Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pablo Insua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Insua

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Arzúa, España Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo28 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012   Deportivo Fabril 60(0)
2012–2015   Deportivo da Coruña 80(3)
2015– cesión   Club Deportivo Leganés
2017–2018 FC Schalke 04
2022–   Sporting de Gijón
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2012   España sub-19 5(0)
2012–2013   España sub-20 4(0)

Pablo Insua Blanco, nado en Arzúa o 9 de setembro de 1993, é un futbolista galego, que xoga de defensa central no Granada, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios (1993-2006)

[editar | editar a fonte]

Seu pai, Fernando Insua, fora futbolista e xogara co Bergantiños en Terceira División.[1] Pablo comezou a xogar ao fútbol sala en Arzúa e logo fichouno o Rosalía CF de Santiago de Compostela, a onde o levaba súa nai a adestrar e xogar. Militou catro anos no Rosalía, logo chamado CD Santiago Sar tras a fusión co Colexiata do Sar e logo Santiago de Compostela CF. En 2006 foi elixido mellor xogador sub-13 da Compostela Cup,[2] fichando a continuación polo Deportivo da Coruña.[3]

Deportivo da Coruña (2006-2017)

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores e Fabril (2006-2013)

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa etapa no Deportivo no equipo infantil, pasando logo ao cadete e ao xuvenil e debutou con 16 anos no Fabril en Segunda División B fronte ao Lugo. Tito Ramallo converteuno nun fixo da aliñación esa tempada (2010/11), na que disputou 28 partidos, todos eles como titular, aínda que o equipo acabou descendendo a Terceira División.[1] O seu bo xogo fixo que esa mesma tempada o seu contrato fose renovado por catro anos máis.[4]

Xogou dúas tempadas máis no filial branquiazul e na segunda delas debutou ademais co primeiro equipo en partido oficial, nun partido de liga contra o Athletic de Bilbao no vello San Mamés (1–1). Á semana seguinte, coas baixas de Marchena e Zé Castro, José Luis Oltra colocouno como titular no choque de Copa contra o Mallorca, no que o Dépor empatou (0–0) e quedou eliminado.[5] Disputou dous partidos máis co primeiro equipo esa tempada, fronte a Atlético de Madrid e FC Barcelona, ambos como titular.

Primeiro equipo (2013-2015)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2013/14, xa como futbolista do primeiro equipo en Segunda División, converteuse nun titular indiscutible para o técnico Fernando Vázquez, e disputou 40 partidos durante a tempada, todos como titular. Marcou ademais tres goles e os dous primeiros, fronte a Las Palmas e Recreativo de Huelva, significaron cadansúas vitorias por 0-1.[6][7] O equipo logrou o ascenso directo tras acabar segundo por detrás do Eibar.[8] Ademais foi elixido mellor defensa da tempada de Segunda División na Gala dos Premios LFP, superando na votación a Yuri Berchiche (SD Eibar) e a Jean-Sylvain Babin (AD Alcorcón)[9] e renovou co club coruñés até 2018. [10]

Con todo, na tempada 2014/15 o seu rendemento baixou e non contou coa confianza dos técnicos Victor Fernández e Víctor Sánchez. Aínda así chegou a exercer como capitán nun partido de liga contra o Valencia.[1] Na tempada seguinte chegaron ao club Arribas, Fernando Navarro e Sidnei, mentres que Insua saíu cedido ao Leganés, de Segunda División.[11]

Cesións ao CD Leganés (2015-2017)

[editar | editar a fonte]

No club madrileño recuperou a titularidade, disputando dende o inicio 38 partidos, e foi un dos piares do equipo no ascenso á Primeira División.[12] No verán de 2016 o presidente do Deportivo Tino Fernández renovoulle o contrato ata 2020 e cedeuno de novo ao Leganés. Na súa segunda tempada en Leganés disputou 30 partidos e anotou un gol fronte ao Alavés en Mendizorrotza.[13] O equipo conseguiu o seu obxectivo de salvar a categoría.

Á súa volta á Coruña o club comunicoulle que o adestrador Pepe Mel non contaba con el e foi traspasado ao Schalke 04, da Bundesliga, nunha operación próxima aos 3.500.000 euros.[14][15]

Schalke 04 (2017-2020)

[editar | editar a fonte]

O seu paso polo fútbol alemán viuse condicionado pouco despois da súa chegada, ao ser diagnosticado cunha pleurite e posteriormente unha pericardite que impediron o seu debut ata marzo de 2018, cando, tras dez meses de baixa, xogou o seu primeiro e único partido na Bundesliga, fronte ao Wolfsburg.[16][17]

