Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Steve Kerr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSteve Kerr

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Beirut, Líbano Editar o valor en Wikidata
EducaciónPalisades Charter High School (en) Traducir
American Community School Beirut
Universidade de Arizona
Cairo American College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata - 2003 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhoenix Suns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Portland Trail Blazers
Cleveland Cavaliers
Orlando Magic
San Antonio Spurs
Phoenix Suns
Chicago Bulls
1983–1988 Arizona Wildcats
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014– Golden State Warriors (head coach (en) Traducir)
2021–2024 Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Participou en
1986Campionato mundial de baloncesto de 1986 (1º) (medalla de ouro) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMalcolm H. Kerr Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0449807 Twitter: SteveKerr Editar o valor en Wikidata

Stephen Douglas "Steve" Kerr, nado en Beirut (Líbano) o 27 de setembro de 1965, é un ex xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto, que actualmente adestra os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Como xogador, tras formarse na Universidade de Arizona, formou parte dos Phoenix Suns, Cleveland Cavaliers, Orlando Magic, Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Portland Trail Blazers, conseguindo un total de cinco aneis de campión, tres cos Bulls e dous cos Spurs, nas súas quince temporadas como profesional. Kerr, xunto con Frank Saul, son os únicos xogadores da historia da NBA en gañar dous títulos de forma consecutiva con diferentes equipos. Actualmente é o xogador con mellor porcentaxe de acerto en lanzamentos de 3 da historia da NBA cun 45,4%. Como adestrador é o único da historia de competición en conseguir un balance de "30-5" no seu primeiro ano ao cargo, levándose ese mesmo ano ademais o anel de campión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Kerr comezou a súa carreira universitaria en 1984, na Universidade de Arizona. En 1986 foi incluído na selección de baloncesto dos Estados Unidos que participaría no Mundial de baloncesto de España, onde conseguiron levar a medalla de ouro tras derrotar á Unión Soviética nunha apertada final. Coa súa universidade conseguiu chegar á Final Four en 1988. Acabou os seus estudos cunhas medias de 11,2 puntos e 3,4 rebotes por partido.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft de 1988 polos Phoenix Suns nunha posición moi baixa, a 25 da segunda rolda. Kerr foi un xogador de banco, que se converteu nun auténtico especialista nos lanzamentos de 3 puntos, aproveitando ao máximo os poucos minutos dos que dispuña con frecuencia na cancha. Só estivo unha tempada en Arizona, sendo traspasado ao ano seguinte a Cleveland, onde comezou a demostrar ao mundo as súas calidades como lanzador de longa distancia, roldando ou superando desde entón o 50% de acerto desde a liña de 3, algo que acadaron moi poucos xogadores en toda a historia da liga. Estivo en Ohio tres tempadas e media, terminando a última delas nas filas dos Orlando Magic. Ao ano seguinte, na tempada 1993-94, asinou polos Chicago Bulls, onde coincidiría con Michael Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman ou Toni Kukoč. Con eles logrou 3 campionatos da NBA consecutivos.

Tras o campionato co equipo de Illinois, foi traspasado aos San Antonio Spurs onde, curiosamente, gañou un novo anel de campión na súa primeira tempada en terras texanas, converténdose no segundo xogador da historia en gañar dous aneis consecutivos en dous equipos diferentes. Tras tres tempadas foi traspasado a Portland Trail Blazers, onde só xogou unha tempada. Ao ano seguinte regresa de novo a San Antonio, no que foi o seu último ano como profesional, poñendo fin a súa carreira cun novo anel de campión. En 1997, gañou o concurso de tripla do All-Star Game.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Sen experiencia como asistente, sendo analista televisivo desde a súa retirada, os Golden State Warriors ofrécenlle o posto de "adestrador xefe", gañando a batalla a outros equipos interesados nel como eran os New York Knicks. O 3 de xaneiro, Steve Kerr convértese no primeiro adestrador "rookie" en lograr un balance de 30-5 no seu inicio en toda a historia da NBA. O seu éximo como adestrador no seu primeiro ano levouno a ser noameado adestrador do equipo da Conferencia Oeste do All-Star de 2015.

  • Cinco veces Campión da NBA (1996–1999, 2003).
  • Unha vez Campión do Mundo (1986).
  • Unha vez Campión do Concurso de Triplas do All-Star (1997).
  • Unha vez campión do concurso Shooting Stars do All-Star (2008).
  • Dúas veces no primeiro equipo da Pac-10 da NCAA (1986, 1988).
  • Número 25 retirado pola Universidade de Arizona.
  • Unha vez adestrador do All-Star (2015).
  • Un dos únicos dous xogadores en gañar dous campionatos da NBA consecutivos en diferentes equipos.
  • Mellor porcentaxe de triplas en toda unha carreira da historia da NBA (con máis de 2000 lanzamentos) co 45,4%.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]