Noz (froito)
En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.[1]
Atópanse exemplos de noces na orde das Fagales, por exemplo:
Contrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.
Cociña
[editar | editar a fonte]En gastronomía, as noces son unha categoría moito menos restritiva que na botánica, pois o vocábulo aplícase normalmente a moitas sementes que non son noces verdadeiras. Calquera semente grande, oleaxinosa, con casca dura e empregada como alimento pode ser considerada como unha noz. Como as noces teñen xeral un índice elevado de aceite son un alimento e unha fonte de enerxía moi apreciada.[2] Un gran número sementes son comestíbeis polos seres humanos e empregadas na cociña, comidas crúas, xerminadas ou torradas, como un aperitivo ou en pastelaría, e mesmo espremidas para extraerlles o aceite, empregado en cociña e cosméticos[3].
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os froitos de casca rexa de clima temperado proveñen de árbores da orde Fagales, xeralmente polinizadas polo vento:
- a landra (a semente do carballo);
- o froito da faia;
- a abelá;
- a noz de pecán [4];
- a noz da nogueira [5].
Noces "non verdadeiras"
[editar | editar a fonte]Algunhas noces que non o son verdadeiramente no sentido botánico son:
- as améndoas, en que a parte comestíbel é a semente dunha drupa (froito carnoso, con só unha semente);
- a abelá chilena (Gevuina);
- a castaña de Pará é a semente dunha cápsula
- o coco é un drupa;
- a castaña de Indias (non é comestíbel, é unha cápsula);
- o amendoín é en realidade un gran, o froito e as sementes dunha verdura [6];
- a noz macadamia de orixe na;
- o piñón é a semente de varias especies de piñeiro (coníferas).
A castaña de Indias (Aesculus hippocastanum), alén de comestíbel, é tamén usada nun antigo xogo de nenos, no que unha noz é enfiada nun cabo forte e entón cada neno tenta quebrar a do seu opoñente baténdolle coa súa.
Valor nutricional
[editar | editar a fonte]As noces, a pesar do sabor agradábel, por moito tempo foran consideradas inconvenientes para alimentación humana por seren ricas en graxa. Con todo, algunhas desas oleaxinosas, achegan un gran beneficio para a saúde pois axudan a controlar o colesterol malo e por consecuencia axudan a protexer o corazón.[7]
Graxa e valor calórico
[editar | editar a fonte]froito | Graxa g / 100 g | Valor calórico kJ / 100 g | Valor calórico en kcal / 100 g[8][9] |
---|---|---|---|
Castaña de caju [10] | 42,2 | 2377 | 572 |
Amendoín (non torrado) | 48,1 | 2337 | 564 |
Amendoín (sen sal, torrado) | 49,4 | 2423 | 585 |
Abelá (sen tegumento) | 61,6 | 2662 | 644 |
Coco | 36,5 | 1498 | 363 |
Macadamia | 73,0 | 2896 | 703 |
Améndoa (sen tegumento) | 54,1 | 2411 | 583 |
Castaña do Pará [11] | 66,8 | 2764 | 670 |
Noz de pecán [12] | 72,0 | 2897 | 703 |
Pistacho [13] (sen tegumento) | 51,6 | 2406 | 581 |
Noz (sen tegumento) | 62,5 | 2738 | 663 |
Composición química
[editar | editar a fonte]Cada 100 gramas de noz contén:
- Calorías - 572 kcal [9][14]
- Tamaño - 1,2 cm
- Vitamina A - 2g
- Vitamina B1 (Tiamina) - 0 mcg
- Vitamina B2 - 0,9 mcg
- Fósforo - 380 mg
- Calcio - 90 mg
- Sodio - 2 mg
- Magnesio - 3,4 mg
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Font Quer, P. (1985). Diccionario de Botánica (en castelán). Barcelona: Labor. p. 765. ISBN 9788433558046.
- ↑ "Castanhas e Nozes – Quais são os Benefícios?". Receita Natural (en portugués). 2017-06-02. Consultado o 2020-04-06.
- ↑ Revista Cabeleireiros. "A alimentazón e a saúde dos cabelos". Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Gilman, Edward F.; Watson, Dennis G. (novembro de 1993). "Carya illinoensis, Pecan" (PDF) (en inglés). Universidade de Florida. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Saúde através da Alimentazón Natural. "Frutos Secos, Noces". Consultado o 3 de marzo de 2012.[Ligazón morta]
- ↑ Portal São Francisco. "Amendoim". UNITINS, Fundación Universidade do Tocantins. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Gonçalves, Fabiana. "Sementes do bem". Revista Dieta já!, Editora Escala. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Deutsche Forschungsanstalt für Lebensmittelchemie, Garching, Lebensmitteltabelle für die Praxis, Der kleine Souci • Fachmann • Kraut , Wissenschaftliche Verlagsgesellschaft mbH, 2009, ISBN 978-3-8047-2541-6
- ↑ 9,0 9,1 Hu,, Frank B. "Micronutrient Information Center" (en inglés). Linus Pauling Institute, Oregon State University. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Agostini-Costa, Tânia da S.; Vieira, Roberto F.; Naves, Ronaldo V. (29 de decembro de 2005). "Caju, identidade tropical que exala saúde". Embrapa. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Mori, Scott A. "The Brazil Nut Industry --- Past, Present, and Future" (en inglés). The New York Botanical Garden. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Peterson, J. K. "Pecan, Carya illinoensis (Wangenh.) K. Koch" (en inglés). Northeastern Area State and Private Forestry (S&PF). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ TodaFruta (24 de febreiro de 2006). "Pistache". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2012.
- ↑ Bertolussi, Patrícia. "Sementes Oleaginosas" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Albala, Ken (2014). Nuts A Global History. The Edible Series. ISBN 978-1-78023-282-9
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Linus Pauling Micronutrient Information Centre Nuts
- American Journal of Clinical Nutrition Nuts and their bioactive constituents: effects on serum lipids and other factors that affect disease risk
- Nut research