Maria Ouspenskaya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1876 Tula, Rusia |
Morte | 3 de decembro de 1949 (73 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | doenza cardiovascular queimadura |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | mestra, actriz de teatro, actor de xénero, actriz de cinema |
Período de actividade | 1915 - |
Profesores | Constantin Stanislavski e Leopold Sulerzhitsky (pt) |
Alumnos | Stella Adler, Lee Strasberg e John Garfield |
|
Maria Alekseyevna Ouspenskaya (en ruso: Мария Алексеевна Успенская, transliterado Mariia Alekseevna Uspenskaia), nada en Tula o 29 de xullo de 1876 e finada nos Ánxeles o 3 de decmebro de 1949, foi unha actriz e profesora de interpretación rusa.[1][2] Acadou sona de nova como actriz de teatro en Rusia e de vella en filmes de Hollywood.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ouspenskaya naceu en Tula, Imperio Ruso, e estudou canto en Varsovia e interpretación en Moscova. Foi membro fundadora de First Studio, un estudio de teatro do Teatro da Arte de Moscova. Alí recibiu clases de Konstantin Stanislavsky e do seu axudante Leopold Sulerzhitsky.[4]
O Teatro da Arte de Moscova viaxou amplamente por Europa e cando chegou a Nova York en 1922, Ouspenskaya decidiu quedar alí. Actuou con frecuencia en Broadway durante a seguinte década. Deu clases de interpretación no American Laboratory Theatre[5] e en 1929, xunto con Richard Boleslawski, o seu colega no Teatro da Arte de Moscova fundou a Escola de Arte Dramática de Nova York.[5] Un dos alumnos de Ouspenskaya durante este período foi Anne Baxter, daquela unha adolescente descoñecida.[6]
Aínda que xa aparecera nalgúns filmes mudos rusos moitos anos atrás, Ouspenskaya mantívose afastada de Hollywood ata que os problemas económicos da súa escola a forzaron a procurar xeitos de amañar as súas finanzas. Segundo os anuncios da revista Popular Song na década de 1930, arredor desta época tamén abriu a Maria Ouspenskaya School of Dance on Vine Street nos Ánxeles. Entre os seus alumnos estaba Marge Champion, modelo para a Brancaneves de Disney.[7]
A pesar do seu forte acente ruso, atopou traballo en Hollywood interpretando personaxes europeas de diferentes orixes. O seu primeiro papel en Hollywood foi en Dodsworth (1936), que lle proporcionou unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria,[1] cunha das interpretacións máis breves que conseguiu unha candidatura. Recibiu unha segunda candidatura polo seu papel en Love Affair (1939).[8]
Interpretou a Maleva, unha vella botadora de cartas romaní nos filmes de terror The Wolf Man (1941) e Frankenstein Meets the Wolf Man (1943). Outros filmes en que apareceu foron The Rains Came (1939), Waterloo Bridge (1940), Beyond Tomorrow (1940), Dance, Girl, Dance (1940), The Mortal Storm (1940), Dr. Ehrlich's Magic Bullet (1940) e Kings Row (1942).
Ouspenskaya faleceu varios días despois de sufrir un infarto e recibir queimauras nun incendio, posiblemente causado ao quedar durmida mentres fumaba un cigarro.[5] Foi enterrada no Forest Lawn Memorial Park Cemetery de Glendale.[9]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1936 | Dodsworth | Baroness Von Obersdorf |
1937 | Conquest | Countess Pelagia Walewska |
1939 | Love Affair | Grandmother |
1939 | The Rains Came | Maharani |
1939 | Judge Hardy and Son | Mrs. Judith Volduzzi |
1940 | Dr. Ehrlich's Magic Bullet | Franziska Speyer |
1940 | Beyond Tomorrow | Madam Tanya |
1940 | Waterloo Bridge | Madame Olga Kirowa |
1940 | The Mortal Storm | Mrs. Breitner |
1940 | The Man I Married | Frau Gerhardt |
1940 | Dance, Girl, Dance | Madame Lydia Basilova |
1941 | The Wolf Man | Maleva |
1941 | The Shanghai Gesture | The Amah |
1942 | Kings Row | Madame von Eln |
1942 | The Mystery of Marie Roget | Mme. Cecile Roget |
1943 | Frankenstein Meets the Wolf Man | Maleva |
1945 | Tarzan and the Amazons | Amazon Queen |
1946 | I've Always Loved You | Madame Goronoff |
1947 | Wyoming | Maria |
1949 | A Kiss in the Dark | Mme. Karina |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Robinson, Harlow. 2007. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: Biography of an Image. Boston: Northeastern UP; ISBN 978-1-55553-686-2, páx. 81
- ↑ Nissen, Axel. 2006. Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. Illustrated ed. Jefferson, NC: McFarland & Co.; ISBN 978-0-7864-2746-8, p. 141.
- ↑ Obituary for Maria Ouspenskaya, Variety, 7 de decembro de 1949; páx. 63.
- ↑ Benedetti, Jean. Stanislavski: His Life and Art (revised edition, 1999; original edition published in 1988). Londres: Methuen; ISBN 0-413-52520-1, pp. 209–211
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Smith, Ronald L. (2010). Horror Stars on Radio: The Broadcast Histories of 29 Chilling Hollywood Voices. McFarland & Company. ISBN 978-0-7864-4525-7.
- ↑ Seiler, Michael (13 de decembro de 1985). "Anne Baxter Dies at 62 --50 Years of It as Star in Films, Stage and TV". The Los Angeles Times.
- ↑ King, Susan (30 de setembro de 2009). "Marge Champion still has the dance moves". The Los Angeles Times.
- ↑ "The 12th Academy Awards 1940". Consultado o 29 de agosto de 2016.
- ↑ Mank, Gregory W. Women in Horror Films, 1940s. 1999. p. 95.