Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Matthew Perry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatthew Perry

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Matthew Langford Perry Editar o valor en Wikidata
19 de agosto de 1969 Editar o valor en Wikidata
Williamstown (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 2023 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, afogamento
sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAmericano-canadense Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe Buckley School (en) Traducir (–1987)
Ashbury College (en) Traducir
Lisgar Collegiate Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,83 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación e serie de televisión Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de televisión, guionista, actor de cinema, produtor de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisJohn Bennett Perry Editar o valor en Wikidata  e Suzanne Langford Editar o valor en Wikidata
ParentesKeith Morrison, padrasto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
síndrome de abstinência (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001612 Allocine: 19804 Rottentomatoes: celebrity/matthew_perry Allmovie: p56182 TCM: 150760 Metacritic: person/matthew-perry TV.com: people/matthew-perry
Facebook: MatthewPerry Twitter: MatthewPerry Instagram: mattyperry4 BNE: XX1306682 Discogs: 2223800 WikiTree: Perry-5880 Find a Grave: 261033724 Editar o valor en Wikidata

Matthew Langford Perry, nado na vila de Williamstown (no condado de Berkshire, ao oeste de Massachusetts) o 19 de agosto de 1969 e finado o 28 de outubro de 2023 en Pacific Palisades, un barrio dos Ánxeles, foi un actor canado-estadounidense que se fixo coñecido polo seu papel de Chandler Bing na serie Friends da NBC, pola que obtivo unha candidatura ao Premio Emmy en 2002.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A familia

[editar | editar a fonte]

A nai, Suzanne Perry Morrison, de solteira Langford, era unha periodista canadense que fora secretaria de prensa do primeiro ministro do Canadá do tempo, Pierre Trudeau. O pai, John Bennett Perry, era un actor estadounidense e ex-modelo. Os pais divorciáronse antes del facer o ano, e a nai casou de segundas con Keith Morrison, un xornalista de televisión. A Perry criouno a nai en Otava (Ontario) e estudou nas escolas locais Rockcliffe Park (primaria), onde tamén estudou Justin Trudeau, e Ashbury (secundaria). Cando neno gustáballe moito xogar ao tenis e tivo algúns éxitos como deportista infantil.

Década de 1980: estudos e inicios

[editar | editar a fonte]

Perry estudou despois no instituto no Glebe Collegiate en Otava, e comezou a traballar en papeis teatrais, mais aos 15 anos marchou vivir co pai aos Ánxeles. No seu instituto estadounidense, a Escola Buckley de Sherman Oaks, onde remataría o bacharelato en 1987, participou nas súas primeiras producións afeccionadas: fixo de George Gibbs en Our Town e logo saíu facendo dun mozo nunha produción chamada The Miracle Worker. Tamén apareceu en The Sound of Music facendo de mozo. No último ano na escola comezara a ensaiar unha versión teatral deThe Elephant Man, a canda Vanessa Smith e a futura estrela de Les Misérables, Lisa Capps.

Pero ao formar parte do elenco do seu primeiro filme A Night in the Life of Jimmy Reardon, onde tamén estaba River Phoenix, Perry retirouse de The Elephant Man e comezou a súa carreira profesional á idade de 18 anos (1987, se ben o filme estreouse un ano máis tarde, en 1988). Tamén naqueles anos fixo sesións de comedia improvisada.

Aínda que a súa intención era anotarse na Universidade do Sur de California, naquel 1987 ofrecéranlle o papel principal de Chazz Russell na serie Second Chance. Perry protagonizou xunto a Kiel Martin esta serie cando se estreou en 1987, e pasou a ser o protagonista logo de 13 episodios, cando o formato do programa mudou e Second Chance se converteu en Boys Will Be Boys, nome co que durou a serie ata o final da tempada. Perry quedou nos Ánxeles e saíu na serie de televisión Growing Pains (1989), interpretando un mozo que morría no hospital como consecuencia das feridas sufridas nun accidente de automóbil por conducir peneque.

Década de 1990: camiño á popularidade

[editar | editar a fonte]

Perry colleu logo un papel recorrente na serie Sydney da CBS en 1990, unha sitcom onde interpretaba o irmán máis novo da personaxe principal, feita por Valerie Bertinelli. En 1991 fixo unha aparición ocasional nunha serie de adolescentes, Beverly Hills, 90210 (en Galicia coñecida na altura como Sensación de vivir), que naquela altura era unha das principais do mercado mundial, interpretando Roger Azarian.

