Mario Bunge
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Mario Augusto Bunge 21 de setembro de 1919 Florida Oeste, Arxentina (en) |
Morte | 25 de febreiro de 2020 (100 anos) Montreal, Canadá |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Nacional de La Plata |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía da ciencia, filosofia da física (pt) , Física teórica, epistemoloxía e tradución do inglés |
Ocupación | físico, escritor, epistemólogo, crítico, profesor universitario, ensaísta, sociólogo, filósofo, tradutor |
Empregador | Universidade McGill (1966–) Universidade Nacional de La Plata Universidade Nacional Autónoma de México Universidade de Buenos Aires |
Membro de | |
Alumnos | Mabel Molinelli Wells (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Marta Bunge |
Pai | Augusto Bunge |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Bunge, Mario Augusto, 1919-, |
Sitio web | mcgill.ca… |
Mario Bunge, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 21 de setembro de 1919 e finado en Montreal o 25 de febreiro 2020,[1] foi un físico e filósofo arxentino, ademais dun humanista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade arxentina de Buenos Aires o 21 de setembro de 1919. Interesado na filosofía da física, Bunge comezou os seus estudos na Universidade Nacional de La Plata, graduándose cun doutoramento en ciencias físico-matemáticas no ano 1952. Na mesma universidade foi profesor de física teórica e filosofía desde 1956 ata 1966 cando, insatisfeito perante o clima político do seu país, tomou a decisión de emigrar. Pasou entón a ensinar nas universidades de México, Estados Unidos e Alemaña, acabando por radicar no 1966 en Montreal, Canadá, como profesor da Universidade McGill desde aquela.
Os seus principais intereses son a epistemoloxía, a filosofía da mente e filosofía das ciencias sociais. O seu libro La ciencia, su método y su filosofía (1960), no que introduce as bases do método científico e a súa aplicación no campo do saber, chegou a se converter nun clásico do xénero.
É coñecido tamén por expresar publicamente a súa posición contraria as pseudociencias, entre as que inclúe a psicanálise e a homeopatía; mais tamén elaborou fortes críticas contra correntes filosóficas como o existencialismo, incluíndo filósofos como Martin Heidegger e Edmund Husserl; o posmodernismo; a hermenéutica e o feminismo filosófico. Talvez a súa obra máis importante estea formada polos oito volumes do seu Tratado de filosofía básica (Treatise on Basic Philosophy).
En 1982 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.[2]
Obras seleccionadas
[editar | editar a fonte]- 1960. La ciencia, su método y su filosofía. Buenos Aires: Eudeba.
- 1962. Intuition and Science. Prentice-Hall.
- 1967. Foundations of Physics. Springer
- 1969. La Investigación Científica. Su estrategia y su filosofía. Barcelona: Ediciones Ariel.
- 1973. Philosophy of Physics. Dordrecht: Reidel.
- 1980. The Mind-Body Problem. Oxford: Pergamon.
- 1980. Epistemología. Ariel
- 1984. "What is Pseudoscience", The Skeptical Inquirer, Vol.9, No.1, (Fall 1984), pp. 36–46.
- 1974-89. Treatise on basic philosophy, en 8 vols. Dordrecht: Reidel.
- 1996. Finding Philosophy in Social Science. Yale University Press.
- 1998. Dictionary of Philosophy. Amherst, N.Y.: Prometheus Books ( trad. esp. 2001: Siglo XXI: México).
- 1999. Las ciencias sociales en discusión. Buenos Aires: Sudamericana
- 2001. Philosophy in Crisis. Amherst, N.Y.: Prometheus Books.
- 2000. La relación entre la sociología y la filosofía. Madrid: Edaf.
- 2003. Emergence and Convergence: Qualitative Novelty and the Unity of Knowledge. Toronto: University of Toronto Press.
- 2003. Dictionary of Philosophy. Amherst, N.Y.: Prometheus Book (edición ampliada, ten trad. en español e portugués)
- 2004. Mitos, hechos y razones. Buenos Aires: Sudamericana
- 2006. Chasing Reality. Strife over Realism. Toronto: University of Toronto Press.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muere Mario Bunge, uno de los científicos hispanohablantes más citados de la historia
- ↑ "MARIO BUNGE. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN Y HUMANIDADES 1982". fpa.es (en castelán). 14 de maio de 1982. Consultado o 23 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mario Bunge |