Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Olmedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOlmedo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°17′14″N 4°41′12″O / 41.2871, -4.6867
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Valladolid Editar o valor en Wikidata
CapitalOlmedo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.563 (2023) Editar o valor en Wikidata (27,54 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie129,38 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude740 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfonso Ángel Centeno Trigos Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal47410 Editar o valor en Wikidata
Código INE47104 Editar o valor en Wikidata

Páxina webolmedo.ayuntamientosdevalladolid.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452982

Olmedo é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Situado no sur da provincia, forma parte da comarca tradicional de Tierra de Pinares.

Olmedo debe o seu nome á abundancia de olmos que existían no seu termo.

Foi unha das poboacións conquistadas por Afonso VI antes de 1085 e repoboada en 1093 outorgándoselle o foro de Roa.

En 1353 estivo na localidade Pedro I o Cruel, fuxindo da súa esposa para volver reunirse con María de Padilla, cuxa filla adulterina, Constanza, Duquesa de Lancaster, recibiu Olmedo e outras vilas a cambio da renuncia aos seus dereitos á coroa que outorgou en 1388.

Pasou máis tarde ao dominio de Aragón, cando este declarou a guerra a Xoán II de Castela, Olmedo aliouse con Xoán II, sendo severamente castigada. O rei de Castela presentouse co seu exército a cercala, e venceu aos aragoneses na Primeira Batalla de Olmedo. Os aragoneses abandonaron Olmedo esa mesma noite.

En 1467 foi corte do infante Don Afonso, levantado en armas contra Henrique IV, e o 20 de agosto se trabó xunto a Olmedo unha batalla en que este quedou vencedor; pero non chegou a entrar na cidade, a cal, ao ano seguinte, pasou a poder da princesa que había de ser Isabel a Católica. O seu esposo Fernando, despachou aquí a súa convocatoria das Cortes de Aragón que en 1515 reuniríanse en Calatayud.

A importancia que se daba a Olmedo naquela época dedúcese do refrán:

"Quen señor de Castela queira ser a Olmedo do seu parte ha de ter".

Filipe V, o primeiro Borbón rei de España, concede un privilexio a Olmedo, que é asinado despois polos seus sucesores. En 1811, o francés José Bonaparte, entón monarca por dereito de conquista, pasou uns días aloxado na vila.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de: Olmedo desde 1991 ata 2007

1991 1996 2001 2004 2007

3559 3501 3435 3529 3714

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Miguel
  • Muralla de Olmedo
  • Arco da Villa ou de San Juan
  • Arco de San Miguel
  • Real Chancillería
  • Torre do Reloxo
  • Parque temático Mudéxar
  • Igrexa de San Andrés, de estilo románico, do século XIII.
  • Igrexa de San Miguel, de estilo gótico e mudéxar, do século XIII.
  • Igrexa de Santa María del Castillo
  • Igrexa de San Juan
  • Mosteiro da Concepción
  • Mosteiro Madre de Dios
  • Mosteiro de Nuestra Señora de la Merced Calzada
  • Mosteiro de Santa María de la Mejorada
  • Mosteiro de Sancti Spiritu
  • Monumento ao Cabaleiro de Olmedo

Festividades

[editar | editar a fonte]

Celebran na vila dúas festas ao ano, unha relixiosa no Aniversario da Coroación da Virxe da Soterraña, o 10 de outubro, e outra máis laica e popular ao redor das festas de San Miguel e San Jerónimo, o 29 e 30 de setembro. Dentro destas festas, destacan os seus encerros tradicionais, declarados Festa de Interese Turístico Rexional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]