Cesións á SD Huesca (2018-2020)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2018, xa recuperado da súa doenza cardíaca, foi cedido á SD Huesca, que se dispoñía a disputar a súa primeira tempada na Primeira División.[18] Con todo, en febreiro sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, dicindo adeus á campaña.[19] O equipo acabou descendendo a Segunda e o Schalke 04 volveuno ceder ao club oscense.[20] Tras recuperarse da grave lesión recuperou a titularidade nos últimos partidos da tempada, e contribuíu a un novo ascenso do equipo a Primeira.[21]

SD Huesca (2020-2022)

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2020 a SD Huesca exerceu a opción de compra obrigatoria que tiña sobre o xogador en caso de ascenso a Primeira e Insua foi traspasado definitivamente ao club aragonés, no que levaba xogando dous anos como cedido.[21] Na tempada 2020/21 descendeu de novo a Segunda co Huesca, no que militou ata o verán de 2022. Disputou un total de 64 partidos co club aragonés.

Sporting de Gijón (2022-2024)

[editar | editar a fonte]

A continuación fichou polo Sporting de Gijón, tamén de Segunda, onde foi un fixo e unha peza clave nas aliñacións tanto de Abelardo como do seu sucesor no banco, Miguel Ángel Ramírez.[22] Na tempada 2022/23 formou parella de centrais case sempre co arxentino Izquierdoz, mentres que na seguinte fíxoo co tamén galego Róber Pier, acadando a promoción de ascenso a Primeira.[23] Nas súas dúas campañas en Xixón acumulou un total de 73 encontros, todos eles como titular, e anotou catro goles.

Granada (2024-)

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2024, tras rematar o seu contrato co Sporting, decidiu non renovalo e aceptar no seu lugar a oferta do Granada, equipo que viña de descender a Segunda.[22]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Xogou na selección española sub-19, coa que se proclamou campión de Europa baixo a dirección de Julen Lopetegui.[24] Posteriormente xogou tamén na selección sub-20 e en 2013 foi convocado por Lopetegui para xogar dous partidos coa selección española sub-21,[25] aínda que finalmente foi desconvocado por mor dunha escordadura de nocello.[26]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fernández, Xurxo (22 de outubro de 2014). "Pablo Insua: «...Y voy a ser el capitán» del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  2. "El Villestro ganó en la categoría sub 9 de la Compostela Cup". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2006. p. 50. 
  3. "Pablo Insua: El deportivismo tiene que dejar de ser tibio con la cantera". El Correo Gallego (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  4. Ventureira, R.; Barreiros, P. (3 de decembro de 2010). "El juvenil que apunta al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  5. Torrente, Pepe (27 de novembro de 2012). "Insua apunta a titular el jueves en Copa". Marca (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  6. Núñez, Alfonso (17 de agosto de 2013). "Un córner que vale tres puntos" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  7. Piñeiro, Miguel (11 de novembro de 2013). "El Deportivo gana y convence en campo del Recreativo de Huelva". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  8. "El Deportivo de La Coruña acompañará al Eibar a Primera" (en castelán). 31 de maio de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  9. "Insua renova a súa vinculación co Deportivo ata 2018". 25 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  10. "Pablo Insua, 'Mejor Defensa de la Liga Adelante 2013-14'" (en castelán). 27 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  11. "Pablo Insua se marcha cedido al Leganés". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  12. "Pablo Insua, renovado y cedido" (en castelán). 15 de xullo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  13. "Un cabezazo de Insua salva un punto para el Leganés en Vitoria". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  14. Miranda, Carlos (30 de xuño de 2017). "El Dépor vende a Insua al Schalke 04". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  15. "Pablo Insua, traspasado ao Schalke 04". 29 de xuño de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  16. "Pablo Insua, de baja en el Schalke 04, pierde 8 kilos por una pericarditis" (en castelán). 31 de outubro de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  17. "Insua debuta en la Bundesliga y deja atrás un calvario de diez meses". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de marzo de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  18. Barluenga, Miguel (20 de xullo de 2018). "Pablo Insua, otro central para la SD Huesca" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  19. "Insúa dice adiós a la temporada". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  20. "Insua regresa al Huesca" (en castelán). 21 de agosto de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  21. 21,0 21,1 Puyuelo, Jorge (1 de agosto de 2020). "Huesca y Schalke hacen oficial el traspaso de Pablo Insua" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  22. 22,0 22,1 Vigil Morán, Alejandro (16 de xuño de 2024). "La emotiva carta de despedida de Insua: «Siempre podré decir orgulloso que jugué en el Sporting, gracias afición, ojalá se ascienda pronto»" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  23. Souto, Dani (22 de marzo de 2024). "El triángulo casi invencible del Sporting: Yáñez, Insua y Róber Pier" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  24. "Pablo Insua, campeón de Europa sub-19" (en castelán). 16 de xullo de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  25. "La sub-21 convoca a Insua, que no estará ante el Barça B" (en castelán). 6 de outubro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  26. "La Sub-21 desconvoca a Insua". La Opinión A Coruña (en castelán). 1 de setembro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]