Terapia
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tratamento.
En medicina, terapia,[1] ou tratamento,[2] [3] é o conxunto de medios de calquera clase (hixiénicos, farmacolóxicos, cirúrxicos ou físicos) cuxa finalidade é a curación ou o alivio (paliación) das enfermidades ou os síntomas delas.
Non se debe confundir con terapéutica,[4] [5] que é a rama das ciencias da saúde que se ocupa dos medios empregados e a súa forma de aplicalos no tratamento das enfermidades.[6]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo terapia é a adaptación galega do latín científico therapia, voz introducida en 1846, que procede do grego antigo θεραπεία therapeía, "servizo", "coidado do corpo", "tratamento médico".[7]
Tipos de tratamentos
[editar | editar a fonte]- Balneoterapia
- Cirurxía ou tratamento cirúrxico
- Dieta
- Farmacoterapia ou tratamento con medicamentos
- Fisioterapia
- Hidroterapia
- Logopedia
- Musicoterapia
- Ortopedia
- Próteses
- Psicoterapia
- Quimioterapia
- Radioterapia
- Rehabilitación ou tratamento rehabilitador.
- Repouso domiciliario
- Soroterapia
- Terapia de quelación
- Terapia ocupacional
- Zooterapia
Formas de aplicar os tratamentos
[editar | editar a fonte]- Terapia individual, é a aplicada a un só paciente.
- Terapia de grupo, é aplicada a varios pacientes á vez.
- Tratamento alternativo, é o prescrito por unha persoa, xeralmente sen formación médica homologada, e sen demostración científica da súa eficacia.
- Tratamento conservador, é o que evita procedementos cruentos, como os cirúrxicos ou instrumentais, e que utiliza medidas pouco agresivas tendentes a manter ou mellorar a situación xeral do enfermo e a controlar no posíbel o curso da enfermidade.
- Tratamento curativo, é o que tras ser aplicado se consegue unha reversión total da enfermidade.
- Tratamento específico, é o dirixido contra unha enfermidade concreta.
- Tratamento etiolóxico, é o que actúa directamente sobre a causa que orixina a enfermidade.
- Tratamento paliativo, é o que intenta aliviar ou ofrecer o máximo benestar ao paciente porque non se pode alcanzar un tratamento curativo.
- Tratamiento radical, é o que intenta erradicar a enfermidade utilizando todas as medidas dispoñíbeis en medicina.
- Tratamento sintomático, é o que calma ou alivia os síntomas naquelas enfermidades que se descoñecen ou que non teñen un tratamento eficaz.
- Tratamiento non farmacolóxico, é a intervención non química, teoricamente sustentada, focalizada e replicábel, realizada sobre o paciente ou o coidador e potencialmente capaz de obter un beneficio relevante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ terapia no Dicionario da RAG.
- ↑ tratamento no Dicionario da RAG.
- ↑ tratamento no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
- ↑ trerapéutica no Dicionario da RAG.
- ↑ terapéutica no Dicionario galego de termos médicos.
- ↑ Porén, o Dicionario galego de termos médicos considera como sinónimos "terapéutica", "tratamento" e "terapia". Cf. estes tres termos nese dicionario.
- ↑ therapy no Online Etymology Dictionary,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terapia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2006): Guía de prescripción terapéutica. Barcelona: Pharma. ISBN 84-95993-11-2.
- Brunton, L. L.; Lazo, J. S, & Parker, K. L., editores (2007): Goodman and Gilman. Las bases farmacológicas de la terapéutica, 11ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 978-970-10-5739-1.
- Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2007): Formulario nacional, 1ª ed. Madrid: Editorial Díaz de Santos, S. A. ISBN 978-84-7978-813-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información Terapéutica del Sistema Nacional de Salud
- "Capítulo nueve del libro de medicina dedicado a Mansur, con el comentario de Sillanus de Nigris" É un libro traducido ao latín en 1483, escrito polo sabio persa Al-Razí, que é coñecido polo seu capítulo noveno, que trata aproximadamente da terapéutica.