Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Premio Nobel de Física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Nobel de Física
Tipopremio de física e premio científico
Data de fundación1901
Nomeado en referencia aAlfred Nobel
PaísSuecia
Na rede
http://nobelprize.org/
editar datos en Wikidata ]
A 1ª Conferencia de Solvay, en 1911, na que participaron 9 laureados co Nobel de Física. Sentados, de esquerda a dereita: W. Nernst, M. Brillouin, E. Solvay, H. Lorentz (presidente da conferencia), E. Warburg, J. Perrin, W. Wien, M. Curie e H. Poincaré. De pé, de esquerda a dereita: R. Goldschmidt, M. Planck, H. Rubens, A. Sommerfeld, F. Lindemann, M. de Broglie, M. Knudsen, F. Hasenöhrl, G. Hostelet, E. Herzen, J.H. Jeans, E. Rutherford, H. Kamerlingh Onnes, A. Einstein e P. Langevin.

O Premio Nobel de Física (en sueco: Nobelpriset i fysik), é un dos cinco Premios Nobel que outorga a Real Academia das Ciencias de Suecia, en Estocolmo, xunto cos Premio Nobel de Química, o Premio Nobel de Literatura, o Premio Nobel da Paz e mailo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[1] Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado pola Fundación Nobel.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Alfred Nobel, na súa última vontade e testamento, afirmou que a súa riqueza debería ser utilizada para crear unha serie de premios para aqueles que lle confiran o "maior beneficio á humanidade" nos campos da física, a química, a paz, a fisioloxía ou a medicina e a literatura.[2] Aínda que Nobel escribiu varios testamentos durante a súa vida, o derradeiro foi escrito un ano antes de morrer e asinouse no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895.[3] Nobel legou o 94% dos seus activos totais, 31 millóns de coroas suecas (2,9 millóns de dólares, ou 2,7 millóns de euros en 2023), para establecer e dotar os cinco premios Nobel.[4] Debido ao nivel de escepticismo ao redor do testamento, non foi ata o 26 de abril de 1897 cando foi aprobado polo Storting (Parlamento noruegués).

Os executores do seu testamento foron Ragnar Sohlman e Rudolf Lilljequist, quen formaron a Fundación Nobel para coidar a fortuna de Nobel e organizar os premios. Conforme ás indicacións no testamento, o premio é administrado pola Fundación Nobel e outorgado por un comitê que consiste de cinco membros eleitos pola Academia Real.

Os membros do Comité Nobel noruegués que debían outorgar o Premio da Paz foron nomeados pouco despois de aprobarse o testamento. As outras organizacións que concederon premios seguiron: Karolinska Institutet o 7 de xuño, a Academia Sueca o 9 de xuño e a Real Academia Sueca de Ciencias o 11 de xuño. A Fundación Nobel estableceu entón pautas para a concesión dos premios. En 1900, os estatutos recentemente creados da Fundación Nobel foron promulgados polo rei Óscar II. Segundo o testamento de Nobel, a Real Academia Sueca de Ciencias concede o Premio de Física.

Características

[editar | editar a fonte]

De gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento, é un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia «(...) á persoa que realizase o descubrimento ou invención máis importante dentro do campo da física».[5] Porén, a cerimonia onde se entregan oficialmente, polo rei de Suecia, a medalla e o diploma da fundación e un certificado para o premio monetario celébrase o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.[6] Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).[7]

Estatísticas (até 2024)

[editar | editar a fonte]

Desde 1901, outorgáronse en 118 ocasións, quedando sen outorgar, por diferentes razóns, en 1916, 1931, 1934, 1940, 1941 e 1942[8] polo que os cartos se engadiron aos fondos da Fundación. Os estatutos indican que non se pode entregar a máis de 3 persoas, polo que, entre 1901 e 2024, hai 47 premios de física outorgados a unha soa persoa; en 33 ocasións se compartiron entre 2 galardoados e en 38 ocasións se compartiron entre 3; cun total de 226 persoas galardoadas en total.[8]

Das 226 persoas galardoadas, só 5 foron mulleres: Marie Curie en 1903, Maria Goeppert Mayer en 1963, Donna Strickland en 2018, Andrea Ghez en 2020 e Anne L’Huillier en 2023;[9] e, soamente, unha persoa o recibiu en 2 ocasións, John Bardeen, en 1956 e 1972.

