Neoliberalismo
O neoliberalismo[1] é unha corrente de pensamento que fai referencia a unha política económica con énfase tecnocrático e macroeconómico que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social, defendendo o libre mercado capitalista como mellor garante do equilibrio institucional e o crecemento económico dun país, salvo ante a presenza dos denominados fallos do mercado.
Historia
[editar | editar a fonte]O neoliberalismo en canto que corrente de pensamento económico e político de relevancia dende os comezos da década de 1970, consolidaríase durante as seguintes dúas décadas da século XX, mantendo a vixencia durante o XXI. Se ben a súa orixe se atopa na Segunda guerra mundial, ao ser herdeiro de teorías neoclásicas de finais do século XIX, só nos anos 70 acadou uin eco internacional. Tras a citada guerra, a economía de Europa presentou un crecemento, e entre 1969 e 1971 apareceu un fenómeno denominado estanflación, o cal provocou unha grave crise de especial transcendencia nos países capitalistas dependentes (Terceiro mundo) e que afectoyu seriamente os socialistas. Dende principios dos anos 80, o liberalismo volveu ocupar un lugar preponderante como forma de goberno. Adopta entón o nome de neoliberalismo. Os gobernos de Margaret Thatcher en Gran Bretaña e de Ronald Reagan nos Estados Unidos de América trouxeron de volta as vellas ideas económicas para aplicalas sobre a economía doméstica. Thatcher xustificou o seu programa cun acrónimo, TINA: There is no Alternative (Non hai alternativa). A súa doutrina, e o neoliberalismo en si mesmo, baséase na competencias entre nacions, rexións, empresas e individuos.
En América do Norte, Europa e o Xapón dan comezo diferentes procesos de estabilización económica a través da diminuación das cargas fiscais e recortes no gasto social; isto estimula o comercio exterior e afonda na división internacional do traballo: considerouse que estas medidas eran a plataforma para comezar un ciclo de crecemente económico.
Macroeconomía
[editar | editar a fonte]As políticas macroeconómicas recomendadas polos teóricos ou ideólogos neoliberais inclúen:
- Políticas monetarias restritivas. Aumento das taxas de xuro ou redución da oferta de diñeiro até lograr unha inflación próxima a cero e evitar o risco de desvalorización da moeda. Os partidarios do neoliberalismo cren que estas medidas evitan os chamados ciclos de mercado.
- Políticas fiscais restritivas. Redución dos impostos sobre a produción, a renda e os beneficios empresariaiss. Proponse tamén a eliminación de réximes especiais e a diminución do gasto público.
- Liberalización/desregulación. Defenden as liberalización ou desregulación para o comercio e os investimentos, por consideralos positivos para o crecemento económico. Tamén ve postivia a eliminación de regras e normativas até o mínimo imprescindible. Promóvese a mobilidade de capitais e a flexibilidade laboral.
- Privatización. Considérase que os axentes privados tenden a ser máis produtivos e eficientes cós públicos e que o Estado debe minguar para permitir que o sector privado sexa o encargado da creación de riqueza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Neoliberalismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- What is Neoliberalism?, por Dag Einar Thorsen de Universidade de Oslo. (en inglés)
- The Last Development Crusade (en inglés)-
- Identities: How Governed, Who Pays? Arquivado 04 de abril de 2023 en Wayback Machine.
- The Essence of Neoliberalism, segundo Pierre Bourdieu (en inglés).
- The crisis of neoliberalism Arquivado 19 de abril de 2016 en Wayback Machine. – Entrevista co economista Gérard Duménil en The Real News (en inglés).
- Neoliberalism, the Revolution in Reverse en The Baffler, 2014 (en inglés).
- Neoliberalism is creating loneliness. That’s what’s wrenching society apart, por George Monbiot en The Guardian o 12 de outubro de 2016 (en inglés).
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |