Minor Threat
Minor Threat | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 1980 - 1981 1982 - 1983 |
Xénero(s) | hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Dischord Records |
Membros | Ian MacKaye Jeff Nelson Brian Baker Lyle Preslar Steve Hansgen |
Artistas relacionados | The Teen Idles, Skewbald/Grand Union, Egg Hunt, Government Issue, The Meatmen, Dag Nasty |
Na rede | |
http://www.dischord.com/band/minor-threat | |
Minor Threat foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. no ano 1980 polo vocalista Ian MacKaye e o batería Jeff Nelson. MacKaye e Nelson tocaran en varios grupos xuntos, e recrutaron ao baixista Brian Baker e ao guitarrista Lyle Preslar para formar Minor Threat. En 1982 uniuse Steve Hansgen, engargándose do baixo, mentres que Baker pasou a converterse no segundo guitarrista.
A banda tivo unha curta vida, separándose en 1983, pero foi moi influente na escena hardcore punk. A súa canción "Straight Edge" converteuse na base do posterior movemento straight edge, mentres que a banda adoitaba profesar os seus propios ideais "straight edge".
Xunto coa tamén banda de hardcore punk de Washington, D.C. Bad Brains e a californiana Black Flag, Minor Threat estableceu o estándar para moitos grupos do xénero dos anos 80 e os anos 90. Todos os traballos de Minor Threat foron editados polo propio selo de Ian MacKaye e Jeff Nelson, Dischord Records. O EP Minor Threat e o seu único álbum Out of Step recibiron un gran número de eloxios e cítanse como fitos do xénero hardcore punk.[1][2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Out of Step | 1983 | Dischord Records |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Minor Threat - 1984 (Dischord Records)
- Complete Discography - 1989 (Dischord Records)
- ↑ "Acclaimed Music - Minor Threat [EP 1981 / LP 1984]". web.archive.org. 2016-03-04. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 2022-06-23.
- ↑ "Acclaimed Music - Out of Step EP". web.archive.org. 2011-01-14. Archived from the original on 14 de xaneiro de 2011. Consultado o 2022-06-23.