O máis novo en recibilo foi William Lawrence Bragg, que o recibiu en 1905, cando tiña 25 anos, e o máis vello foi Arturo Ashkin, que o recibiu en 2018, cando tiña 96 anos.[8]

Familiares galardoados

[editar | editar a fonte]

O único matrimonio galardoado foi o de Marie Curie e Pierre Curie en 1903. En troques, hai 4 casos de pais e fillos: Sir William Henry Bragg xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, o recibiron xuntos en 1915; Niels Henrik David Bohr en 1922 e seu fillo Aage Niels Bohr no 1975; Karl Manne Georg Siegbahn en 1924 e seu fillo Kai M. Siegbahn en 1981 e Joseph John Thomson en 1906 mailo seu fillo George Paget Thomson en 1937.[8]

Premiados

[editar | editar a fonte]
Data Laureados Foto Nacionalidade Traballos recompensados
1901 Wilhelm Conrad Röntgen
 Imperio Alemán Descuberta dos raios X
1902 Hendrik A. Lorentz
Países Baixos Países Baixos Polos seus estudos sobre a influencia do magnetismo na radiación, en especial pola descuberta da polarización das liñas espectrais dunha fonte luminosa debida a un campo magnético (Efecto Zeeman).
Pieter Zeeman
1903 Antoine Henri Becquerel
Francia Descuberta da radioactividade e isolamento de dous elementos radioactivos: o radio e o polonio.
Pierre Curie
Marie Curie
1904 Lord John William Strutt
Inglaterra Inglaterra Descuberta do argon.
1905 Philipp Lenard
 Imperio Alemán Polo seu traballo sobre os raios catódicos.
1906 Sir Joseph John Thomson
Inglaterra Inglaterra Pescudas sobre a condución do gas. Primeiro modelo atómico.
1907 Albert Abraham Michelson
Estados Unidos de América Estados Unidos Desenvolvemento de diversos instrumentos ópticos de precisión e investigacóns desenvolvidas con estes instrumentos nos campos da espectroscopía e meteoroloxía.
1908 Gabriel Lippmann
Francia Polo seu método de reproducir fotografías en cor baseado nos fenómenos de interferencia luminosa.
1909 Guglielmo Marconi
 Italia Invención da telegrafía sen fíos por ondas hertzianas e do osciloscopio catódico (tubo de Braun)
Karl Ferdinand Braun
 Imperio Alemán
1910 Johannes Diderik van der Waals
Países Baixos Países Baixos Ecuación de estado para gases e líquidos (lei de Van der Waals)
1911 Wilhelm Wien
 Imperio Alemán Descubrimento sobre as leis da radiación da calor
1912 Gustaf Dalén
Suecia Suecia Invención do regulamento automático para a chama das farolas e dos faros.
1913 Heike Kamerlingh Onnes
Países Baixos Países Baixos Pola súa investigación das propiedades da materia a baixas temperaturas.
1914 Max von Laue
 Imperio Alemán Polo seu descubrimento da difracción dos raios X polo cristais.
1915 William Henry Bragg
Inglaterra Inglaterra Fundamentos da radiocristalografía moderna.
William Lawrence Bragg
1916 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1917 Charles Glover Barkla
Inglaterra Inglaterra Propagación das ondas de radio e os raios X.
1918 Max Planck
 Alemaña Polo seu descubrimento dos cuantos de enerxía.
1919 Johannes Stark
 Alemaña O efecto Stark: descomposición dos raios espectrais por un campo eléctrico.
1920 Charles Edouard Guillaume
Suíza Suíza Pola mellora da precisión das medidas en Física debido ó descubrimento de anomalías nas aliaxes níquel-aceiro.
1921 Albert Einstein
 Alemaña Polo impulso ó avance da física teórica, en particular pola lei do efecto fotoeléctrico.
1922 Niels Bohr
Dinamarca Dinamarca Pola investigación da estrutura do átomo e a radiación emanada deles (mellora teórica do modelo de Rutherford).
1923 Robert Andrews Millikan
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola medida da carga eléctrica elemental do electrón.
1924 Karl Manne Georg Siegbahn
Suecia Suecia Polo seu traballo no campo da espectroscopía dos raios X.
1925 James Franck
Gustav Ludwig Hertz
 Alemaña Polo descubrimento das leis que regulan o impacto do electrón sobre o átomo.
1926 Jean Baptiste Perrin
Francia Polo traballo sobre a estrutura descontinua da materia.
1927 Arthur Holly Compton
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento do efecto Compton.
Charles Thomson Rees Wilson
Escocia Escocia Polo seu método de visualización de camiños seguidos polas partículas eléctricas (cámara de Wilson).
1928 Sir Owen Willans Richardson
Inglaterra Inglaterra "...polo seu traballo sobre o efecto termoiónico e, sobre todo, polo descubrimento da lei que leva o seu nome".[10]
1929 Louis de Broglie
Francia Polo seu descubrimento da natureza ondulatoria do electrón,
1930 Sir Chandrasekhara Venkata Raman
India India Polo seu traballo sobre a dispersión da luz (efecto Raman).
1931 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1932 Werner Heisenberg
 Alemaña Pola creación da mecánica cuántica.
1933 Paul Adrien Maurice Dirac
Inglaterra Inglaterra
Polo descubrimento de novas formas na teoría atómica.
Erwin Schrödinger[11]
Austria Austria
