Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Peter Cosgrove

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Cosgrove

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter John Cosgrove Editar o valor en Wikidata
28 de xullo de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Sydney, Australia Editar o valor en Wikidata
26º Gobernador Xeral de Australia
28 de marzo de 2014 – 1 de xullo de 2019
← Quentin Bryce (pt) TraducirDavid Hurley →
Chief of the Defence Force (en) Traducir
4 de xullo de 2002 – 3 de xullo de 2005 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Queensland (pt) Traducir
Real Colégio Militar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarExército Australiano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra do Vietnam Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Cosgrove-1026

Peter John Cosgrove, nado en Sydney o 28 de xullo de 1947, é un militar retirado australiano, que destacou por ser comandante da coalición das forzas de paz en Timor Leste coñecida como Forza Internacional de Timor Leste (Interfet). Foi gobernador xeral de Australia de 2014 a 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

Fillo dun militar, graduouse no Royal Military College de Duntroon, en 1968. Foi enviado a Malaisia como tenente no I Batallón, Real Rexemento Australiano (RAR). Pouco despois, foi a guerra de Vietnam co 9 RAR. Alí comandou un pelotón de infantaría e foi galardoado coa Cruz Militar pola súa actuación durante un asalto ás posicións inimigas.

Nos anos seguintes foi instrutor no Centro de Infantaría; foi promovido, ó mando 1 do RAR; levou a cabo a responsabilidade cos recursos humanos, e pasou períodos nos Estados Unidos, Gran Bretaña e a India. En 1990 foi director de Infantaría e Comandante do Palacio do Infantado. En 1997 completouse un círculo cando se converteu en comandante en Duntroon.

En 1999, o xeneral converteuse nunha figura nacional ó ser nomeado comandante da Interfet, responsable de supervisar a transición de Timor Leste á independencia. Co gran despregamento de tropas australianas, e unha considerable incerteza sobre o resultado, foi un período de tensión durante o que combinou o seu papel de soldado co de diplomático.

Despois de Timor, onde gañou o respecto de colegas australianos, Timor Leste e a comunidade internacional, foi ascendido e nomeado xefe do Exército. A iso seguiu en 2002 chegou a xeneral e a Xefe das Forzas de Defensa. O seu propio fillo soldado resultou levemente ferido na guerra de Iraq en 2005.

Retirouse do exército en 2005.[1]

Gobernador xeral

[editar | editar a fonte]

O 28 de xaneiro de 2014, o primeiro ministro de Australia Tony Abbott anunciou que a raíña Isabel II aceptara a súa proposta para nomear a Peter Cosgrove como o seguinte gobernador xeral de Australia, sucedendo a Quentin Bryce a finais de marzo.[2] O 25 de marzo, Abbott anunciou que a raíña tamén aprobara a reincorporación dos graos de "cabaleiro" e "dama" na Orde de Australia (que foran abolidos en 1986 por consello de Bob Hawke), e que os gobernadores xerais serían de oficio o cabaleiro ou dama principal da orde.[3] A titular do cargo, Quentin Bryce, foi feita inmediatamente a primeira nova dama da orde. O 28 de marzo Cosgrove sucedeu Quentin e xurou como Gobernador Xeral ante o xuíz Robert French[4] converténdose en sir Peter Cosgrove.[5]

O 16 de decembro de 2018, o primeiro ministro Scott Morrison anunciou que a raíña aprobara o nomeamento do xeneral retirado David Hurley, ata ese momento gobernador de Nova Gales do Sur como o seguinte gobernador xeral de Australia, que comezaría en xullo de 2019 e que o mandato de Cosgrove sería ampliado ese tempo para asegurar unha transición adecuada despois das eleccións de Nova Gales do Sur en marzo e as eleccións federais previstas para maio de 2019.[6] O 1 de xullo de 2019 realizouse o traspaso de poderes.[7]

  1. Xeneral COSGROVE Australian War Memorial
  2. "Governor-General Designate to be sworn in" (en inglés). 24 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  3. "'Pre-eminent' Australians to be made knights or dames under a new award, PM Tony Abbott says" (en inglés). 26 de marzo de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  4. "Former Defence Force Chief General Peter Cosgrove sworn in as Australia’s 26th Governor-General" (en inglés). 28 de marzo de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  5. "Peter Cosgrove announced as next Governor-General" (en inglés). 28 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  6. "Scott Morrison picks former general David Hurley to be Australia's next governor-general" (en inglés). 16 de decembro de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  7. "David Hurley sworn in as new Governor-General" (en inglés). 1 de xullo de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]