Oliva, Valencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Safor | ||||
Capital | Oliva | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.558 (2023) (426,46 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 59,93 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | David González Martínez (2012–2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46780 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46181 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46181 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | oliva.es | ||||
Oliva é un concello da Comunidade Valenciana. Situado no sueste da provincia de Valencia, na comarca da Safor. Ten 26.190 habitantes (INE 2015).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado no límite meridional da provincia de Valencia. Polo seu relevo xeográfico pódese dividir en tres zonas ben diferenciadas: a montaña, a chaira ocupada pola horta e a zona pantanosa ao sueste. A costa é baixa e areosa, con praias de areas finas en toda a súa lonxitude. O clima é mediterráneo.
Parte do seu termo municipal está integrado do parque natural do Marjal de Pego-Oliva.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é mediterráneo de costa, con invernos suaves e quentes veranos. As temperaturas son:
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
MAX. | 17º | 19º | 21º | 23º | 26º | 29º | 31º | 33º | 30º | 25º | 20º | 18º |
MIN. | 8º | 10º | 12º | 14º | 17º | 21º | 22º | 23º | 21º | 16º | 11º | 9º |
mm | 27,0 | 27,5 | 19,5 | 28,0 | 28,5 | 11,0 | 7,50 | 8,00 | 43,0 | 41,0 | 32,0 | 46,0 |
Entre novembro e febreiro poden chegar borrascas de aire frío que afectan a esta zona, pero as temperaturas baixan notabelmente, por exemplo, que un día de decembro estea despexado e 18 °C de máxima, e o día seguinte 14 °C de máxima e choiva. Igualmente entre maio e setembro poden chegar vagas de calor (chegan máis no verán, pero ás veces tamén en maio e setembro), por exemplo, un día de agosto con 32 °C, e un día despois 38 °C.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]No concello de Oliva atópase tamén o núcleo de poboación de Platja d'Oliva. Oliva conta cos seguintes barrios, que se identifican coas circunscricións eclesiásticas:
- Barri de Santa Maria.
- Barri de Sant Roc.
- Barri de Sant Francesc.
Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]O concello de Oliva limita coas localidades de L'Alqueria de la Comtessa, La Font d'en Carròs, Piles e Vilallonga, todas elas da provincia de Valencia; L'Atzúbia, Dénia, Pego e Ondara da provincia de Alacant.
Demografía
[editar | editar a fonte]Oliva conta cunha poboación de 27.374 habitantes (INE 2008). Un 18,32 % do seu censo está constituído por inmigrantes.
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
6.984 | 8.779 | 7.956 | 9.619 | 8.995 | 12.178 | 18.407 | 13.343 | 14.579 | 16.772 | 19.580 | 20.311 | 21.001 | 25.318 | 26.844 | 27.374 | 28.279 |
Monumentos
[editar | editar a fonte]Do seu pasado histórico consérvanse o templo de Santa Maria la Major (cuns valiosos arquivos), a iIgrexa de San Roc (construída sobre a antiga mesquita), a Capela da Verge del Rebollet co antigo convento, as ermidas dos Santos Antoni e Vicent, así como as famosas chemineas no Camí dels Rejolars, e o Mercat Municipal.
Da súa época medieval consérvanse antigas torres de defensa da muralla, que separaban a vila de extramuros, o castelo de Santa Anna e o do Rebollet (destruídos por un gran terremoto en 1598), as casas nobres na Rúa Tamarit, o casco antigo, cheo de típicas casas de arquitectura valenciana. Do antigo barrio mozárabe quedan as súas canellas estreitas e sen disposición xeométrica, da que é estandarte a Rúa a Hoz, que debe o seu nome á súa forma.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mar Mediterráneo
-
Mar Mediterráneo
-
Mar Mediterráneo
-
Mar Mediterráneo