1934 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1935 James Chadwick
Inglaterra Inglaterra Descuberta do neutrón.
1936 Carl David Anderson
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento do positrón.
Victor Franz Hess
Austria Austria Polo seu descubrimento da radiación cósmica.
1937 Clinton Joseph Davisson
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola descuberta experimental da difracción dos electróns polos cristais.
Sir George Paget Thomson
Inglaterra Inglaterra
1938 Enrico Fermi
 Italia Pola súa demostración da existencia de novos elementos radioactivos producidos por irradación de neutróns e o descubrimento relacionado das reaccións nucleares por neutróns lentos.
1939 Ernest Lawrence
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola invención, desenvolvemento e resultados do ciclotrón.
1940 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1941 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1942 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1943 Otto Stern
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento do momento magnético do protón e o método do raio molecular.
1944 Isidor Isaac Rabi
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo método de resonancia en relación coas propiedades magnéticas do núcleo atómico.
1945 Wolfgang Ernst Pauli
Austria Austria "polo descubrimento do Principio de Exclusión, tamén chamado Principio de Pauli".[12]
1946 Percy Williams Bridgman
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola invención dun aparello para producir moi altas presións.
1947 Edward Victor Appleton
Inglaterra Inglaterra Polas súas investigacións sobre a alta atmosfera, en particular, polo descubrimento da capa Appleton.
1948 Patrick Maynard Stuart Blackett
Inglaterra Inglaterra Polo desenvolvemento do método da cámara de néboa de Wilson, e os descubrimentos subsecuentes na física nuclear e a radiación cósmica.
1949 Hideki Yukawa (湯川 秀樹)
Xapón Polo descubrimento dos mesóns en base ó traballo teórico sobre as forzas nucleares.
1950 Cecil Frank Powell
Inglaterra Inglaterra Polo desenvolvemento do método fotográfico para o estudo dos procesos nucleares e a súa aplicación ó estudo dos mesóns.
1951 Sir John Cockcroft
Inglaterra Inglaterra Polo seu traballo sobre a transmutación de núcleos atómicos producido por partículas atómicas aceleradas artificialmente.
Ernest Walton
Irlanda Irlanda
1952 Felix Bloch
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo desenvolvemento de novos métodos de medidas magnéticas de precisión.
Edward Mills Purcell
1953 Frits Zernike
Países Baixos Países Baixos Polo método de contraste de fase a a súa aplicacion ó microscopio de contraste de fase.
1954 Max Born
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Pola súa investigación fundamental en mecánica cuántica, e en particular, pola súa interpretación estatística da función de onda.
Walther Wilhelm Georg Bothe
Polo método de coincidencia.
1955 Willis Eugene Lamb
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos descubrimentos relacionados coa estrutura fina do espectro do hidróxeno.
Polykarp Kusch
Pola determinación precisa do momento magnético do electrón.
1956 William Bradford Shockley
Estados Unidos de América Estados Unidos Polas súas investigacións sobre semicondutores e o efecto transistor.
Walter Houser Brattain
John Bardeen
1957 Chen Ning Yang (楊振寧)
China Pola súa profunda investigación das leis de paridade.
Tsung-Dao Lee (李政道)
1958 Pavel Tcherenkov (Павел Черенков)
 URSS Polo descubrimento e interpretación do efecto Tcherenkov.
Ilia Frank (Илья Франк)
Igor Tamm (Игорь Тамм)
1959 Emilio Gino Segrè
Estados Unidos de América Estados UnidosItalia Italia Descuberta do antiprotón
Owen Chamberlain
Estados Unidos de América Estados Unidos
1960 Donald Arthur Glaser
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola invención da cámara de burbullas.
1961 Robert Hofstadter
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polos seus estudos pioneiros na dispersión do electrón no núcleo atómico e os seus descubrimentos na estrutura dos nucleóns
Rudolf Ludwig Mössbauer
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Polos seus estudos sobre a absorción resonante da radiación gamma e o efecto Mössbauer.
1962 Lev Davidovich Landau (Лев Давидович Ландау)
 URSS Polas súas teorías para a materia condensada, especialmente, helio líquido.
1963 Eugene Paul Wigner
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa contribución á teoría do núcleo atómico e partículas elementais, particularmente polo descubrimento e aplicación de principios de simetría.
Maria Goeppert-Mayer[13]
Hans Daniel Jensen
Polos seus descubrimentos sobre a superficie nuclear.
Charles Townes
Nikolai Basov (Николай Геннадиевич Басов)
Alexandre Prokhorov (Александр Михайлович Прохоров)
Estados Unidos de América Estados Unidos
 URSS

