Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mecánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revista Science and Mechanics da década de 1930, dedicada á tecnoloxía e ciencia ficción. Da mesma época era a revista Popular Mechanics.

A mecánica[1] é a ciencia que estuda a posición que teñen os corpos, incluíndo as súas variacións, causas, aplicacións, a maneira como se produce o movemento, as súas propiedades etc.[2]

É unha parte fundamental da Física, e subdivídese en varias ramas segundo o criterio utilizado.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra mecánica deriva do grego μηχανική (mēkhanikē), que significa "relativo a un enxeño". Este termo compónse de μηχανή (mēkhanē), que se traduce como "dispositivo" ou "ferramenta", e é unha variante dórica da palabra ática μηχανή. Deriva da raíz protoindoeuropea *magh-, que significa "poder" ou "ter poder", da que derivan outras palabras relacionadas, como máquina, mecano, mecanismo, mecanografía, mecatrónica ou maquillaxe.[3]

O adxectivo mēkhanikos, indicando algo "relacionado con máquinas", entrou no latín como mechanicus.[4]

Muller mecánica, reparando un automóbil.

Ao longo dos séculos, mecánico tamén adquiriu o significado de "operario que se ocupa da fabricación ou reparación de maquinaria", sendo o seu uso máis común desde finais do século XIX co auxe do automóbil.[5]

Subdivisións da mecánica

[editar | editar a fonte]
De arriba a abaixo: Niels Bohr, Premio Nobel 1922 por investigacións sobre a estrutura dos átomos. Albert Einstein, Nobel 1921, por explicar o efecto fotoeléctrico. Paul Dirac, coñecido pola ecuación de Dirac e Nobel 1933. Werner Heisenberg, formulou o principio de incerteza, Nobel 1932. Erwin Schrödinger, desenvolveu a ecuación de onda, Nobel 1933. Wolfgang Pauli, principio de exclusión, Nobel 1945. Max Born, interpretación probabilística da mecánica cuántica, Nobel 1954. Louis de Broglie, teoría da onda de materia, Nobel 1929. Richard Feynman, electrodinámica cuántica, Nobel 1965. Enrico Fermi, físico italiano, pioneiro en reaccións nucleares, Premio Nobel de 1938.

Segundo as magnitudes implicadas

[editar | editar a fonte]

Segundo o campo xeral de estudo

[editar | editar a fonte]

Segundo campos particulares

[editar | editar a fonte]

Segundo as ferramentas usadas

[editar | editar a fonte]
  • Mecánica estatística: Aplica métodos estatísticos para estudar sistemas compostos por un gran número de partículas.
  • Mecánica lagranxiana: Baseada no principio de mínima acción, usa coordenadas xeneralizadas para describir o movemento.
  • Mecánica hamiltoniana: Reformulación da mecánica clásica que utiliza funcións de enerxía (Hamiltonianas) para describir a evolución dos sistemas físicos.

Tendo en conta que moitas destas subdivisións poden solaparse entre si.

  1. "mecánica". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-07-28. 
  2. "mecánica". Dicionario da Real Academia Galega (DRAG). Consultado o 2024-07-28. 
  3. "MECÁNICA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-07-28. 
  4. En lingua latina mechanìca (sc. mechanìca ars) 'arte de construír unha máquina'. O sufixo -icus en latín é equivalente ao grego -ikos (relativo a), utilizado en palabras que denotan pertenza ou relación, tal como ocorre tamén en básico, clínico e epistémico.
  5. "mechanic". www.etymonline.com (en inglés e castelán). Consultado o 2024-07-28. 
  6. "cinemática". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-07-28. 
  7. "dinámica". DRAG. Consultado o 2024-07-28. 
  8. "Tópicos de mecánica clasica" (PDF). ifi.unicamp.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2024. 
  9. "Mecánica clássica" (PDF). web.archive.org ; lsanz.prof.ufu.br; Alessandro Villar (en portugués). Archived from the original on 17 de outubro de 2022. Consultado o 28 de xullo de 2024. 
  10. "Quantum Behavior". feynmanlectures.caltech.edu (en inglés). 
  11. Valencia, G. (1992). "Anomalouos gauge-boson couplings at hadron supercolliders". AIP Conference Proceedings (AIP). doi:10.1063/1.43410. 
  12. Landau, L.D.; Lifshitz E.M. (1991). «VI». En Reverté, ed. Mecánica (2ª edición). Barcelona. pp. 115-157. ISBN 84-291-4080-6.
  13. "Objectivity in classical continuum mechanics: Motions, Eulerian and Lagrangian functions; Deformation gradient; Lie derivatives; Velocity-addition formula, Coriolis; Objectivity" por Gilles Leborgne, 7 de abril de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.