Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Maria Branyas Morera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Branyas Morera

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1907 Editar o valor en Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 2024 Editar o valor en Wikidata (117 anos)
Olot, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOlot (2000–2024)
Cataluña (1915–2024)
San Francisco (1909–valor descoñecido)
Nova Orleáns Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoseph Branyas Julia Editar o valor en Wikidata

Twitter: MariaBranyas112 Editar o valor en Wikidata

Maria Branyas Morera, nada en San Francisco, California o 4 de marzo de 1907, e finada en Olot o 20 de agosto de 2024,[1] foi unha supercentenaria hispano-estadounidense. Foi a persoa viva rexistrada máis lonxeva do mundo dende o 17 de xaneiro de 2023, tras o falecemento da monxa francesa Lucile Randon e en España dende o 22 de decembro de 2019, data do falecemento de Josefa Santos González,[2][3][4] así como a persoa española máis lonxeva de todos os tempos e a última persoa viva nada en 1907.

En contexto histórico, Maria xa tiña 5 anos recentemente cumpridos cando se produciu o naufraxio do Titanic en 1912, foi contemporánea de 6 monarcas británicos, dende Eduardo VII a Carlos III, 10 papas católicos, ambas as guerras mundiais e dúas pandemias globais. Foi a persoa de maior idade no mundo en contraer coronavirus[5] e sobrevivir á doenza, a cal a afectou de maneira asintomática.