 URSS
Polo seu traballo no campo da electrónica cuántica, que levou á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e láser.
1965 Julian Schwinger
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo seu traballo en electrodinámica cuántica.
Richard P. Feynman
Sin-Itiro Tomonaga (朝永 振一郎)
Xapón
1966 Alfred Kastler
Francia Polo desenvolvemento de métodos ópticos para o estudo das resonancias hertzianas nos átomos.
1967 Hans Bethe
Estados Unidos de América Estados Unidos Polas súas contribuciónas á teoría das reaccións nucleares, en particular no relacionado coa enerxía das estrelas.
1968 Luis Walter Álvarez
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa decisiva contribución á física das partículas elementais, en particula o descubrimento dun gran número de estados de resonancia.
1969 Murray Gell-Mann
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola contribución á clasificación das partículas elementais e as súas interaccións.
1970 Hannes Alfvén
Suecia Suecia Polos seus descubrimentos en magnetohidrodinámica e a aplicación de física do plasma.
Louis Eugène Félix Néel
Francia
1971 Dennis Gabor
Hungría Hungría Pola invención e desenvolvemento do método holográfico.
1972 John Bardeen Estados Unidos de América Estados Unidos Pola teoría da supercondutividade (Teoría BCS)
Leon Cooper
John Robert Schrieffer
1973 Leo Esaki (江崎 玲於奈)
Ivar Giaever
Brian David Josephson
Xapón
Estados Unidos de América Estados Unidos
Gales Gales
Polo estudo do efecto túnel en semicondutores.

Polo estudo do efecto túnel en supercondutores.

Pola predición teórica de propiedade dunha supercorrente a traverso dunha barreira túnel, en particular, o efecto Josephson.

1974 Sir Martin Ryle Inglaterra Inglaterra Pola súa investigación en radio astrofísica (técnica de apertura de síntese e descubrimento dos púlsares, respectivamente).
Antony Hewish
1975 James Rainwater
Aage N. Bohr
Ben Roy Mottelson
Estados Unidos de América Estados Unidos
Dinamarca Dinamarca
Dinamarca Dinamarca
Polo estudo e descubrimento da relación entre movemento colectivo e movemento particular nos núcleos atómicos, e o desenvolvemento subsecuente da teoría do núcleo atómico.
1976 Burton Richter
Samuel Chao Chung Ting (丁肇中)
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos traballos sobre o descubrimento de partículas elementais pesadas dun novo tipo.
1977 Philip Warren Anderson
Sir Nevill Francis Mott
John Hasbrouck van Vleck
Estados Unidos de América Estados Unidos
Inglaterra Inglaterra
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polo estudo da estrutura electrónica dos sistemas magnéticos desordeados.
1978 Petr Kapitsa (Петр Леонидович Капица)
Arno Allan Penzias
Robert Woodrow Wilson
 URSS
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polas súas invencións e descubrimentos na área da física de baixas temperaturas.