Dous anos máis tarde logrou un segundo papel protagonista, na serie da ABC Home Free, que só durou 11 episodios na primavera de 1993. Para daquela, Perry estaba a probar para o piloto de Six of One, que acabaría sendo coñecido como Friends, creada por Marta Kauffman e David Crane. Matthew conseguiu o papel de Chandler Bing, que foi o que marcou a súa carreira. Friends foi unha das series de televisión máis importantes do mundo na década dos 90, e durou dez tempadas, de 1994 a 2004. De feito, chegaron a pagarlle 1 millón de dólares por episodio en 2002[1].

O programa foi todo un éxito, e valeulle unha candidatura nos Premios Emmy en 2002 como Mellor actor protagonista nunha serie cómica, xunto con Matt LeBlanc. Ademais da súa exitosa carreira en televisión con Friends, Matthew simultaneaba traballos en filmes como Fools Rush In (xunto ao pai John Bennett Perry e a Salma Hayek), Almost Heroes, Three to Tango, The Whole Nine Yards (xunto a Bruce Willis) e a secuela, The Whole Ten Yards, e mais Serving Sara.

Consolidación

[editar | editar a fonte]

Logo do éxito de Friends, Perry encadeou importantes aparicións en televisión e en cinema. En 1997 tivo un accidente de esquí acuático, e o médico receitoulle un tratamento prolongado de analxésicos: o seu consumo levouno a estadías de desintoxicación. Tamén daquela época de éxito mencionara o seu consumo de alcol (unha botella de vodca ao día[2]).

Pero o éxito profesional acompañábao: as súas tres aparicións na popularísima serie de Aaron Sorkin, The West Wing (dúas veces na cuarta tempada e unha vez na quinta), facendo de axudante presidencial, valéronlle dúas candidaturas aos Premios Emmy ao mellor actor secundario nunha serie dramática en 2003 e 2004. Tamén actuou como o avogado Todd Merrick en dous episodios preto do final da 5ª tempada de Ally McBeal, incluíndo un especial de dúas horas.

Tamén naquel tempo, Perry debutou como director nun episodio da 4ª tempada de Scrubs, dirixindo o propio pai. A partir dese momento a súa carreira comezará a pivotar tamén sobre a dirección e a produción.

En 2006 protagonizou a película para televisión (TNT) The Ron Clark Story, que se estreou o 13 de agosto de 2006. Perry facía de Ron Clark, un profesor de instituto nunha vila grande. Pola interpretación neste filme recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro, así como unha candidatura ao Emmy pola interpretación.

Tamén entre os anos 2006-2007, Perry tamén tivo un papel destacado (coprotagonista) noutra serie de Aaron Sorkin, Studio 60 on the Sunset Strip .[3]

A partir de Studio 60 on the Sunset Strip, a carreira de Perry comezou a minguar. En 2006 filmou Numb, unha comedia dramática sobre un escritor cun trastorno de despersonalización. A data de estrea do filme foise adiando e adiando, e finalmente saíu directamente en DVD o 13 de maio de 2008 sen pasar polas grandes pantallas.

Tamén interveu na montaxe teatral de Sexual Perversity in Chicago[4] de David Mamet, en Londres. En 2008 coproduciu, escribiu e protagonizou un piloto dunha comedia negra, The End of Steve, que non pasou de aí,[5] e ao ano seguinte o filme 17 Again.[6]

Perry escribiu en 2011 un novo piloto, Mr. Sunshine, e mercoullo a ABC.[7][8] Nesa serie, onde Perry ademais era o protagonista, facía dun home con crise de idade; a serie porén cancelouse logo de 9 episodios.[9][10]

Ao ano seguinte, en 2012, protagonizou a serie Go On, escrita e producida por Scott Silveri[11], quen tamén escribira e producira Friends. Nesta serie, Perry facía de Ryan King, un presentador deportivo que trataba de saír adiante na vida e acudía a sesións de terapia. A serie comezou a botarse en setembro de 2012[12] na NBC, aprobáronlle a tempada completa inicial (22 episodios), mais despois abandonouse e nunca chegou haber segunda tempada.[13]

En 2012, Perry participou como estrela convidada nun episodio de The Good Wife, facendo do fiscal Mike Kresteva; retomou o papel na cuarta temporada (2013)[14] e regresou a el na secuela de 2017 para a CBS, The Good Fight.

