Lourentino
Lourentino | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Viburnum tinus L. |
O lourentino ou follado[1] (Viburnum tinus) é unha especie fanerógama pertencente ao xénero dos viburnos, á familia Adoxaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto que pode medrar coma unha pequena árbores. Ten follas opostas, grandes e largas, relativamente duras e brillantes pola face; a marxe das follas é enteira e suavemente pubescente. As flores son pequenas e brancas, atópanse agrupadas en inflorescencias que semellan umbelas. Con estes caracteres non se pode confundir con outros arbustos da nosa flora.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese pola rexión mediterránea. Na Península Ibérica atópase en levante e no sur, principalmente en bosques de aciñeiras, sendo raro en Galiza, onde é frecuente coma planta ornamental, xa nomeada con este uso en xardinaxe no século XIX por Marcial Valladares Núñez e Juan Cuveiro Piñol co nome de laureola (non confundir co trobisco de montaña (Daphne laureola).
É unha planta de zonas sombrizas e húmidas, propia dos aciñeirais. Nas Canarias adóitase atopar nos bosques de laurisilva.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Ten propiedades medicinais. Os principios activos son a viburnina e mais os taninos. Os taninos poden provocar molestias estomacais. As follas en infusión teñen propiedades antifebrífugas. Os froitos téñense utilizado coma purgantes contra o estrinximento. A tintura do lourentino estase utilizando ultimamente en fitoterapia coma un remedio contra a depresión.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Viburnum tinus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 267–268. 1753.[2]
Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".[3]
tinus: epíteto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; e Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991
- ↑ "Lourentino". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 28 de xuño de 2013.
- ↑ En Nombres Botánicos
- ↑ "Sinónimos en Tela Botánica". Tela Botanica (en francés). Consultado o 2020-04-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Viburno (xénero)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lourentino |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lourentino |