Polo seu descubrimento da radiación de fondo de microondas.

1979 Sheldon Lee Glashow
Abdus Salam
Steven Weinberg
Estados Unidos de América Estados Unidos
Paquistán
Estados Unidos de América Estados Unidos
Pola teoría da campo unificado electrodébil.
1980 James Watson Cronin
Val Logsdon Fitch
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo estudo da violación de principios fundamentais de simetría no decaemento dos mesóns K neutros.
1981 Nicolaas Bloembergen
Arthur Leonard Schawlow
Kai Siegbahn
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Unidos de América Estados Unidos
Suecia Suecia
Polo desenvolvemento da espectroscopía láser Polo desenvolvemento da espectroscopía electrónica de alta resolución.
1982 Kenneth Geddes Wilson Estados Unidos de América Estados Unidos Pola teoría dos fenómenos críticos en relación coas transicións de fase.
1983 Subrahmanyan Chandrasekhar
William A. Fowler
Estados Unidos de América Estados UnidosEstados Unidos de América Estados Unidos Polos estudos teóricos na estrutura e evolución das estrelas.

Pola contribución ó estudo da xénese dos elementos químicos.

1984 Carlo Rubbia
Simon van der Meer
Italia Italia
Países Baixos Países Baixos
Pola contribución á obtención das partículas W e Z, portadoras da forza electrodébil.
1985 Klaus von Klitzing [14]
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Pola descuberta do Efecto Hall cuántico.
1986 Gerd Binnig
Heinrich Rohrer
Ernst August Friedrich Ruska
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
Suíza Suíza
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
Polo deseño do primeiro microscopio electrónico.
1987 Johannes Georg Bednorz
Karl Alexander Müller
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
Suíza Suíza
Polos avances na supercondutividade en materiais metálicos.
1988 Leon Lederman
Melvin Schwartz
Jack Steinberger
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola demostración da estrutura dobre dos leptóns.
1989 Hans Georg Dehmelt
Wolfgang Paul
Norman Foster Ramsey
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental

Estados Unidos de América Estados Unidos

Polo desenvolvemento das bases dos reloxos atómicos.

Polo desenvolvemento da trampa de ións.

1990 Jerome Isaac Friedman
Henry Way Kendall
Richard E. Taylor
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
Por establecer as bases para o modelo de quarks.
1991 Pierre-Gilles de Gennes Francia Pola xeneralización de métodos de estudo a formas

complexas de materia

1992 Georges Charpak Francia Pola invención e desenvolvemento de detectores de partículas.
1993 Russell Alan Hulse
Joseph Hooton Taylor
Estados Unidos de América Estados Unidos Descuberta dun púlsar nun sistema de estrelas binarias.
1994 Bertram N. Brockhouse
Clifford G. Shull
Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estudo da estrutura e das propiedades dos cristais.
1995 Martin Lewis Perl
Frederick Reines
Estados Unidos de América Estados Unidos Descuberta do leptón τ.
Pola detección do neutrino.
1996 Douglas Dean Osheroff
David Morris Lee
Robert Coleman Richardson
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento da superfluideza no Helio-3.
1997 Claude Cohen-Tannoudji
Steven Chu
William Daniel Phillips
Francia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Unidos de América Estados Unidos
Desenvolvemento de métodos para arrefecer e atrapar átomos con luz láser.
1998 Robert B. Laughlin
Horst L. Störmer
Daniel C. Tsui
Estados Unidos de América Estados Unidos
Alemaña Alemaña
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico con excitacións cargadas fraccionais (efecto Hall cuántico).
1999 Gerardus 't Hooft
Martinus J. G. Veltman
Países Baixos Países Baixos Por dilucidar a estrutura cuántica da interacción electrofeble na física de partículas.
2000 Zhores Ivanovich Alferov
Herbert Kroemer
Jack S. Kilby
Belarús Belarús
Alemaña Alemaña
Estados Unidos de América Estados Unidos
Desenvolvemento de heteroestruturas semi-condutoras para a electrónica rápida e a optoelectrónica.
2001 Eric A. Cornell
Wolfgang Ketterle
Carl E. Wieman
Estados Unidos de América Estados Unidos
Alemaña Alemaña
Estados Unidos de América Estados Unidos
Pola realización doa condensado de Bose-Einstein en gases enrarecidos de átomos alcalinos.
2002 Masatoshi Koshiba (小柴 昌俊)
Raymond Davis
Riccardo Giacconi
Xapón
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polas súas contribucións pioneiras á astrofísica, en particular na detección de neutrinos cósmicos (Koshiba e Davis), e a descuberta das fontes astrofísicas de raios X (Giacconi).
2003 Alekséi Alekséyevich Abrikósov (Алексей Алексеевич Абрикосов)
Vitaly L. Ginzburg (Виталий Лазаревич Гинзбур)
Anthony J. Leggett
Rusia Rusia
Rusia Rusia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polas súas contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluídos.
2004 David Gross, H. David Politzer e Frank Wilczek Estados Unidos de América Estados Unidos Polos seus descubrimentos sobre as interaccións dos quarks formulando o concepto de liberdade asintótica en cromodinámica cuántica.
2005 Roy J. Glauber

