Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Max von Laue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMax von Laue

(1914) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1879 Editar o valor en Wikidata
Koblenz (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Berlín Oeste (Alemaña do Oeste) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAlemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Universidade de Zürich
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Múnic
Universidade de Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Director de teseMax Planck Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, cristalografía, Raios X, teoría da relatividade e supercondutividade Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, cristalógrafo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade de Zürich
Universidade de Frankfurt
Universidade Humboldt de Berlín
Physikalisch-Technische Bundesanstalt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresMax Planck Editar o valor en Wikidata
AlumnosLeó Szilard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFriedrich Beck, Karl-Otto Kiepenheuer (pt) Traducir, Leó Szilard (pt) Traducir, Friedrich Möglich (pt) Traducir, Max Päsler (en) Traducir, Max Kohler (en) Traducir e Karl Otto Kiepenheuer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMagda von Laue Editar o valor en Wikidata
FillosTheodore Hermann Von Laue Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1943-15 de outubro de 1945Operação Alsos (pt) Traducir
Operation Epsilon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Frankfurter Personenlexikon (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8833691 WikiTree: Laue-19 Find a Grave: 163137058 Editar o valor en Wikidata

Max von Laue, nado en Pfaffendorf (hoxe parte de Coblenza), Alemaña, o 9 de outubro de 1879 e finado en Berlín o 24 de abril de 1960, foi un físico alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1914.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Estrasburgo, Gotinga e Múnic, sendo discípulo de Max Planck. Posteriormente, a partir de 1912 foi profesor de física na Universidade de Zürich e entre 1919 e 1943 director de física teórica na Universidade de Berlín. Tras a súa xubilación en 1943 recibiu o nomeamento de profesor honorario na Universidade de Gotinga.

Max von Laue morreu como consecuencia das feridas producidas por un accidente de coche o día 8 de abril.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Desenvolveu un método para medir a lonxitude de onda dos raios X, utilizando, por primeira vez, cristais salinos delgados como retícula de difracción, chegando a demostrar que estes raios eran de natureza análoga aos da luz, pero non visibles, dado que a súa lonxitude de onda é extremada curta.

Así mesmo, traballou sobre os diagramas (imaxes simétricas) producidas nas placas fotográficas polos raios X que sufriron a reflexión ou a refracción nun material cristalino. Tamén investigou no campo da teoría da relatividade.

En 1914 foi galardoado co premio Nobel de Física polos seus descubrimentos da difracción dos raios X a través de cristais. Grazas a isto, fixo posible un mellor estudo da estrutura dos cristais (método chamado cristalografía de raios X)

Como escritor, a súa obra máis sobresaliente é Das Relativitätsprinzip (O principio da relatividade, 1911).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse o cráter Laue da Lúa. O 12 de outubro de 1990 denominouse ao asteroide (10762) von Laue na súa honra sendo descuberto por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]