Luke Walton
(2008) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1980 (44 anos) San Diego, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Arizona (1999–2003) Universidade de Arizona University of San Diego High School (en) Cathedral Catholic High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 106 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Bill Walton |
Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego (California) é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto estadounidense. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xogaba de ala.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Walton xogou durante catro tempadas nos Wildcats da Universidade de Arizona. A súa mellor tempada foi a terceira, como júnior, que conseguiu unhas estatísticas de 15,7 puntos, 7,3 rebotes, 6,3 asistencias e 1,6 roubos de balón. se graduou en 2002.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido no Draft da NBA de 2003, no posto 32 da segunda rolda, por Los Angeles Lakers. Durante as súas tres primeiras tempadas, apenas dispuxo de minutos para demostrar a súa valía. Está considerado como un xogador dun enorme potencial de recursos técnicos, polivalente e áxil, e por fin na tempada 2006-07 conseguiu dispor de minutos e unha media de 11,6 puntos, 4,8 rebotes e 4,3 asistencias. Na tempada 2007/08 gañou co seu equipo as finais de conferencia fronte a San Antonio, aínda que perderon as finais fronte aos Boston Celtics.
Na tempada 2008/09, coa saída do equipo de Vladimir Radmanović, recuperou a titularidade, sumou máis minutos e colaborou en lograr o anel para a franquía de California.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto a unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 a cambio de Ramon Sessions, Christian Eyenga.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lakers Shore Up Backcourt". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Luke Walton Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados en San Diego
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Adestradores asistentes dos Golden State Warriors
- Adestradores dos Los Angeles Lakers
- Adestradores dos Sacramento Kings