John L. Hall
Theodor W. Hänsch

Estados Unidos de América Estados UnidosEstados Unidos de América Estados Unidos
Alemaña Alemaña
Roy J. Glauber pola súa contribución á teoría cuántica de coherdanza óptica.
John L. Hall e Theodor W. Hänsch, polas súas

contribucións ó desenvolvemento da espectroscopía de precisión baseada en láser, incluíndo a técnica de frecuencia óptica combinada.

2006 George Fitzgerald Smoot John Cromwell Mather Estados Unidos de América Estados Unidos Pola descuberta da natureza dos corpos negros, da radiación cósmica de fondo e das súas anisotropías.
2007 Albert Fert
Francia Polas simultáneas da magnetorresistencia xigante.
Peter Grünberg
Alemaña Alemaña
2008 Makoto Kobayashi,e Toshihide Maskawa,
e mais Yoichiro Nambu
Xapón
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polo descubrimento da orixe da disimetría que predí cando menos a existencia de tres familias de quarks.
Polo descubrimento dos mecanismos de disimetría espontánea en física subatómica.
2009 Charles K. Kao,
Willard S. Boyle

George E. Smith.

Hong Kong
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polos seus traballos na comunicación óptica e de circuítos semicondutores.
2010 Andre Geim
Rusia Rusia Polos seus traballos no desenvolvemento do grafeno.
Konstantín Novosiólov
2011 Saul Perlmutter, Adam Riess
e Brian Schmidt.
Estados Unidos de América Estados Unidos
Australia Australia
Polo descubrimento da expansión acelerada do universo a través do estudo e observación das supernovas.
2012 Serge Haroche
Francia Pola súa metodoloxía revolucionaria que permitiu medir e manipular os sistemas individuais de quanto.
David Wineland
Estados Unidos de América Estados Unidos
2013 Peter Higgs
Reino Unido Reino Unido Polos seus traballos e concepción do bosón de Higgs.
François Englert
Bélxica Bélxica
2014 Isamu Akasaki
Xapón Pola invención do LED azul, que permite iluminación branca, brillante e de baixo consumo.
Hiroshi Amano
Shuji Nakamura
2015 Takaaki Kajita
Xapón Pola descuberta das oscilacións dos neutrinos, que permiten demostra que os neutrinos teñen masa.
Arthur B. McDonald
Canadá
2016 David J. Thouless
Reino Unido Reino Unido Polos descubrimentos teóricos nas transicións de fase topolóxicas e as fases topolóxicas da materia.
Duncan Haldane
Michael Kosterlitz
2017[15] Rainer Weiss
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola descuberta das ondas gravitacionais.
Kip Thorne
Barry Barish
2018 Arthur Ashkin
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos seus traballos no deseño e creación de ferramentas baseadas en luz.
Gérard Mourou
Francia
Donna Strickland[16]
Canadá
2019 James Peebles (1/2)
Canadá Pola contribución á nosa comprensión da evolución do Universo e do lugar da Terra no cosmos.
Michel Mayor (1/4)
Suíza Suíza
Didier Queloz (1/4)
2020 Roger Penrose (1/2)
Reino Unido Reino Unido Polo descubrimento de que a formación de buratos negros é unha predición robusta da teoría xeral da relatividade.
Polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia.
Reinhard Genzel (1/4)
Alemaña Alemaña
Andrea Ghez (1/4)
Estados Unidos de América Estados Unidos
2021[17] Syukuro Manabe (1/4)
Xapón Pola modelaxe do clima terrestre, a cuantificación da variabilidade e a predición do cambio climático.
Pola descuberta da interacción desordenada e das flutuacións en sistemas físicos.
Klaus Hasselmann (1/4) Alemaña Alemaña
Giorgio Parisi (1/2)[18]
Italia Italia
2022[19] Alain Aspect
Francia "polos seus experimentos con fotóns entrelazados, que establecen a violación das desigualdades de Bell e por ser pioneiros na ciencia da información cuántica"[20]
John Clauser
Estados Unidos de América Estados Unidos
Anton Zeilinger
Austria Austria
2023[21][22][23] Pierre Agostini
Francia Polos seus estudos das dinámicas dos electróns na materia e as súas contribucións á física do attosegundo.
Ferenc Krausz
Hungría Hungría
Anne L'Huillier [24]
Francia
2024[25][26] John Hopfield
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polos súas invencións e descubertas fundamentais para o desenvolvemento da aprendizaxe automática con redes neuronais artificiais.
Geoffrey Hinton
Reino Unido Reino Unido/

