Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Parc Güell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParc Güell
(es) Park Güell Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoparque escultórico
parque Editar o valor en Wikidata
EpónimoEusebio Güell Editar o valor en Wikidata
Parte deObras de Antoni Gaudí Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTuró del Carmel Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLa Salut, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°24′49″N 2°09′10″L / 41.4136, 2.1528
Características
Material usadoTrencadís
cerámica Editar o valor en Wikidata
Superficietotal: 20,2 ha
Patrimonio da Humanidade: 10,79 ha
zona de protección: 9,4 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador320-001
Ben de interese cultural
TipoMonumentos do patrimonio histórico de España
Data24 de xullo de 1969
IdentificadorRI-51-0003818
Arte pública de Barcelona
Identificador6021-1
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoMonumentos do patrimonio histórico de España
Codi BCIN58-MH-EN Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0003818 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC62 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona2617 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
1900-1906construción Editar o valor en Wikidata

Páxina webparkguell.barcelona… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460348

O Parc Güell (en galego: Parque Güell) é un parque público con xardíns e elementos arquitectónicos situado na parte superior da cidade de Barcelona, en Cataluña.

É o resultado actual dunha infrutuosa operación urbanística que tentaba crear unha cidade xardín ao estilo inglés de acordo coas tendencias do momento que procuraban o contacto coa natureza. Foi deseñado por Antoni Gaudí, máximo expoñente do modernismo catalán, por encargo do empresario Eusebi Güell.

O proceso iniciouse no 1899 coa compra dos terreos de Can Montaner por parte do financeiro Eusebi Güell, e un ano máis tarde coa encarga do estudo desta iniciativa a Antoni Gaudí, seguindo no 1902 coa compra dunha segunda parcela, propiedade de Ramón Coll i Pujol.

A construción do parque tivo lugar entre os anos 1901 e 1904, ocupando unha superficie dunhas 15 hectáreas de terreo aproximadamente e nunha localización situada entre 150 m. e 200 m. de altitude cunha topografía moi accidentada. Adquirido polo Concello de Barcelona foi convertido en parque público o 1922, declarado de interese artístico no 1969 e patrimonio mundial por parte da UNESCO o ano 1984.

Características

[editar | editar a fonte]

O parque Güell é o proxecto de zona residencial impulsado polo mecenas e grande amigo de Gaudí, Eusebi Güell. Seguindo o modelo das cidades-xardín, de moda en Gran Bretaña, constrúen os equipamentos e zonas verdes de sesenta vivendas que nunca se levaron a cabo.

En honor á paixón de Güell pola mitoloxía, Gaudí deseñou aquel contorno como unha nova Delfos grega. Así, a gran praza descuberta, destinada a ser o centro da vida social emula un teatro grego. A súa forma vén definida por unha varanda-banco que se curva en innumerables lugares e que permite, segundo a persoa, sentar na zona cóncava ou convexa, estando só ou en grupo.

Gaudí, no seu profundo respecto pola natureza, negouse a aplanar o terreo daquela leira árida e pedregosa, e someteu a súa arquitectura ós ditados da paisaxe para trazar tres quilómetros de paseos e viadutos.

A meticulosidade de Gaudí en tódolos detalles era tal que tivo en conta a acústica: os viadutos recubertos de materiais irregulares, situados xunto á zona residencial, absorberían o ruído das carruaxes; en cambio, a sala hipóstila, foco de vida social, está revestida de materiais duros, como o trencadís, onde se reflicte o son e produce un efecto de eco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]