Mammaliaformes
Aparencia
Mammaliaformes | |
---|---|
Clasificación científica | |
|
Os mammaliaformes ou mammaliformes (do grego "con forma de mamífero") son un grupo de terápsidos extremadamente pequenos que inclúe mamíferos e algúns antepasados do grupo. Os mamaliaformes son un clado creado por Rowe en 1988 para clasificar a todos os tetrápodos considerados até esa data como mamíferos (fósiles coa cadena ósea do oído medio) e reservar a clase Mammalia para as especies actuais e aquelas emparentadas filoxeneticamente.
Unha definición simple dos mamíferos pode axustarse ao grupo composto por: "O último antepasado común de Ornithorhynchus anatinus e Homo sapiens e todos os seus descendentes vivos e extintos".
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A pesar de ser un clado de creación recente, a clasificación taxonómica pode variar segundo as fontes.[1]
- Clase Synapsida
- Suborde Cynodontia
- Prozostrodon
- MAMMALIAFORMES
- Rama Allotheria (ou Multituberculata)
- Familia Megazostrodonidae
- Adelobasileus
- Orde Sinoconodonta
- Orde Haramiyida
- Orde Morganucodonta
- Orde Docodonta
- Hadrocodium
- Orde Symmetrodonta
- Clase Mammalia
- Suborde Cynodontia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mammaliformes: Visión xeral". Palaeos.com, arquivado en archive.org. Archived from the original on 29-04-2007. Consultado o 13-1-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mammaliaformes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mammaliaformes e mamíferos de Palaeos (en inglés)
- Mamíferos mesozoicos; Basal Mammaliaformes, directorio on-line Arquivado 02 de marzo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)