Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Parábola (literatura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha parábola é unha narración alegórica de carácter pedagóxico ou polémico da que se deduce unha ensinanza ou unha verdade importante. É, en esencia, un relato simbólico ou unha comparación baseada nunha observación verosímil. A parábola ten unha finalidade didáctica e pódese atopar un exemplo dela nos evanxeos cristiáns, onde Xesús narra parábolas como ensinanzas ao pobo.

Representación da parábola do fillo pródigo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Orixinaria do grego parabole, significa narrativa curta ou apólogo. O termo "parábola" provén do nome dado polos retoricistas gregos a toda ilustración ficticia na forma dunha breve narrativa. Máis adiante pasou a coñecerse como narrativa ficticia, aludindo xeralmente a algunha cousa que pode ocorrer de xeito natural, e pola cal se precisan asuntos morais ou espirituais.

As parábolas caracterízanse pola expresión de conceptos espirituais. A forma máis coñecida de parábola no cristianismo é a Biblia, que contén moitas parábolas. Ademais das xa familiares parábolas de Xesucristo no Novo Testamento, como a do bo samaritano e do fillo pródigo. Dúas parábolas no Antigo Testamento son as do cordeiro, narradas por Nathan (2 Samuel 12:1-9), e a da muller de Tekoah (Samuel 14:1-13).

Tamén na Biblia se encontra a Parábola do servidor que non perdoabs, que narra a historia dun siervo que non está disposto a perdoar as débedas que os seus vasalos mantiñan con el, mais esperaba a que Deus lle eximira dos seus erros. A parábola apunta, sobre todo, a que se foi a vontade divina a de perdoar ao deudor, este debe ser igual de tolerante con quen cometen o mesmo erro. Cando o siervo castiga aos seus vasalos, ordenando o seu arresto e execución, Deus enfurécese e multiplica o castigo por "sete veces sete".

A exexese bíblica medieval tendía a tratar as parábolas de Xesús como alegorías detalladas, con correspondencias simbólicas atopadas para cada elemento nas narrativas breves. Os críticos modernos sosteñen estas interpretacións como inaxeitadas e insostibles.

Na época contemporánea hai un novo interese pola parábola moderna, explorando como as historias modernas poden ser concibidas como parábolas. Unha parábola contemporánea de metade do século XIX é a Parábola da fiestra rota, que expón unha falacia no pensamento económico.

Características da parábola

[editar | editar a fonte]

Unha parábola é unha das formas máis sinxelas da narrativa. Evoca un ambiente, e describe unha acción e os seus resultados. Decotío involucra a un personaxe que se enfronta a un dilema moral ou realiza unha acción cuestionable, para despois sufrir as consecuencias desa elección. Moitos folclores poden ser vistos como parábolas.

A parábola prototípica difire do apólogo, en canto é unha historia probable e realista - unha que ten lugar nalgún ambiente familiar da vida. Moitos contos de fadas poden ser considerados como parábolas estendidas, agás polo seu contorno máxico.

Platón, segundo Rafael.

Como ocorre coa fábula, a parábola adoita narrar unha acción simple, singular e consistente, sen detalles estraños nin circunstancias que comporten a distracción. Na República de Platón, as parábolas, como as que aluden ás sombras na caverna, engloban un argumento abstracto nunha narrativa máis concreta e facilmente aaccesible.

No prefacio á súa tradución das Fábulas de Esopo, George Fyler Townsend definiu "parábola" como "o emprego designado da linguaxe co propósito intencionado de convir un significado oculto e segredo, máis que o que conteñen as palabras en si mesmas, e que pode ou non portar unha referencia especial ao oínte ou lector."

Unha parábola é como unha metáfora que se ampliou algo máis para conformar unha ficción breve e coherente. A diferenza da situación que se presenta cun símil, o signficado paralelo da parábola é silencioso e implícito, aínda que non segredo de forma ordinaria.

Se ben as parábolas posúen decotío un subtexto prescriptivo forte, suxerindo como se debe comportar ou como debe crer unha persoa, moitas parábolas simplemente exploran un concepto dende un punto de vista neutral. Lonxe de prover unha guía e suxestións da acción correcta na vida, as parábolas ofrecen unha linguaxe metafórica que lle permite á xente discutir máis facilmente ideas difíciles ou complexas.

A parábola e a alegoría adoitab ser tratadas como sinónimos, mais foron ben diferenciadas por H.W. Fowler no Modern English Usage (Uso moderno do inglés): "O obxecto en cada unha é iluminar ao oínte presentándolle un caso no que aparentemente non estaba interesado, e sobre o cual deberá obter un xuízo desinteresado da súa parte". Provoca, noutras palabras, que o lector ou oínte caia na conta de que a conclusión se aplica ben de igual xeito ás súas propias preocupacións. A parábola, secasí, é máis condensada que a alegoría: achega un só principio, do que se deducirá unha soa moral.

Ignacy Krasicki.

Parábolas de Xesús

[editar | editar a fonte]

As parábolas máis coñecidas son as narradas por Xesús, entre as máis coñecidas están:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]