Perry in 2007

En 2014, fixo The Dog Thrower, unha comedia televisiva dun único programa.[15] Ao ano seguinte comezou o que acabaría por ser o seu derradeiro éxito: produtor, guionista e produtor executivo dunha reedición de The Odd Couple, que estivo en emisión tres tempadas, ata 2017. Tamén nese último ano Perry fixo de Ted Kennedy na mini-serie The Kennedys: After Camelot.[16][17]

No teatro representou en Londres a súa propia peza teatral The End of Longing, que se estreou no Playhouse Theatre o 11 de febreiro de 2016. Ao ano seguinte foi ao Off-Broadway, onde só durou un mes e onde recibiu malas críticas.[18]

Naquela altura, en 2018, Business Insider dicía que Perry había ter un patrimonio duns 80 millóns de dólares.[19]

Os últimos anos da súa carreira foron discretos e centráronse na publicación dun libro de memorias, Friends, Lovers, and the Big Terrible Thing. Foi un supervendas segundo as listaxes de Amazon e do New York Times.[20][21]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A pesar de ter relacións con actrices tan coñecidas como Julia Roberts (1995-96), Yasmine Bleeth (1995), Lizzy Caplan (2006-12) ou Lauren Graham, Perry estivo solteiro toda a vida.[22]

En 1997 pasou o seu primeiro período de desintoxicación por adicción aos analxésicos (o produto era o Vicodin, que non se comercializa en Galicia, e que é paracetamol/hidrocodona).[23] Catro anos máis tarde, en 2001, sóubose tamén que fixera outro tratamento de desintoxicación de Vicodina, metadona, speed e alcol. En total, chegou a someterse a tratamentos de desintoxicación en 15 ocasións. En 2018, e como consecuencia do seu consumo de opiáceos, sufriu unha perforación de colon que houbo de matalo, que o tivo dous meses en coma, e que lle deixou unha bolsa de colostomía durante nove meses. En total na súa vida chegou a recibir 14 operacións gástricas, que el afirmou estaren relacionadas co consumo de substancias. Ao longo da súa traxectoria profesional tivo importantes oscilacións de peso, relacionadas coa mesma causa.

A partir de 2011, e sen abandonar o consumo, comezou a súa implicación en campañas a prol de centros de reclusión para persoas que consomen drogas, en substitución de prisións. Tamén dotou e abriu a Perry House, un centro de desintoxicación en Malibú, nunha antiga mansión da súa propiedade.

O 29 de outubro de 2023 apareceu afogado no jacuzzi da casa que tiña en Pacific Palisades, un distrito costeiro ao norte da cidade dos Ánxeles.

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Comentarios
1988 Dance 'Til Dawn Roger
1997 Fools Rush In Alex Whitman
1998 Almost Heroes Leslie Edwards
1999 Tango para tres Oscar Novak
2000 The Whole Nine Yards Nicholas 'Oz' Oseransky
2002 Serving Sara Joe Tyler
2004 The Whole Ten Yards Nicholas 'Oz' Oseransky junto con Bruce Willis
2006 The Ron Clark Story Ron Clark telefilme
2008 Numb Hudson posprodución
2008 The Beginning of Wisdom Del posprodución
2008 Birds of America Morrie posprodución
2009 17 Again Mike O' Donnell (adulto)
2010 Lovers Kristoph (Astrid´s Lover)

