Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mitilinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mitilinos
Mytilinae

As dúas valvas de Mytilus galloprovincialis.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Mytilida
Superfamilia: Mytiloidea
Familia: Mytilidae
Subfamilia: Mytilinae
Rafinesque, 1815
Especie tipo
Mytilus edulis
Linnaeus, 1758 [1]
Xéneros
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos mitilinos (Mytilinae) é unha subfamilia de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos e familia dos mitílidos.[2]

A subfamilia abrangue varios xéneros que comprenden especies vulgarmente coñecidas como mexillóns.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, interesado, entre outros numerosos temas, pola zooloxía, en especial pola malacoloxía, na súa obra Analyse de la Nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Mytilinae está formado sobre a base da raíz Mytil- do seu xénero tipo, Mytilus, engadíndolle o sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.

(Para a etimiloxía de Mytilus, véxase Mytilus).

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle impuxo Rafinesque (protónimo), e que é o actualmente válido, a sufmailia coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Brachidontinae
  • Crenomytilinae
  • Perninae
  • Xenomytilinae

Na actualidade (2020) recoñécense na subfamilia od seguintes xéneros:[2]

  1. Mytilus edulis Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 4 de xaneiro de 2020.
  2. 2,0 2,1 Mytilinae Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultada o 4 de xaneiro de 2020.
  3. mexillón no Dicionario da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
  • Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115.
  • Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]