Canadá

  1. "The Nobel Prize". nobelprize.org/ (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  2. "Alfred Nobel (1833-1896)". bbc.co.uk (en inglés). 2014. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  3. Sohlman (1983), p. 7
  4. "Full text of Alfred Nobel’s will". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro d 2024. 
  5. "The Nobel Prize in Physics". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  6. "Nobel Prize Award Ceremonies". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  7. O contido da lista de premiados está baseado na información da páxina dos premios Nobel, www.nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Facts on the Nobel Prize in Physics". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  9. "Nobel Prize awarded women". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  10. "The Nobel Prize in Physics 1928". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  11. Freire, Noelia (13 de xaneiro de 2024). "Erwin Schrödinger y su fascinante (aunque poco conocida) faceta filosófica". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  12. "The Nobel Prize in Physics 1945". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  13. País, Ana (21 de marzo de 2021). "Maria Goeppert Mayer, la nobel de Física que explicó los "números mágicos" mientras investigaba sin que le pagaran". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  14. Montero, Tamara (12 de setembro de 2024). "Klaus von Klitzing, premio Nobel de Física: «No invertiría mi dinero en la fusión nuclear»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  15. Forssman, Alec (3 de outubro de 2017). "El Premio Nobel de Física de 2017 a la detección de las ondas gravitacionales". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  16. Freire, Noelia (17 de febreiro de 2024). "Donna Strickland, la primera Nobel de Física del siglo XXI". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  17. Redacción (5 de decembro de 2021). "Nobel de Física 2021 para los sistemas físicos complejos y los estudios del clima". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  18. Barone, Luca Tancredi (12 de outubro de 2021). "Giorgio Parisi, Nobel de Física: “Saber cómo funciona el vuelo de los estorninos puede servir para entender la moda”". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  19. Flores, Javier (6 de outubro de 2022). "Premio Nobel de Física 2022 para los investigadores del entrelazamiento cuántico". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  20. "The Nobel Prize in Physics 2022". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  21. Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  22. Vacas, Constanza; Pereira Carvalho, Tiago (10 de abril de 2024). "Prémio Nobel de Física 2023 vai para Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier". nationalgeographic.pt (en portugués). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  23. Redacción (3 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Física 2023: qué son los pulsos de luz de attosegundos por los que Pierre Agostini, Ferenc Krausz y Anne L'Huillier recibieron el galardón". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  24. Ansede, Manuel (6 de outubro de 2023). "Anne L’Huillier, ganadora del Nobel de Física: “Las personas estamos compuestas básicamente de espacio vacío”". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  25. Redacción (8 de outubro de 2024). "El Nobel de Física, para los científicos que enseñaron a aprender a las máquinas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  26. Criado, Miguel Ángel (8 de outubro de 2024). "Premio Nobel de Física 2024 a John Hopfield y Geoffrey Hinton por poner las bases de la inteligencia artificial". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sohlman, Ragnar (1983). The Legacy of Alfred Nobel: The Story behind the Nobel Prizes (en inglés). Londres: Bodley Head. ISBN 0 370 30990 1. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]