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Comentarios
1991 Beverly Hills, 90210 Roger Azarian Episodio 18, 1ª temrada: "April Is the Cruelest Month"
1994 - 2004 Friends Chandler Bing Protagonista
2001 The Simpsons Matthew Perry Voz Episodio 1, 13ª tempada: "Treehouse of Horror XII"
2002 Ally McBeal Attorney Todd Merrick Episodios 16 e 17 da 5 tempada
2003 The West Wing Joe Quincy 3 episodios
2004 Scrubs Murray Marks Convidado en "My Unicorn" episodio 4, tempada 11 e tamén director
2006 - 2007 Studio 60 on the Sunset Strip Matt Albey Protagonista
2009 - presente The End of Steve Steve Protagonista, dirección e produción
2010 - presente Mr. Sunshine Ben Protagonista e Co-creador
  1. Pomarico, Nicole. "How much the cast of 'Friends' is estimated to be worth today". Business Insider (en inglés). Consultado o 2023-10-29. 
  2. Mazoor, Sarfraz. "Matthew Perry: «Mi vida era un infierno» - XL Semanal". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-10-29. 
  3. Schneider, Michael (2006-01-27). "Sorkin skein finds a friend". Variety (en inglés). Consultado o 2023-10-29. 
  4. Smith, Neil (15/5/2003). "Perry debuts in tame Perversity". Consultado o 10/9/2007. 
  5. Frankel, Daniel. "Showtime picks up 'End of Steve'". Variety. Consultado o April 17, 2020. 
  6. "Matthew Perry says 17 Again co-star Zac Efron declined opportunity to play him again". The Independent (en inglés). November 5, 2022. Arquivado dende o orixinal o November 15, 2022. Consultado o October 29, 2023. 
  7. Bryant, Adam. "Matthew Perry Comedy Lands at ABC". TV Guide. Arquivado dende o orixinal o December 15, 2013. Consultado o July 5, 2017. 
  8. "Matthew Perry: ABC officially greenlit my pilot". Arquivado dende o orixinal o March 8, 2021. Consultado o September 26, 2010 – vía Twitter. 
  9. "Updated: 'V' Cancelled; 'Brothers & Sisters', 'Mr. Sunshine', 'Detroit 187', 'Off The Map', 'No Ordinary Family' Cancelled Too". TV By The Numbers. May 13, 2011. Arquivado dende o orixinal o May 16, 2011. Consultado o December 24, 2011. 
  10. "Matthew Perry's new show Mr Sunshine gets panned". The Week. February 9, 2011. Arquivado dende o orixinal o June 26, 2019. Consultado o January 7, 2019. 
  11. Ausiello, Michael (March 1, 2012). "Scoop: Matthew Perry Returning to NBC as Star of Comedy Pilot Go On". TVLine. Arquivado dende o orixinal o August 7, 2012. Consultado o August 11, 2012. 
  12. "NBC Fall 2012 Premiere Dates: 'Go On' Premieres Early, 'Community' Returns In October". HuffPost. June 14, 2012. Arquivado dende o orixinal o June 15, 2012. Consultado o June 14, 2012. 
  13. Kondolojy, Amanda (May 10, 2013). "'Go On' Canceled by NBC After One Season". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o June 6, 2013. Consultado o October 29, 2023. 
  14. Andreeva, Nellie (November 10, 2012). "Matthew Perry Returning To 'The Good Wife'". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o June 8, 2014. Consultado o July 5, 2017. 
  15. "Former Friends star Matthew Perry to make UK TV debut". BBC News. Arquivado dende o orixinal o January 3, 2018. Consultado o July 5, 2017. 
  16. "Matthew Perry Cast as Ted Kennedy in Reelz Miniseries". TV Guide. March 15, 2016. Arquivado dende o orixinal o May 15, 2021. Consultado o November 20, 2019. 
  17. "EXCLUSIVE: Katie Holmes Admits to Co-Star Matthew Perry That She Was a 'Huge' 'Friends' Fan". Entertainment Tonight. March 16, 2017. Arquivado dende o orixinal o February 26, 2021. Consultado o December 7, 2019. 
  18. Green, Jesse (June 5, 2017). "Review: In Matthew Perry's First Play, a Chandler Gone to Seed". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o November 12, 2020. Consultado o October 29, 2023. 
  19. Pomarico, Nicole. "How much the cast of 'Friends' is estimated to be worth today". Business Insider. Arquivado dende o orixinal o April 14, 2019. Consultado o February 10, 2019. 
  20. "Matthew Perry Memoir Hits No. 1 on Amazon Charts Four Days After Release". finance.yahoo.com. November 2022. Arquivado dende o orixinal o November 11, 2022. Consultado o November 11, 2022. 
  21. Hardy, Liberty (September 9, 2022). "30 of the Buzziest, Best Fall Books 2022 Has To Offer" (en inglés). BOOK RIOT. Arquivado dende o orixinal o September 28, 2022. Consultado o September 28, 2022. 
  22. "Matthew Perry: How do you feel about being single?" 2009-05-18 Retrieved 2010-03-01
  23. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]