Península do Morrazo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2014.) |
Tipo | península | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 10 () × 40 () km | |||
O Morrazo é unha península situada no oeste da provincia de Pontevedra, na zona das rías Baixas. Mide uns 40 km. de lonxitude por 10 de ancho, e separa as rías de Vigo e Pontevedra.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]A península do Morrazo é un exemplo de horst. A elevación do terreo que a conforma debeuse ó afundimento das rías que separa. O seu istmo vai de Ponte Sampaio a Pontevedra.
A súa parte occidental vese desgaxada de norte a sur por unha ampla fendedura tectónica inundada: a Ría de Aldán, que individualiza a subpenínsula do Hío, parroquia máis occidental da comarca do Morrazo. Pola súa parte, o seu extremo meridional e confín da península, Cabo Home, morre a pouca distancia das Illas Cíes (integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas).
O Morrazo é unha península montuosa atomizada en ducias de vales, outeiros, e enseadas, que conforman un complexo tecido de unidades individualizadas, ricas e moi humanizadas que albergan unha elevada densidade de poboación. O punto máis alto da península é a meseta da Chan da Carqueixa (628 m), no Monte Xaxán (Domaio).
Os miradoiros de Cotorredondo, Monte do Faro, A Fraga, Agudelo, A Paralaia, A Magdalena, O Balcón do Rei, Varalonga, Liboreiro o Ermelo ofrecen amplas panorámicas da súa paisaxe, desde a ría de Pontevedra á de Vigo.
Demografía
[editar | editar a fonte]O poboamento do Morrazo é moi disperso, e a maioría dos máis de 200 núcleos de poboación da península se encadran nun contínuum rururbán onde destacan algunhas vilas. A poboación achégase ás 100.000 persoas , cunha densidade de poboación superior a 500 hab./km².
A península correspóndese cos concellos de Cangas, Bueu, Marín e Moaña, así como dúas parroquias de Pontevedra (Lourizán e Salcedo), e catro de Vilaboa (San Adrián de Cobres, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa e Figueirido). Cangas é a capital histórica, así como o concello máis poboado.
A lista compreta das 29 parroquias pode verse na seguinte táboa:
Municipio | Parroquia | Patróns | Habitantes (2021) |
---|---|---|---|
Cangas | Cangas | Santiago e San Salvador | 6.828 |
Darbo | Santa María | 7.674 | |
Coiro | San Salvador | 6.827 | |
O Hío | Santo André | 2.952 | |
Aldán | San Cibrán | 2.427 | |
Bueu | Bueu (San Martiño) | San Martiño | 3.967 |
Bueu (San Martiño de Fora) | San Martiño de Fora | 3.371 | |
Beluso | Santa María | 2.713 | |
Cela | Santa María | 1.811 | |
A Illa de Ons | San Xoaquín | 62 | |
Ermelo | Santiago | 63 | |
Moaña | Moaña (Virxe do Carme) | Virxe do Carme | 6.231 |
Moaña (San Martiño) | San Martiño | 1.960 | |
Tirán | San Xoán | 4.495 | |
Meira | Santa Eulalia | 3.941 | |
Domaio | San Pedro | 2.036 | |
Marín | Marín (Santa María do Porto) | Santa María do Porto | 15.790 |
Marín (San Xián) | San Xián | 2.695 | |
Seixo | Nosa Señora do Carme | 1.903 | |
Ardán | Santa María | 1.516 | |
San Tomé de Piñeiro | San Tomé | 1.076 | |
Mogor | San Xurxo | 942 | |
O Campo | Santa María | 326 | |
Vilaboa | Vilaboa | San Martiño | 1.621 |
Cobres | Santo Adrán | 1.457 | |
Santa Cristina de Cobres | Santa Cristina | 1.283 | |
Figueirido | Santo André | 772 | |
Pontevedra | Lourizán | Santo André | 2.959 |
Salcedo | San Martiño | 2.029 | |
TOTAL | 29 | 93.374 |
Economía e cultura
[editar | editar a fonte]A pesca e o turismo son as dúas áreas económicas máis destacadas, e a súa riqueza exprésase tamén na cultura, o deporte e a gastronomía da zona.
O deporte das traíñas e do remo en xeral son moi populares, co canonista David Cal á cabeza.
Entre os eventos culturais destaca o Festival Intercéltico do Morrazo, celebrado en Moaña a finais de xullo.
Entre os seus monumentos destacan o cruceiro do Hío, o Dolmen de Chan da Arquiña, os Petróglifos de Mogor ou o Museo Massó.