (2009). "World Leaders" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2010. 
  3. CIA (2009). "The World Fact Book" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2010. 
  4. http://www.tobaccochina.com/englishnew/content1.aspx?id=16188 Arquivado 04 de setembro de 2006 en Wayback Machine..
  5. Ending Famine, Simply by Ignoring the Experts by CELIA W. DUGGER, NY Times, 12/2/07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]